Taller de Creación Artística
Trailer da curtametraxe de animación " El Gran Corelli " realizada polo exalumno Abel Carbajal.
Enviado por admin o 14 Xuño, 2019 - 15:16No enlace podedes ver o trailer da curtametraxe de animación " El Gran Corelli " realizada polo exalumno Abel Carbajal como guionista orixinal e como director. Parabéns e sorte!
O ex-alumno Abel Carbajal ficha polo estudio de animación Laika
Enviado por admin o 11 Abril, 2019 - 08:00Gravación dun disco “JAZZ ONE NINE”
Enviado por Secret. o 23 Abril, 2014 - 09:24Alumnos/as do bacharelato artístico musical do IES García Barros están a gravar un disco como proxecto final de estudios. Será o primeiro traballo discográfico levado a cabo nun centro escolar galego baseado en estándares de jazz. Este traballo, dirixido polo seu profesor Miguel Carbajal, será presentado a finais do mes de maio no museo do Mome da Estrada. Colabora cos gastos de gravación a Concellería de Cultura do Concello da Estrada.
Se desexas máis información prema aquí, tamén en El Correo Gallego e en La voz de Galicia.
Pedigree na prensa
Enviado por Secret. o 2 Xullo, 2013 - 08:30Tanto o Faro de Vigo coma a Revista dixital Catrogatos publican artigos sobre a recollida do premio do público que se otorgou a Pedigree no "Festival de Cine Jove de Valencia".
Dous novos Premios para "Pedigree"
Enviado por Secret. o 17 Xuño, 2013 - 11:17"Pedigree" gañador do Premio ao Mellor Audiovisual de Fición na sección de Bacharelato e gañador do Premio do Público no III Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. A entrega dos recoñecementos tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas o pasado venres. Parabens
"Pedigree": terceiro premio do concurso "Filmar para cambiar"
Enviado por Secret. o 27 Maio, 2013 - 08:59A curta Pedigree do Taller de Creación Artística do noso centro acada o terceiro premio no Concurso "Filmar para cambiar". Ver diploma e enlaces a noticias publicadas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.
Pedigree seleccionado para concursar en dous certames
Enviado por Secret. o 15 Maio, 2013 - 09:57A curtametraxe "Pedigree" do Taller de Creación Artística do centro foi seleccionada para participar na sección oficial de dous certames cinematográficos:
-"Filmar para cambiar" en Santiago, (proxectarase o 22 de maio as 22:00 h)
-"Cinema Jove de Valencia", certame que ten lugar entre o 22 e o 24 de xuño dentro do "Encuentro Audiovisual de Jóvenes del 28 Festival Internacional de Cine de Valencia-Cinema Jove".
Noraboa outra vez.
Presentación da obra Pedigree (libro e DVD) no Mome
Enviado por Secret. o 10 Maio, 2013 - 11:10O pasado dia 2 de Maio tivo lugar a presentación da obra Pedigree (libro+DVD) no Mome da Estrada. Editáronse 1000 exemplares cuxa venda íntegra irá para a Cruz Vermella da Estrada polo seu labor solidario. Cada exemplar venderase por 10 euros e a distribución será polo propio IES Manuel García Barros e tamén se poderán mercar en calquera das librarías da Estrada. Ver noticia no Faro de Vigo.
Obras do Taller de Creación Artística en CD na Biblioteca
Enviado por Secret. o 1 Febreiro, 2013 - 13:19Xa podedes atopar na Biblioteca do noso Centro dúas obras do Taller de Creación Artística do MBG en formato CD: "A Danza das Bruxas" e o conto musicado "O Principe e a anduriña".
Pedigree: Premio a Acción Maxistral 2012
Enviado por Secret. o 13 Decembro, 2012 - 12:56Diploma do "Premio a la Acción Magistral 2012" para o traballo Pedigree do Taller de Creación Artística.
Felicitacións para "Pedigree"
Enviado por Secret. o 16 Novembro, 2012 - 10:48Recibiuse no centro Felicitación do Conselleiro de Educación polo Premio obtido no Festival de Cine de Ourense-OUFF Escola.
Docentes implicados na curta "Dairas" viaxan o Sáhara
Enviado por Secret. o 13 Novembro, 2012 - 12:57No Faro de Vigo do día 13 de novembro publicase un artigo sobre a viaxe aos campamentos de refuxiados de Tinduf no mes de decembro, dos pais de acollida e docentes do Taller de Creación Artística do MGB implicados na curtametraxe "Dairas" en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Pedigree: 2º Premio do Festival de Cine de Ourense Ouff Escola
Enviado por Secret. o 8 Novembro, 2012 - 12:09O traballo Pedigree do Taller de Creación Artística do MGB acada o 2º Premio outorgado polo Xurado profesional no Festival Internacional de Cine de Ourense, Ouff Escola.
NORABOA
Podes velo Diploma aquí.
Tanto a páxina web da Consellería de Educación coma a prensa: Voz de Galicia e Faro de Vigo do mércores 7 de novembro publican artigos sobre este Premio.
Pedigree: Finalista Autonómico do Premio a Acción Maxistral
Enviado por Secret. o 10 Septembro, 2012 - 12:14Dende a Oficina Técnica do "Premio a la Acción Magistral" comunicouselle o Taller de Creación Artística do MGB que o seu traballo Pedigree é un dos finalistas na Categoría B-Educación Secundaria na fase da Evaluación Autonómica de Galicia. Esto significa que se elevará a Comisión de Evaluación Estatal como proxecto recomendado.
Pedigree na prensa
Enviado por Secret. o 21 Xuño, 2012 - 11:35Varios medios de prensa fan referencia a estrea do corto Pedigree do Taller de Creación Artística do MGB. Premendo en cada un podes acceder as publicacións: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Catrogatos e TVG.
