Taller de Creación Artística

"Dairas" en EstradaTelevisión

Emisión do xoves 25 de febreiro de 2010 en EstradaTelevisión.

 

Rolda de prensa de "Dairas"

Onte xoves día 25 de febreiro, na sala de Xuntas do Concello da Estrada, tivo lugar unha rolda de prensa para dar a coñecer os avances no traballo que está a levar a cabo o equipo de "Dairas", a curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do MGB.

Hoxe saen na prensa varios artigos. Podes lelos dende aquí:

O Concello concede unha axuda económica para Dairas

Trala entrevista mantida o pasado mércores 27 de xaneiro polos responsables do Taller de Creación Artística do MGB e a dirección do Centro, o Concello da Estrada vén de conceder unha axuda económica que se traducirá en clases de formación sobre animación stop motion para os membros que integran o equipo de Dairas, impartidas pola productora Mr. Misto films.

Charla didáctica sobre animación "Stop motion"

O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Productora Mr. Misto Films.

Grazas as súas explicacións, os integrantes do Proxecto "Dairas", a curta de animación que prepara o Taller de Creación Artística do MGB, puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.

 

A Historia de Luis. Curtas de animación no MGB.

Nas vacacións de Nadal os alumnos que participan en "Dairas", a curtametraxe de animación que está preparando o Taller de Expresión artística do MGB, realizaron unha serie de ensaios e probas con programa MovieMaker, de cara á montaxe final da nosa curta.

Así Abel Carbajal presentou "Érase unha vez Rodolfo", Marta Rodríguez "Parchís" e Ariadna Silva "A Historia de Luis". 

Aquí tedes unha mostra. Pode que falten medios técnicos, pero sobra imaxinación e talento...

 

"Dairas" na TVG

Este é o resultado da visita da TVG ao MGB, emitido o sábado 31 de outubro.

 

Nace un novo blog no Planeta MGB: "Dairas"

Hoxe, co motivo da visita da TVG ao MGB para interesarse polo novo proxecto do Taller de Creación Artística, "Dairas", aproveitamos para dar a coñecer á Comunidade Educativa o nacemento dun novo blog dentro do Planeta MGB.

O seu enderezo http://dairasmgb.blogspot.com, e estas as súas intencións:

"Dairas" pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio.... Miles de nenos viven ao limite cada día coa esperanza de poder cambiar o seu destino. Este traballo debe ser quen de transmitirnos a crúa realidade de un campamento de refuxiados, guiados por unha personaxe principal, Ahmed, coa ilusión e convencemento de que é posible unha situación mellor. As ferramentas a utilizar son a fotografía, modelado de plastilina, música...ero o máis importante, a mellor ferramenta coa que contaremos, será o factor humano, a ilusión e dedicación dos nosos alumnos e alumnas.

pd: estade atent@s a TVG na fin de semana, de 12 a 14 horas, o sábado ou o domingo saímos na tele!!  

 

Dairas, novo proxecto do Taller de Creación Artística do MGB

Onte presentouse á prensa o novo proxecto do Taller de Expresión artística do MGB, "Dairas", unha curtametraxe de animación sobre a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Neste novo proxecto están implicados os profesores Miguel Carbajal, Xoán Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño. Con eles traballarán uns 20 alumnos e alumnos de ESO e Bacharelato.

Podedes ler as reseñas completas aparecidas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

Imaxe: Campamentos de refuxiados saharahuis, Tinduf, Arxelia, 2006. Fotografía de Santiago Berges

3833378527_c4e36f66d0.jpg
Distribuir contido