Inglés

Departamento de Inglés

PROFESORES

  • Pilar Seco Vilariño (Xefa do departamento)
  • Josefina Brea Castro
  • Olga Brea González
  • María Ángel Carballo García

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LIBROS DE TEXTO

  • 1º ESO: Build Up 1 (Burlington Books) Student's and Workbook
  • 2º ESO: Build Up 2 (Burlington Books) Student's and Workbook

Minisagas

Minisagas Winners

Co gallo da celebración do día do libro no centro, o departamento de inglés aproveitou a ocasión para facer entrega dos premios do concurso de Minisagas.

Noraboa aos gañadores e grazas a todos os participantes e ao xurado de profesores colaboradores dos outros departamentos.

Podes ler as historias gañadoras picando AQUI.

I mini-saga COMPETITION

Cartel Mini-Sagas

O departamento de inglés rétavos a escribir un microrrelato en exactamente 50 palabras. Tendes ata o 24 de marzo para deixar as vosas historias en conserxería baixo un pseudónimo que logo revelaremos en caso de quedardes finalistas. Collede un sobre en conserxería e deixade os vosos datos (nome, apelidos e curso) co pseudónimo escrito por fóra. 

Os distintos premios repartiranse por categorías:

  1. 1º/2º ESO

  2. 3º/4º ESO

  3. 1º/2º BACH.

Para máis información, preguntade ós vosos profes de inglés.

KEEP CALM & WRITE SOMETHING!

Contos populares da tradición oral en inglés e galego

contacontos3.jpg

Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato e 4º da ESO tiveron o pracer de coñecer a Charo Pita, narradora galega profesional e escritora e a Sophie Heydel, actriz londinense afincada en Barcelona con ampla experiencia narrando historias por centros educativos da península. Foron invitadas polo departamento de inglés, en colaboración coa ANPA, para que nos animaran as primeiras sesións da mañá con contos populares da tradición oral en inglés e galego.

Exposición de traballos na Biblioteca

IMG_20170131_135010728.jpg

A partir de hoxe martes 31 de xaneiro teremos exposta na biblioteca do centro unha mostra de traballos de vocabulario de inglés feitos polos nosos alumnos de 2º de ESO baixo a supervisión da profesora Mª Angel Carballo.

Funny English Time

Inglés 2.jpg

O alumnado de 2º de ESO elaborou na clase de Inglés unha serie de cadernos de vocabulario. Unha selección deles está exposta dende onte na nosa Biblioteca. Animádevos a visitala!

"Our books"

"Our Books" é unha exposición de libros feitos polos alumn@s de 1º ESO, na que fan un percorrido polo vocabulario básico do curso, ilustrado con debuxos, fotos... Un traballo realizado na materia de inglés; pódese visitar na biblioteca do centro.

Distribuir contido