Deportes, Novas Deportes, Deporte no MGB

Novos éxitos de Arabia Al Bachere

Parabéns de novo á nosa alumna Arabia de 2º Bacharelato polas dúas medallas acadadas no Campionato Galego sub-20 en Pista Cuberta: subcampioa galega en 400 metros e bronce nos 200 metros lisos.

Máis detalles no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia.

Campionato Galego de Salvamento

O Club de Natación e Salvamento da Estrada ao que pertencen varios dos nosos alumn@s da ESO vén de lograr un grande éxito na súa participación no Campionato Galego de Salvamento celebrado a pasada fin de semana en As Pontes. Parabéns a tod@s!

Pódese consultar a nova en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Pablo López, campión galego en dobres masculino

Parabéns ao noso alumno Pablo López Sánchez de 1º Bacharelato A que, xunto co santiagués Miguel del Castillo, se proclamou campión galego de tenis en dobres masculino.

Máis información en La Voz de Galicia.

Andrés Carballeda, tres medallas de natación

Parabéns ao noso alumno de 3º ESO B Andrés Carballeda Abeijón que vén de acadar tres medallas no campionato autonómico de natación.

Máis información en El Correo Gallego.

Sergio Cao e Manuel Verde, 4º posto en Vilagarcía

Os nosos alumnos de 3º ESO Sergio Cao Iglesias e Manuel Verde Andújar acadaron o 4º posto nas 3H Resistencia de BTT na modalidade de relevos disputada a pasada fin de sermana en Vilagarcía.

Parabéns!!!

Nico Lorenzo subcampión galego de trail

Parabéns ao noso alumno Nico Lorenzo Castro de 2º ESO B que acadou o 2º posto no Campionato Galego de Trail disputado en Muros o pasado domingo.

Carla Pintor, bronce no 300 autonómico

Parabéns á nosa alumna de 2º ESO Carla Pintor Vinseiro, medalla de bronce na final de 300 metros lisos no campionato galego de pista cuberta.

Natalia Rivas, subcampioa galega de marcha

Parabéns á nosa alumna Natalia Rivas que a pasada fin de semana se proclamou subcampioa galega Sub-20 de marcha en ruta e bronce no Galego Absoluto.

Arauia Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta

   Parabéns á alumna do noso centro Arauia Al Bachere por proclamarse subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta.

EDUsaúde. Formación do profesorado en técnicas de respiración e relaxación.

No marco do contrato programa de EDUsaúde, no que está implicado a maioría do profesorado do noso centro, o mércores 8 de novembro tivo lugar a primeira xornada de formación sobre técnicas de respiración e relaxación.
Durante o curso 2023-2024 pretendemos ampliar o ámbito e intervención  do proxecto EDUsaúde dos pasados anos, que estivo centrado na promoción da actividade física, a alimentación saudable, o risco do consumo de bebidas enerxéticas..., incorporando o descanso e tamén os hábitos saudables que axudan á nosa saúde mental.
A experiencia resultou moi positiva e esperamos darlle continuidade, aplicándoa co alumnado nas aulas e con outras actividades formativas no futuro.

Fase zonal do Campo a través XOGADE 2023

   O mércores 11 de outubro o alumnado de 1º e 2º da ESO participou dunha xornada deportiva nas instalacións das pisicinas municipais da Estrada, compartindo as carreiras de campo a través co alumnado dos centro educativos de primaria e secundaria da nosa contorna.
   O noso centro contou cunha ampla representación e estiveron acompañados tamén por unha boa parte do profesorado do centro, co que puideron disfrutar dunha xornada lectiva diferente na que a climatoloxía tamén axudou.
   Destacar os bos resultados dos nenos e nenas do noso centro en todas as categorías, grazas ao seu esforzo e participación, que lles permitirá clasificarse para participar nas seguintes fases das probas de XOGADE, na modalidade de campo a través.

Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.

O alumnado de 3° da ESO, participante o curso pasado 2021/2022 no proxecto interdisciplinar dos departamentos de matemáticas, tecnoloxía e educación física, centrado nas bebidas enerxéticas, trasladou os resultados do noso IES ao alumnado dos CEIPs para concienciar sobre a importancia de retrasar a idade de inicio de consumo deste tipo de bebidas.
O proxecto iniciado o curso pasado, no marco do Contrato Programa de innovación EDUSaúde, detectou unha alarmante tendencia ao consumo precoz de bebidas enerxéticas no noso alumnado, polo que decidimos colaborar cos centros de primaria da contorna na labor de educar na promoción de estilos de vida saudables e tentar evitar o consumo deste tipo de bebidas.
Agradecer a boa acollida do alumnado e profesorado destes centros, valorando moi positivamente o traballo dos rapaces e rapazas que se animaron a facer estas exposicións.

Unha medallista entre o noso alumnado de 1º de bacharelato

O noso centro congratúlase de ter unha alumna medallista no Campeonato de Galicia Sub-18. Noraboa a todas pola notable participación e felicitacións á nosa alumna medallista.

Noticia no Faro de Vigo

Noticia na Voz de Galicia

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2° da ESO participou da actividade organizada polo departamento de EF, conxuntamente con resto de centros escolares do Concello, dentro da Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e coa colaboracion do Servizo de Deportes do Concello.
Esta convocatoria do COLEF, para dar visibilidade á materia de EF e reivindicar a necesidade dunha terceira hora no currículo para esta materia, foi un éxito, contando con 400 participantes que  xogaron nas rúas da nosa vila ao longo da mañá.
Recóllese a nova na prensa, ocupando ás portadas da prensa local:
Faro de Vigo                       La Voz de Galicia 
                        

Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira

O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. 

Distribuir contido