Lingua Galega e Literatura
Programación do departamento de Lingua e Literatura Galega 2022-2023
Programacións por cursos
1ºESO | ||
2ºESO | Programación da materia de 2ºESO | |
3ºESO | ||
4ºESO | Programación da materia de 4ºESO | |
1ºBACH | Programación da materia de 1ºBACH | |
2ºBACH | Programación da materia de 2ºBACH |
Visita a Padrón do alumnado de 1º de Bacharelato
Enviado por XefeEstudios o 3 Marzo, 2023 - 23:42O pasado martes 28 de febreiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída didáctica cos departamentos de LLG e de Bioloxía. Puideron visitar a Casa Museo de Rosalía Castro, onde recibiron unha breve explicación e realizaron unha visita guiada e lectura de textos. Tamén fixeron unha visita ao Xardín Botánico situado dentro da alameda padronesa. Este punto de conservación de especies particulares vén de recibir a cualificación de Destino Observer pola súa riqueza como patrimonio científico e cultural.
Homenaxe a Rosalía de Castro
Enviado por XefeEstudios o 24 Febreiro, 2023 - 22:43
Recomendacións lectoras de Nadal
Enviado por XefeEstudios o 22 Decembro, 2022 - 23:03As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.
Disfruta da lectura nestes días!!!
Excursión Oseira/Ourense/Trasalba o luns día 24 de outubro
Enviado por XefeEstudios o 25 Outubro, 2022 - 16:20Sementando pensamentos
Enviado por Coordinación TIC o 25 Febreiro, 2022 - 09:58Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Haikus - 4º ESO
Enviado por admin o 26 Abril, 2021 - 13:12O 17 de marzo foi o día mundial da poesía. O noso alumnado de 4º de ESO quere compartir coa comunidade estas creacións poéticas a xeito de haikus.
Letras galegas 2019: Antonio Fraguas no MUPEGA e agradecemento ao noso centro
Enviado por admin o 17 Maio, 2019 - 13:28O Museo Pedagóxico de Galicia festexa o día das Letras Galegas homenaxeando a Antonio Fraguas cun roteiro polo museo a través dunha serie de pezas prodecentes dos centros educativos nos que estudiou ou traballou como profesor.
Dende o seu Facebook agradece ao Instituto Manuel García Barros da Estrada a cesión de varias pezas para esta ocasión.
Charla de David Otero
Enviado por Vicedirec. o 18 Maio, 2018 - 12:53O pasado luns 14 de maio visitou o noso centro o escritor David Otero para falar sobre Mª Victoria Moreno ao noso alumnado de 4º ESO e de Literatura Galega do século XX de 2º Bacharelato.
Charla de Iván Olmos
Enviado por Vicedirec. o 7 Marzo, 2018 - 11:29O pasado martes Iván Olmos Ferreiro falou co noso alumnado de 3º ESO sobre textos expositivos e debate. Iván é subcampión mundial de discursos 2017 e segundo mellor orador en @cmude2017.
Moitas grazas por visitarnos.
Pergamiño Vindel
Enviado por Vicedirec. o 28 Febreiro, 2018 - 10:01O alumnado de 1º Bach realizou onte unha visita cultural para ver o Pergamiño Vindel. Á entrada do Museo do Mar varios alumnos interpretaron unha cantiga de Martín Códax. Despois asistiron a unha breve lección sobre o mundo medieval, e en particular sobre a escritura, o seu soporte e os seus autores. Durante o resto da xornada visitouse o museo e fixéronse actividades relacionadas coas lecturas deste curso.
Charla de Carlos Mella
Enviado por Vicedirec. o 8 Febreiro, 2018 - 13:08O alumnado de 4º de ESO asistiu o pasado martes 6 de febreiro a unha charla sobre Castelao impartida polo estradense Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.
O alumnado de 3º ESO no teatro
Enviado por Vicedirec. o 1 Outubro, 2017 - 22:20O pasado venres 29 de setembro sesenta e cinco alumnos de 3º ESO, acompañados por catro profesoras, acudiron ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación teatral da obra "Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)". Trátase dunha obra benéfica organizada co motivo do Día Mundial do Alzheimer e realizada pola Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)
