Historia MGB
Mural "grafiteado" no noso instituto.
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 10:45Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.
Acto de Despedida 2ºBACH, maio 2023
Enviado por XefeEstudos o 19 Maio, 2023 - 13:56Na lligazón podedes ver o vídeo da despedida de 2º de bacharelato 2022/2023. Parabéns a todos e todas, e grazas a Carlota Torrado e Carlota Abalo por facelo.
Seguindo o enlace pódense ver varias instantáneas do acto de graduación.
Día da EF na Rúa na Estrada
Enviado por XefeEstudos o 27 Abril, 2023 - 13:37Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 14 Abril, 2023 - 14:14Entre o 16 e 20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.
Entroido 2023
Enviado por XefeEstudos o 24 Marzo, 2023 - 19:50O 17 de Febreiro celebramos o entroido 2023, que por fin se puido celebrar sen restriccións e xa pareceu de novo un día de festa e divertimento. Agradecemos a todo o alumnado que tivo a ben disfrazarse para pasar un bo rato e rirse deles mesmos, e tamén a aqueles máis osados que crearon e escenificaron coreografías diante dun público entregado.
Día internacional das matemáticas, 3.14 (día de pi)
Enviado por XefeEstudos o 20 Marzo, 2023 - 19:26Con motivo da celebración do día internacional das matemáticas (14 de Marzo), no centro organizáronse os días 15 e 16 uns talleres lúdicos para alumnado da ESO con diversos xogos matemáticos, de estratexia, xeométricos, probabilísticos, etc. A creatividade, reflexión e constancia afloraron nos nosos alumnos e alumnas demostrando que son perfectamente capaces de comprender e superar algúns desafíos que non eran doados de resolver. O noso agradecemento aos membros do departamento de matemáticas por tan interesante experiencia.
Representación do IES Manuel García Barros no Campionato Galego de Campo a Través, XOGADE 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Marzo, 2023 - 20:44O departamento de educación física quere agradecer a Marcos Otero, adestrador do Clube Atletismo A Estrada, o seu ofrecemento para actuar como responsable das dúas alumnas, a pesar de que unha delas non pertence ao seu clube, acompañándoas en todo momento no día da proba.
Historia do IES Manuel García Barros
O primeiro instituto que existiu na Estrada estaba na calle Vedelle e recibía o nome de Colegio Subvencionado de 2º Enseñanza de La Estrada. Abriu as suas portas no ano 1933, no mes de novembro. Debido a pouca afluencia de rapaces que había naquel momento no noso pobo, moitos dos alumnos non tiñan a idade suficiente que cómpre ter para comezar a educación secundaria. Coñecemos os nomes dalgúns profesores daquel momento, que ademais foron os que estiveron presentes no primeiro claustro que se celebrou:
|
![]() Alumnas no patio do Instituto no ano 1933 aproximadamente
|
Nos anos da Guerra Civil (entre os anos 36 e 39 aproximadamente) pechouse este centro e abriuse no mesmo edificio unha academia privada chamada Colegio Reconocido Superior de La Inmaculada Concepción.
|
|
|
![]() Instituto Nacional de Enseñanza
Media Mixto de La Estrada, anos 70
|
No ano 1983 o instiuto trasladouse á súa localización actual na Avenida da Cultura chamándose I.E.S. Manuel García Barros en honor ao escritor. |
![]() I.E.S. Manuel García Barros, ano 2008
|
Esta é a orla correspondente á primeira promoción (anos 1967-1974) do entón denominado "Instituto de Enseñanza Media de la Estrada". Pertence ao ábum Historia do MGB. Atopades a alguén coñecido? Podedes vela con máis detalle picando aquí. |
|
|
