Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
PROFESORADO Grupos
Consuelo Vázquez Rozas
(Xefa Departamento)

 Lingua castelá e Literatura en 1º BAC A

Reforzo/Estudo en 1º BAC B

Ámbito lingüístico e social en 3º PDC

María Teresa Leis Rey

Lingua castelá e Literatura en 1º ESO A, 1º ESO B; 1º ESO C; 2º BAC C

Reforzo (RLC) en 1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C

Reforzo/Estudo en 2º BAC B-C

Miriam Arjones Alfaya

Lingua castelá e Literatura en 2º ESO A, 2º ESO B, 4º ESO A, 4º ESO B, 1º BAC B, 1º BAC C

Irene Pichel Iglesias

Lingua castelá e Literatura en 3º ESO A, 3º ESO B, 2º BAC A, 2º BAC B;

Reforzo/Estudo en 1º BAC C

Oratoria en 4º ESO

DOCUMENTOS
LIBROS DE TEXTO
CURSO AUTOR TÍTULO EDITORIAL ANO I.S.B.N. LINGUA
1ESO Lengua castellana y literatura Editorial McGrawHill 978-84-486-2605-1 CASTELÁN
2ESO Lengua castellana y literatura. Proyecto Ítaca Editorial Sansy 978-84-19193-05-6 CASTELÁN
3ESO Lengua castellana y literatura Editorial McGrawHill 978-84-486-3290-8 CASTELÁN
4ESO

Lengua castellana y literatura. Proyecto Ítaca

Editorial Sansy 978-84-19193-07-0 CASTELÁN
1BAC Lengua castellana y literatura 1

Editorial Casals

BA Código Abierto

978-84-218-7467-7 CASTELÁN

8M , entrevistas a mulleres estradenses

Con motivo do 8M, o alumnado de Lingua castelá de 2º ESO fixo entrevistas a mulleres estradenses, como a que podedes ver no seguinte enlace. O noso agradecemento a todas elas, por permitir asomarnos ás súas experiencias persoais.

24 de xaneiro, terceira reunión do club de lectura.

   Corredoiras e Autoestradas, os dous grupos de club de lectura NA Estrada - 525, reuníronse o martes 24 de xaneiro para compartir as súas impresións, ideas e impresións ao redor do libro Golpes de luz de Ledicia Costas e Mamá, quero ser Ziggy stardust de Iria Misa. Ademais de compartir as nosas lecturas, compartimos un rato de risos, rosca da casa e convivencia na MeGaBiblioteca do centro.
Os vindeiros libros serán:
Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gayte para o grupo de Corredoiras.
Nada de Carmen Laforet para o grupo de Autoestradas.

Participación dunha profesora do IES García Barros no PIALE 2022

   A profesora Chelo Vázquez Rozas formou parte do grupo de 20 docentes galegos que participaron na modalidade de integración en Francia dentro do programa PIALE 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

   Na súa estancia en Amiens durante o mes de novembro puido coñecer o sistema educativo francés, intercambiar experiencias didácticas e exercer o seu labor no Collége e no Lycée Sainte-Famille. Tedes información da actividade na presentación adxunta.

Día da muller no MGB

Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de Lingua castelá e Literatura de 1º ESO fixo uns carteis con imaxes de mulleres importantes nos ámbitos da arte, da escritura, da ciencia e do deporte. Seleccionamos doce en cada caso, aínda que sabemos que poderiamos incluír moitísimas máis nestas fiestras moradas. Podedes ver os carteis no corredor de 1º.

Vídeos de 1º BACH. sobre mulleres escritoras III

Terceira entrega dos vídeos elaborados polo alumnado de 1º Bacharelato de Literatura Universal:

Vídeos de 1º Bach sobre mulleres escritoras II

Segunda entrega dos vídeos elaborados polo alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal:

Beatriz, Condesa de Día (Francia, trobadora do século XII), realizado por Xián CaamañoYago LópezÁngela Pérez e Patricia Riveira.

Vídeos de 1º BACH. sobre mulleres escritoras

Un ano máis, en Literatura Universal de 1º de Bacharelato investigamos na 2ª avaliación sobre escritoras de diferentes culturas (dende o inicio da escrita até o século XVIII). Moitos dos traballos foron realizados en vídeo; aquí vos iremos mostrando algúns deles:

Murasaki Shikibu (Xapón, ss. X-XI).  Realizado por Carlota Campos e Alexandra Gambino:

Os xoves fóra da aula

O xoves 21 de abril comeza "Os xoves fóra da aula". Nos segundos recreos dos xoves poderemos presenciar algunhas actividades desenvolvidas nas aulas. Este xoves o alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato mostrará minirrepresentacións (unhas en vídeo e outras en directo) sobre escritoras anteriores ao século XVIII, realizadas por eles na aula baixo a coordinación de Chelo Vázquez.

Premio para o proxecto "Axencia literaria"

O proxecto "Axencia literaria", realizado polos alumnos de Lingua Castelá e Literatura de 4º da ESO (curso 2014-2015) e coordenado pola profesora Mayte Leis, vén de ser premiado no II Concurso de Traballos por Proxectos, que convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (resolución da Consellería)
Os premiados reuníronse onte na biblioteca, colaboradora no proxecto, para celebrar a noticia. Podedes ver todas as fotos neste álbum.

Deslenguados, novo blog no MGB

Os alumnos de 1º de ESO do IES Manuel García Barros presentan neste blog, "Deslenguados", os traballos de aula redactados na materia de Lingua Castelá e Literatura.

deslenguados_500.png

Conferencia de Gonzalo Moure

O vindeiro venres 21 de novembro na Aula de Usos Múltiples haberá unha conferencia de Don  Gonzalo Moure destinada aos alumnos/as de 3º ESO. Comezará ás 9:00 horas

INFORMACIÓN PARA EL ALUMNADO CON LA LENGUA CASTELLANA PENDIENTE

Lengua castellana pendiente de 1º de ESO

Lengua castellana pendiente de 2º de ESO

Lengua castellana pendiente de 3º de ESO

Lengua castellana pendiente de 1º de bachillerato

Teatro en Santiago " Don Juan Tenorio"

O vindeiro xoves 30 de outubro os alumnos/as de 4º ESO asistirán a obra de teatro "Don Juan Tenorio" no Teatro Principal de Santiago. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 14:25 horas.  

Distribuir contido