Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2022-2023
Esta convocatoria do Ministerio de Educación é só para alumnado que para curso 2022-23, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria.
(É dicir, pode solicitarla alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato)
Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2022-2023 adiantouse: é do 30 de marzo aó 12 de maio de 2022.
Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e sobre setembro poderás cambialos.
Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación (no centro non hai que facer nada)
Tes toda a información necesaria neste enlace.