1ºESO

Tarefas matemáticas 1º ESO: 20-24 de abril

As sesións de videoconferencia esta semana serán co seguinte horario:

  • Luns, martes, mércores e xoves: 10:10.
  • Venres: 11:30.

Como ven sendo habitual, os exercicios de cada día iránse indicando na Axenda da plataforma Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Alumnado de reforzo

Adicarase unha sesión específica para alumnado de reforzo co seguinte horario:

  • Xoves: 11:30.

Esta sesión estará especialmente dirixida ao alumnado matriculado no curso "Matemáticas reforzo" da plataforma E-Dixgal e o que ten a materia suspensa na segunda avaliación.

Por outra banda, amplíase unha semana máis o prazo de entrega da ficha Reforzo números fraccionarios 2, e estabelecerase un calendario diario de entregas de cada un dos exercicios desta ficha. O alumnado que xa a entregou non terá que volver a facela.

Por último, o alumnado de reforzo deberá priorizar as actividades indicadas en "Matemáticas reforzo".

Alumnado de ACI

O alumnado de ACI recibirá instrucións específicas a través do correo electrónico.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA E LITERATURA. DÁLLE Á LINGUA (20-24 abril)

Bos días a todos e a todas, 

Aquí tedes a actividade que vos propoño para esta semana na que se conmemora o Día do Libro. Lede as instrucións que aparecen nos arquivos adxuntos e a rúbrica que vou empregar para valorar a actividade! É moi importante que leades a rúbrica para saberdes que é o que vou ter en conta para valorala. 

Por outra parte, os discentes que forman parte do grupo de reforzo de Lingua Castelá e Literatura  tamén teñen nos ficheiros adxuntos a actividade correspondente, ademais de poder descargala tanto na Aula Virtual do centro como en E-Dixgal. 

Ao alumnado con adaptación curricular envíanselle as actividades ao seu enderezo electrónico, tal e como vimos facendo. 

Ánimo, que estades facendo un gran traballo! 

Un forte abrazo. 

G. 

VIDEOCONFERENCIA DE BIOLOXÍA EN 1ºESO-A

O venres 17 de abril faremos unha videoconferencia de 13:00 a 14:00.

Os datos para poder acceder podedes atopalos na plataforma EDIXGAL.

Esta videoconferencia é só para o grupo 1ºESO-A.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

DESEÑAMOS UNHA COREOGRAFÍA

TEDES TODA A INFORMACIÓN DA TAREFA EN EDIXGAL.

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

Hola a tod@s!,

Tras esta Semana Santa tan atípica, espero que estedes animados para continuar vendo material relacionado ca asignatura.

Para esta semana propóñovos rematar de ler o tema 1(A Terra e a súa representación), as páxinas 22 e 23 e facer as seguintes actividades:

-Páxina 24: actividades 14 e 15

-Páxina 25: actividades 16, 17 ,18, 19 e 20.

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso nome e apelidos e o curso 1º).

O último día para entregalas e o próximo venres 17 de abril.

Un saúdo.

ENQUISA SOBRE O TABACO. TAREFA PARA 1º DA ESO.

Bos días:

Dentro da materia de educación física, o alumnado de 1º da ESO ten que cubrir unha enquisa sobre o tabaco.

Esta actividade forma parte do programa Clases sen Fume.

Para cubrir a enquisa diríxete a Edixgal, alí atoparás a tarefa.

Tarefas matemáticas 1º ESO: 14-17 de abril

Esta semana as clases por videoconferencia serán no seguinte horario:

  • Martes, mércores e Xoves: 10:00.
  • Venres: 11:00.

Os exercicios de cada día iránse indicando na Axenda da plataforma Edixgal, onde tamén se habilitarán espacios para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Alumnado con ACI

O alumnado con ACI deberá facer únicamente parte da ficha "Refuerzo números fraccionarios 2", dispoñible no curso "Matemáticas reforzo'', en concreto os exercicios: 1, 2, 3, 4, 5, 7 y 8. A entrega será antes do venres 17 de abril.

Tarefas de reforzo

O alumnado matriculado no curso "Matemáticas reforzo'' ten dispoñible unha ficha "Refuerzo números fraccionarios 2" que deberán entregar antes do venres 17 de abril.
   
Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADE LINGUA GALEGA E LITERATURA (14-17 abril) 3ª AVALIACIÓN

Moi bos días a todos e a todas!! 

Xa tedes dispoñible a actividade que vos propoño para esta semana. Podedes consultala no ficheiro adxunto e tamén na aula virtual do centro e en E-Dixgal.

As persoas que forman parte do grupo de reforzo da meteria de Lingua Castelá e Literatura tamén poden facer o mesmo para ter acceso á actividade. 

Os alumnos con adaptación curricular recibirán as súas actividades correspondentes nos enderezos electrónicos facilitados.

NB: O prazo para entregar as actividades remata o próximo luns día 20.

 

Moita forza para esta nova singradura, 

Gonzalo. 

CLASES DE FRANCÉS - ABRIL 2020

Durante el mes de ABRIL, seguiremos teletrabajando mediante:

  • la plataforma EDIXGAL 
  • la plataforma WEBEX para videoconferencias,
  • el correo electrónico gmail para las comunicaciones.

ES FUNDAMENTAL COMPROBAR CON REGULARIDAD EL CORREO donde se podrá recibir INSTRUCCIONES  O INVITACIONES PARA VIDEOCONFERENCIAS (estas últimas siempre coincidirán con la hora de la clase de francés)

Las instrucciones para hacer la clase estarán en un documento, colgado al principio de la UNIDAD 4 de EDIXGAL.

¡LEED las instrucciones para CADA DÍA DE CLASE!

Recordad que los documentos (escritos o audios) que se pidan tendrán que ser enviados a:

deptfrances@gmail.com

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA

Hola a tod@s!

Comunícovos que si queredes acceder ó libro dixital de Xeografía e Historia de 1ºESO, podedes facelo a través de aulavirtual.santillana.es

Cando entredes nesta páxina, pediravos a licencia e a contraseña.

En licencia tedes que poñer 36000247-0054-0001

En contraseña escribide kntHDiqr

Deste modo, os alumnos que non tedes o libro con vós, e os que queirades ampliar contidos, podedes acceder!

Espero que pasedes unha boa Semana Santa, a pesar da situación tan atípica que estamos vivindo.

Un saúdo!

Saúdos de Reli

Ola 1º ESO!

Lémbrome moito de vós e agardo que nos vexamos pronto. Déixovos un saúdo nun arquivo  adxunto.

E..., non esquezades descansar do estudo nas vacacións que empezan xa!

Unha aperta moi grande para vós!.

Marga

 

PARA VÓS...

Supoño que nalgún momento das nosas vidas alguén nos preguntou: E ti, que queres ser de maior?  Con 8 anos esa pregunta tiña unha resposta aplastante: profesor. Agora, con 35, a resposta converteuse nunha realidade que, ás veces, -teño que recoñecelo- dá certa vertixe.

Pero non quero falar de min. Quero falar de vós. Do alumnado . Gustaríame que esta carta aberta sexa unha declaración de amor. De amor pola profesión máis bonita do mundo, e de amor, respecto e recoñecemento cara vós.

Ao longo destas tres semanas de corentena tivestes que adaptarvos a un cambio moi brusco no voso labor cotián, a unha nova forma de traballar á que non estabades acostumados e acostumadas, pero aí estades.  Quero que saibades que estou tremendamente orgulloso de vós, de que me sinto moi feliz de atendervos. E que vos boto de menos.

A vida consiste en aprender todos os días, e  estou completamente convencido de que estas xornadas a través das pantallas vanvos servir para decatarvos do gran potencial que tedes. Esa é a aprendizaxe que quero que recollades: sodes grandes, e estádelo demostrando cada día. Así é como se fai este camiño. Seguide así, e que nada nin ninguén vos pare.

Desde estoutra banda da ría, que as ondas do mar de Vigo aporten en vós toda a inmensidade do azul e todo o amor do mundo.

Gonzalo.

Recursos adicionais: propostas de material adaptado dende PT

Para poder atender a todo o noso alumnado, cos seus diferentes ritmos de traballo e necesidades, seleccionei material para que os alumnos e alumnas de 1º ESO, sobre todo aqueles que teñen ACI, poidan repasar contidos xa traballados.

https://www.rtve.es/educlan/6-8-anos/

Xeoloxía e Bioloxía:
Vídeos seguintes: La célula. Los seres vivos unicelulares y pluricelulares. El universo, las estrellas y galaxias. El sistema solar y los planetas. La Tierra y sus movimientos. La Luna. La Tierra y sus partes. La atmósfera. Los estados de la materia. El ciclo del agua.

Xeografía e Historia:
Educlan la Prehistoria. El Paleolítico. El Neolítico. La edad de los metales. La escritura. De la prehistoria a la historia. Pirámides y momias. La antigua Grecia. El Imperio Romano.

Todos estes videos son cortos, amenos e moi fáciles de seguir. Fan un repaso resumido de gran parte do dado ata agora, tanto en Bioloxia e Xeoloxía como en Historia.

Coidádevos.
                       Loli

Deseña unha sesión de exercicios para facer na casa

INSTRUCIÓNS DA TAREFA :

Explica unha sesión de exercicios que esteas a facer na casa.
Completa cada unha das partes da sesión.
Explica en cada sección porque fas eses exercicios. Por exemplo: para preparar o corpo para
actividade seguinte; para mellorar a forza, a resistencia, a flexibilidade, a velocidade...; para
mellorar a coordinación en zumba, baloncesto, parkour...; para traballar todas as partes do
corpo; para non lesionarme; para facer mellor os exercicios; para recuperar; para recuperar
os músculos...
As primeiras veces e mellor facer as sesión cunha idea aproximada do que quero traballar e
despois apuntalo. Xa que o que escribes pode ser demasiado esforzo ou moi pouco. De esta
maneira apuntas o que fas non o que cres que vas facer.
Indica o tempo de actividade total (por exemplo: 1 hora 5 minutos) e a data da sesión.
Recorda que o exercicio ten que estar adaptado a cada persoa.
Selecciona os exercicios e a intensidade dos mesmos de acordo coa túa capacidade.

 

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

 

Bos días!

 

Para esta semana previa a Semana Santa, podedes ir lendo o tema 1 (A Terra e a súa representación), e facendo as seguintes actividades:

 

-Páxina 14: Interpreta o debuxo.

 

-Páxina 15: Interpreta a imaxe e o gráfico / Usa as TIC

 

-Páxina 16: Interpreta os debuxos.

 

-Páxina 17: Claves para estudiar.

 

-Páxina 19: Claves para estudiar.

 

-Páxina 21: Faino así.

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 1º).

 

O último día para entregalas e o próximo venres 3 de abril:

 

Un saúdo!

 

Tarefas matemáticas 1º ESO: semana 3

29/03/2020
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 1º de ESO para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril están colgadas na plataforma EVA/Edixgal, na sección "7. Iniciación al álgebra. Ecuaciones", e tamén como ficheiro adxunto.

Esta semana as clases en directo de 1º serán ás 10:00 e probarase un novo sistema coa intención de que tamén podan seguirse dende os equipos proporcionados polo centro. Prégase que o alumnado interesado acceda ao Chat na sección Xeral da asignatura na plataforma Edixgal para recibir instruccions sobre como acceder.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADE DE LINGUA GALEGA E LITERATURA. 3ª SEMANA (30 de marzo-3 de abril)

O alumnado de 1º ESO  xa ten dispoñible a actividade para esta terceira semana nas plataformas habituais. Así mesmo, aquelas persoas que forman parte do grupo de reforzo de Lingua Castelá e Literatura tamén teñen á súa disposición a actividade correspondente.

Por outra banda, aos discentes con adaptación curricular individualizada (ACI) envíaselles de maneira individual as súas respectivas tarefas para evitar confusións e traballos innecesarios. 

Finalmente, o alumnado de 1ºESO-B está convidado a unha sesión de titoría en E-Dixgal na que, a través do chat da plataforma, poderemos falar e conversar sobre aqueles temas que consideren oportunos. Esta sesión terá lugar o luns 30 desde as 13.10 ata as 14.00, que é a hora fixada no noso horario lectivo. 

Os medios de envío e de comunicación seguen sendo os mesmos. 

Un fortísimo abrazo!Risa 

Gonzalo. 

Matemáticas 1º de ESO: Clases en directo

25/03/2020
Europe/Madrid

A partir de mañá xoves 26 de marzo organizaranse clases de matemáticas en directo para o alumnado de 1º de ESO.

Para coordinar as sesións, prégase a todo o alumnado interesado que acceda ao Chat habilitado na sección Xeral da materia de Matemáticas na plataforma Edixgal mañá as 10:30, onde se darán as indicacións para seguilas.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA

Hola a tod@s!

Deixovos o enlace do documental "Iberia, solar de pueblos", para que o vexades, pois está relacionado co tema que estamos vendo (pobos celtas, íberos, fenicios, etc).

https://www.youtube.com/watch?v=58W_d1BhYus

Un saúdo!

TAREFA: PARKOUR

Na páxina de Edixgal, tedes unha tarefa sobre parkour.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031