Secretaría, Certificados alumnos, Matrícula

SECRETARÍA MGB

 

ATENCIÓN AO PÚBLICO

Período lectivo: De 9:00 horas a 14:00 horas.

Período non lectivo: De 10:00 horas a 12:00 horas.

Contacto: oficina@iesgarciabarros.org

 


secretaría do MGB

SOLICITUDE CERTIFICADOS ALUMNOS

A secretaría do MGB recolle solicitudes enviadas dende a web para as seguintes certificacións:

  • CELGA (Certificación Oficial Acreditativa do nivel de coñecemento da Lingua Galega) DOG 146, luns 30 de xuño de 2007.
  • Certificación oficial dos estudos realizados no MGB.

Pulse no enlace que figura abaixo "Go to form"

Unha vez dentro do formulario cubra os campos seguintes cos datos requiridos.

Unha vez cubertos prema no botón enviar.

Durante o curso escolar poderá recoller o seu certificado na secretaría do centro ao día seguinte de facer a súa petición. Se lle vale o envío por correo electrónico fagao constar e poña o seu e-mail no campo correspondente, se non deixe o campo baleiro e recollao na oficina de 9 a 13:30 h.

Admisión alumnado - Solicitude para o curso 2021-2022

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros.

O alumnado do CEIP Pérez Viondi, ao estar o centro adscrito ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do o 1 ao 22 de marzo ambos incluídos.

* Como o luns 22 de marzo e día non lectivo no noso centro, en cumprimento da normativa actual, poderanse entregar  as solicitudes como último día o martes 23 de marzo.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a. Se non ten, entregarase unha copia do libro de familia.

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional antes do 26 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos antes do 18 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

Fondo de libros e Axudas material escolar

LIBROS DE TEXTO  - CURSO 2020/2021


Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2020/2021

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2020-2021.

O prazo de solicitude será do 20 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive).

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceránse quendas por cursos e a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

Datas

Curso no que o alumnado se matricula no 2020/2021

20 ao 25 de maio

1º ESO

26 de maio ao 1 de xuño

2º ESO

2 ao 8 xuño

3º ESO

9 ao 15 de xuño

4º ESO

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requerida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información consultar:

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO CURSO 2019/2020

Recordamos que tedes que devolver todos os libros que tedes en préstamos do Fondo e os que mercastes coa Axuda, agás os das materias que teñades pendentes para setembro se non titulastes.

A devolución realizárase á secretaria do centro, Obdulia García, nas seguintes datas:

  • A partir do lunes 29 de xuño, e ata o martes 7 de xullo, o alumnado deberá proceder á devolución dos libros de texto do Fondo Solidario de todas aquelas materias que superaron en xuño. Lembramos que o próximo martes, 23 de xuño, as familias recibirán as cualificación finais de curso a través de plataforma Abalar. Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.
  • A devolución dos libros das materias que non superaron, e das que se poderán examinar en setembro, se realizará os días 3 e 4 de setembro.

Recordamos que a non devolución dos exemplares do curso 2019-2020 conleva a exclusión do Fondo Solidario para o curso 2020-2021.

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 13 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros se publicará o luns 14 de setembro.

A entrega de libros se realizará a partir do 16 de setembro. Coa listaxe definitiva se publicarán instruccións para a recollide dos libros.


 

 

Distribuir contido