Matrícula para o curso 2022-2023
Enviado por Secret. o 20 Xuño, 2022 - 09:56A matrícula para o curso 2022-2023 realizárase, con cita previa no 886 152100, por cursos, segundo o seguinte calendario:
Curso | Data de matrícula | Impreso de matrícula |
1º ESO |
29 e 30 de Xuño | |
2º ESO | 1 de Xullo | |
1º Bacharelato | 4 de Xullo | |
2º Bacharelato | 5 de Xullo | |
4º ESO |
6 de Xullo |
|
3º ESO | 7 de Xullo |
As solicitudes deben presentarse na secretaría (oficina).
O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.
O alumnado no momento da matricula presentará:
- Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
- Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:
- 1 Foto tamaño carné co nome completo do/a alumna/a escrito pola parte traseira.
- 1 copia do DNI (se non se entregou anteriormente no centro)
- Autorización actividades.
- Autorización emprego da imaxe.
- Autorización recollida.
- Información e consentimento TIC. (só o alumnado novo no centro)
- Clausula informativa protección de datos.
- Xustificante de pago do seguro escolar. Importe: 1,12.-€. (O seguro escolar so é para alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato). O pago é obrigatorio e realizarase na conserxería do centro antes de proceder a entregar a documentación da matrícula na secretaria. Só se admitirá o importe exacto, non se devolverá cambio.
- Solicitude CUALE 2022-2023 (para o alumnado de Bacharelato, só no caso de estar interesado)
- Impreso ANPA (só as familias interesadas en facerse socios da ANPA)
Devolución libros Fondos Solidario da ESO
Enviado por admin o 16 Xuño, 2022 - 13:19Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2021-2022 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 28 de xuño de 2022.
LUGAR: Aula PB2 - Aula Covid (situada na pranta baixa ao lado da aula de música)
DATAS E HORARIOS:
- Días 17, 20, 21 e 22 de xuño durante os recreos.
- Martes 28 de xuño de 10:00h a 13:00h
Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.
Repercusión en medios da presentación do estudo sobre bebidas enerxéticas
Enviado por Coordinación TIC o 15 Xuño, 2022 - 10:08Adxuntamos esta nova aparecida na Voz de Galicia, esta outra no Faro de Vigo, e o vídeo do programa de Antena 3 "Espejo Público" coa intervención da profesora Alejandra Pérez Caaveiro.
Todas as imaxes da presentación no teatro principal poden verse neste álbum de Flickr.
Viaxe de estudios do alumnado de 4º ESO a Madrid
Enviado por Coordinación TIC o 15 Xuño, 2022 - 09:39
Acompañados dos profesores Alejandro Iglesias e María Teresa Iglesias, un total de 28 alumnos de 4º de ESO estiveron visitando a capital entre os días 5 e 9 de xuño de 2022. Visitaron lugares e monumentos como a Plaza Mayor, o Mercado de San Miguel, o Palacio Real, a Catedral da Almudena, os Museos Reina Sofía, o Prado, o Instituto Cervantes, a Gran Vía, o Parque do Retiro, a Praza de Colón, o Barrio de Chueca, Atocha, o Congreso dos Diputados, a Cibeles, o Ayuntamiento, Praza de Neptuno… Viaxaron en metro, en teleférico entre a Casa de Campo e o templo de Devod, en autobús ata Pinto onde pasaron unha xornada no Parque Warner disfrutando de todas as atraccións, remaron nas barcas do estanque do Retiro, asistiron a unha exhibición dos delfíns no Aquarium do Zoo de Madrid. Tamén asistiron a unha obra de teatro,”Escape room” no teatro Fígaro- Adolfo Marsillach. Pódense ver todas as imaxes neste álbum de Flickr. |
![]() |
O alumnado de 2ESO presenta os resultados do seu estudo no Teatro Principal
Enviado por Coordinación TIC o 13 Xuño, 2022 - 09:08O alumnado de 2º de ESO do noso centro presentará mañá martes día 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, os resultados do Estudo De Consumo de Bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas realizado no centro durante este curso.
Este traballo xurdiu ao abeiro dos proxectos EDUsaúde e Plan de Vida Activa e Deportiva, cos que pretendemos convertir o noso centro educativo nun foco dinamizador de hábitos de vida saúdables, facendo partícipe a toda a comunidade educativa deste fin.
Este estudo no que participaron todo o alumnado do centro, concretouse nun proxecto interdisciplinar co alumnado de segundo da ESO e o profesorado que imparte clase neste nivel dos departamentos de Educación Física, Matemáticas e Tecnoloxía.
Gustaríanos convidar a todo o profesorado a coñecer os resultados, xa que presentarán información moi interesante para eles e ás familias, que pode contribuir a mellorar estes hábitos na xente nova.
Fin do camiño para 2 de ESO
Enviado por Coordinación TIC o 13 Xuño, 2022 - 09:00“A primeira excursión depois da COVID do alumnado de 2° da ESO do noso centro”, así definían eles mesmos a súa experiencia do Camiño de Santiago, dende o centro ata chegar ao albergue Fin do Camiño en Santiago, polo percorrido do Camiño da Geira e os Arrieiros que pasa polo Concello da Estrada.
No albergue pasaron unha noite durmindo fóra da casa e despois participaron dunha interesante visita cultural ao Pórtico da Gloria e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, guiadas pola profe de Xeografía e Historia, Andrea.
Destacar a alta participación do alumnado, máis do 90% do grupo, formou parte en toda ou parte desta convivencia, que se valora como moi positiva por todos os implicados: alumnado, profesorado e familias. Xa están todas as imaxes no álbum!
Primeira etapa do camiño de Santiago do alumnado de 2° da ESO.
Enviado por Coordinación TIC o 8 Xuño, 2022 - 09:22O alumnado de 2° da ESO fixo hoxe parte da etapa do Camiño da Geira e dos Arrieiros a Santiago, dende o IES ata Pontevea, para disfrutar alí dunha tarde de xogos.
A actividade, coordinada polo o departamento de Xeografía e Historia, continuará cunha segunda etapa, para chegar a Santiago de Compostela e poder disfrutar dunha interesante visita aos monumentos máis destacados da cidade.
Todas as imaxes neste álbum de Flickr!
Imaxes do acto de despedida de 2º de Bacharelato
Enviado por Coordinación TIC o 2 Xuño, 2022 - 15:37Aquí están por fin as imaxes do acto de Despedida do MGB 2022!
Traballo sobre os efectos no organismo do consumo de bebidas
Enviado por Coordinación TIC o 2 Xuño, 2022 - 15:34
Ao longo do curso 2021-2022, dentro do proxecto EDUsaúde, diferentes departamento do IES estiveron a traballar co alumnado na promoción de estilos de vida saudables. A liña de traballo máis destacada para este curso foi a do estudo do consumo de bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas. O mércores, 1 de xuño, o alumnado da materia de Anatomía Aplicada fixo a exposición, para o alumnado de 2º da ESO, das conclusións do seus traballos sobre os efectos negativos no noso organismo de este tipo de bebidas. Con esta actividade o departamento de bioloxía e de educación física do noso centro pretende concienciar ao alumnado dos efectos, moi perxudiciais para a saúde, do consumo destas bebidas. Na exposición puideron comprobar experimentalmente a cantidade "oculta" de azúcar que atopamos en refrescos de consumo habitual no noso alumnado. Máis imaxes neste álbum de Flickr! |
![]() |
Acto de Despedida 2BAC - Vídeo e novas na prensa
Enviado por Coordinación TIC o 30 Maio, 2022 - 11:31Aquí tendes por fin o vídeo da despedida de bacharelato 2022, realizado baixo a dirección do profesor Xoán Xosé.
Tamén podedes ler as novas relativas ao acto aparecidas na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
Dinamiza TV
Enviado por Coordinación TIC o 26 Maio, 2022 - 08:09Da man do Concello de A Estrada, os dez centros escolares do município puxemos en marcha o proxecto audiovisual que consiste na gravación de un noticiario por cada centro e que estivo superviada e dirixida polos dinamizadores e dinamizadoras lingüísticos de cada centro.
O noso noticiario recolle a vida cotiá do centro e os presentadores son os alumnos de Segundo da ESO Manuel e Mario, que semellan auténticos profesionais.
Podedes velo aquí. Que desfrutedes!
Seis estradenses de matrícula
Enviado por Coordinación TIC o 24 Maio, 2022 - 17:39Así titula a Voz de Galicia esta nova na que se recollen unhas pequenas entrevistas con Alexandre Penide Martínez, Ainoa Pereiras Mosquera, Saleta Lueiro Pereira e María Porto González, alumnos de 2BAC que acadaron este curso a matrícula de honra.
Pódese ler aquí.
* Fotografía de Miguel Souto
Navega con Rumbo
Enviado por Coordinación TIC o 24 Maio, 2022 - 17:32O pasado martes 24 de maio o noso alumnado de 1º ESO participou nunca charla encadrada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.
A intención é que o alumnado se mentalice da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.--
Contido da charla da ABAU 2022
Enviado por Coordinación TIC o 24 Maio, 2022 - 10:38Logo das tres charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2022, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
Xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura
Enviado por Coordinación TIC o 24 Maio, 2022 - 10:07
Co gallo do día das Letras Galegas, a Profesora Anxos Gallur, dinamizadora lingüística do centro, en colaboración con profesoras, alumnos e alumnas do centro organizou unha xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura. Convidou á escritora Antía Otero, antiga alumna do noso instituto, a compartir este día con nós e fixemos un coloquio con ela. Tivemos música da man das alumnas de terceiro de ESO con María Varela, exposicións de autores do noso rueiro grazas aos alumnos de primeiro da ESO e da súa profesora María Mansilla e achegámonos á figura do autor Florencio Delgado Gurriarán da man dos alumnos de cuarto da ESO e a súa profesora Inés. Os alumnos do Bacharelato de Artes fixeron un MAIO espectacular guiados polo seu profesor Xoán Xosé, está á entrada do centro e podedes averigüar moitos detalles sobre esta antiga tradición galega e desfrutar do traballo dos nosos compañeiros. A xornada rematámola tomando un rico e saludable chocolate. Moitas grazas a todos!. Moitas grazas a Antía Otero! Velaquí as fotos deste día |
![]() |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
