Admisión de alumnado para o curso 2024-2025
Quen ten que presentar a solicitude de admisión?
Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros, excepto os que veñan do CEIP Pérez Viondi, CEIP do Foxo ou CEIP Cabada Vázquez e fixeran a reserva de praza no seu momento.
O alumnado dos CEIP nomeados anteriormente, ao estaren adscritos ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.
Cal é o prazo de presentación?
Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.
Que deberán presentar na secretaría do centro?
- A solicitude cuberta e asinada, dispoñible no centro educativo e nas seguintes ligazóns:
- Modelo de solicitude (anexo II).
- Na aplicación admision alumnado, onde se pode cubrir online ou descargar e encher manualmente.
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a
- Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia
- Se é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio
Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:
- Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos o 25 de abril.
- O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
- Publicarase a listaxe definitiva de admitidos o 15 de maio.
Prazo de formalización da matrícula ordinaria:
Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).