Novas ANPA

Asemblea da ANPA

Nesta ligazón accedese á convocatoria da asemblea xeral da ANPA que terá lugar o mércores 21 de outubro.

Asemblea Xeral da Anpa

Nesta ligazón accédese á información sobre a Asemblea Xeral da ANPA.

Asemblea Extraordinaria da ANPA

O vindeiro martes 23 de outubro, as 20:00 horas en 1ª convocatoria e as 20:15 en 2ª, celebrarase unha Asemblea Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais do Centro para tratar diversos asuntos. Premer aquí para ver a convocatoria.

Banco de libros

O prazo para solicitar os libros do banco da ANPA remata o luns día 10 de setembro. As solicitudes deixaranse no buzón que a ANPA ten no centro.

O luns 10 a partir das 10 da mañán estarán no centro os membros da ANPA recollendo os libros.

Revista semanal da Rede Galega de información xuvenil

Captura de pantalla 2012-04-17 a las 10.56.53.png

A asociación de pais e nais do MGB informa da publicación dun novo número da revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde poderedes atopar información sobre novas, formación, bolsas e axudas, emprego e casas xuvenís.

Pódela descargar dende aquí.

Asamblea Extraordinaria ANPA

Neste arquivo atópase información sobre a Asamblea Extraordinaria da Asociación de pais e nais do IES MGB que terá lugar o 21 de xuño ás 19,45 horas.

Asemblea extraordinaria do ANPA

Captura de pantalla 2011-01-26 a las 13.08.48.png

A asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha Asemblea Extraordinaria o día martes 1 de febreiro de 2011, ás 19:15 h. en 1ª convocatoria e ás 19:30 en 2ª, no salón de usos múltiples do MGB. Pica nesta ligazón para descargar a convocatoria coa orde do día.

Revista semanal da Rede Galega de Informacion Xuvenil

Captura de pantalla 2011-01-24 a las 16.58.05.png

Achegamos o número de xaneiro da Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil, que nos fai chegar a ANPA do Centro.

Podedes descargala picando nesta ligazón.

Petición Audición e Linguaxe na prensa

La Voz de Galicia e o Faro de Vigo informan sobre as actuacións da ANPA para que o IES Manuel García Barros volva a ter un especialista en audición e linguaxe.

Asamblea da ANPA do MGB o 25 de novembro

A Asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha asamblea xeral a celebrar o xoves 25 de novembro de 2010 ás 19.30h en 1ª convocatoria e ás 19.45h en 2ª convocatoria no Salón de usos múltiples do Instituto.

A orde do día, entre outros asuntos, será:

  • Eliminación do profesor especialista de audición e linguaxe
  • Situación actual do Banco de Libros
  • Eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar
  • Renovación dos membros da Directiva
  • Estado de contas

 

Asemblea xeral da ANPA do MGB

Será no salón de actos do instituto o martes día 18 de maio, ás 19:45 h. en 1ª convocatoria, e ás 20:00 h. en 2ª .
Na orde do día trataranse os seguintes temas:

  • Solicitude do Bacharelato de artes
  • Oferta de novo da Sección Bilingüe para 3º e 4º de ESO

Cambio no organigrama da ANPA

A asociación de nais e pais do MGB comunica cambios na súa directiva. Podes ver a súa nova composición picando nesta ligazón.

Campamentos de verán 2010

Por iniciativa da ANPA do MGB queremos informar que xa está aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán 2010, organizados pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

  • Presentación de solicitudes: ata o 23 de marzo
  • Solicitude: pódese obter no DOGA do luns 8 de marzo
  • Dirixido: a rapaces entre 9 e 18 anos
  • Tipo de actividades: depende do campamento, pero son lúdico - deportivas: vela, piragüismo, bbaile, teatro,...
  • Duración: entre 1 semana e 15 días, durante os meses de xullo e agosto

Máis información en http://www.xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran

Asemblea xeral da ANPA: martes 6 de outubro

O martes 6 de outubro terá lugar a asemblea xeral da ANPA do MGB de principio de curso. Será ás 8:00 h. en 1ª convocatoria e ás 8:15 h. en 2ª.
A orde do día será informar sobre:

  • Supresión do profesor de Audición e Linguaxe
  • Renovación do equipo directivo da ANPA
  • Horario da Escola de Familia
  • Reunión cun dos inspectores de transportes da Consellería de Educación, o mércores día 7. Desprázase ata A Estrada para falar con todos nós.

Asemblea de fin de curso da ANPA do MGB

A asociación de pais e nais de alumnos (ANPA) do MGB convoca a asemblea de final de curso que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
Distribuir contido