Actividades ANPA

Charla organizada pola ANPA: "Acoso escolar... Falámolo?" Martes 28 ás 20 horas no MGB.

Mañá martes 28, ás 20 horas, na sala de usos múltiples do centro, Fesanpas e a ANPA organizan unha charla sobre o acoso escolar a cargo do profesor da USC Carlos Vila Lago. Contamos con vós.

Reunión da ANPA o mércores 10 ás 20:30

No enlace podedes consultar a convocatoria de reunión da ANPA.

Convocatoria.

Contos populares da tradición oral en inglés e galego

Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato e 4º da ESO tiveron o pracer de coñecer a Charo Pita, narradora galega profesional e escritora e a Sophie Heydel, actriz londinense afincada en Barcelona con ampla experiencia narrando historias por centros educativos da península. Foron invitadas polo departamento de inglés, en colaboración coa ANPA, para que nos animaran as primeiras sesións da mañá con contos populares da tradición oral en inglés e galego.

contacontos3.jpg

Intelixencia e Educación Emocional

A ANPA deste centro, en unión con FESANPAS (Federación de Anpas Estradenses), programou para o próximo xoves, 22 de marzo, ás 20:30 horas, unha charla sobre Intelixencia e Educación Emocional. Terá lugar no Restaurante Samaná.

Charla debate de Emilio Calatayud

O ANPA deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate, impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia. Terá lugar no Teatro Principal da Estrada o xoves 12 de xaneiro ás 20:30 horas.

Charla Debate Emilio Calatayud

O ANPA deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate, impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Día: Xoves, 12 de xaneiro de 2012.

Hora: ás 20:30 horas.

Charla Debate Emilio Calatayud

O Anpa deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Data: xoves, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas.

Charla Debate Emilio Calatayud

O Anpa deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Data: xoves, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas.

Charla de Pedro García Aguado no Teatro Principal

O ex-campión do mundo de waterpolo e presentador de televisión, Pedro García Aguado, ofrecerá dúas charlas na Estrada, o mércores 4 de maio, ambas no Teatro Principal.
Esta actividade está organizada polo Concello da Estrada e pola ANPA do IES García Barros, e conta coa colaboración da Federación de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA), de ACOE, e das empresas locais Reale Seguros, Nudima, Viajes Turistours e Vídeo Ruta.
A primeira das charlas será ás 11:30 da mañá, e estará dirixida aos alumnos e alumnas dos tres centros de Educación Secundaria da localidade. Nela, García Aguado transmitirá aos rapaces e rapazas a súa experiencia no deporte, grazas á cal aprendeu a importancia de traballar en equipo. Tamén incidirá na importancia de asumir as propias responsabilidades, en lugar de culpar aos demais das situacións nas que cada un se involucra. Ademais, advertirá sobre os riscos que teñen o uso e o abuso de sustancias psicoactivas, sobre todo nas idades nas que se inicia o seu consumo.
A segunda será ás 20:00, e estará aberta a todo o público interesado, en especial nais e pais, baixo o título “Falar cos fillos... como e cando”. Nela, o ex-deportista informará sobre cómo educar, para previr os trastornos de conduta dos fillos.

cartel.jpg
Distribuir contido