Educación plástica e visual

Departamento de Educación Plástica e Visual

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL
PROFESORADO Grupos
Xurxo Ínsua Pardo
(Xefe Departamento)
Debuxo Técnico I (1º BAC A)
Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño I (1º BAC C)
Deseño (2º BAC C)

Fundamentos da Arte (2º BAC B/C)

Sebastián Anxo Rozas Álvarez Debuxo Artístico I (1º BAC C)
Volume (1º BAC C)
Proxectos Artísticos (1º BAC C)
Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica (2º BAC C)
Debuxo Artístico II (2º BAC C)
Mª. Carmen Ruzo Lodeiro EPVA  en 1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C; 3º ESO A (desdobre), e 3º ESO B

Debuxo Técnico II (2º BAC A)

Debuxo Artístico II (2º BAC C)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
LIBROS DE TEXTO
CURSO AUTOR TÍTULO EDITORIAL ANO I.S.B.N. LINGUA
Non hai libros de texto

Mural "grafiteado" no noso instituto.

   Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.

O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada

O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.

Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.

O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.

Viaxe do grupo de Artes á Coruña

O alumnado do bacharelato de Artes participou neste 2º trimestre nunha das actividades programadas polo departamento viaxando á cidade de A Coruña para:
  • Coñecer de primeira man a Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Picasso, cunha visita guiada pola escola, a ver os obradoiros, equipamento e posibilidade de estudos que se poden cursar nela.
  • Visita a unha exposición relevante do momento: a exposición MEISEL93, dedicada á fotografía. Organizada tendo en conta o ano 1993 no que o autor Steven Meisel fixo até 28 portadas de Vogue. Coñeceron nunha visita guiada a un dos grandes autores da fotografía de moda de todos os tempos.
  • Visita a unha exposición con obras de Pablo Picasso no museo de Belas Artes da cidade.

Viaxe a Santiago EASD Mestre Mateo, Expos IMAXINARIA e Sempre Máis

   O Martes 7 de Febreiro, o alumnado de Artes do IES participou en Santiago nas seguintes actividades:

  • Visita guiada á Escola de Artes e Deseño Mestre Mateo. 
  • Visita a dúas exposicións que había na cidade: a primeira foi a Exposición "Imaxinaria" IV Mostra internacional de Ilustración Contemporánea na sede de ABANCA na rúa do Vilar, e a seguinte a de Sempre Máis co gallo do 20 aniversario do afundimento do Prestige.

Visita ao marco de Vigo

   O día 21 de Decembro alumnado de Artes de 1º e 2º foron de visita ao Marco de Vigo, onde fixeron un obradoiro e unha visita guiada á expo de Francisco Leiro.

Visita Á Coruña co alumnado de 1º Bach

   O martes 8 de novembro visitamos a facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte en Bastiagueiro e dúas exposicións no centro de Coruña, unha sobre intelixencia artificual e outra sobre obras mestras da cultura asiática.  
Rematamos facendo un percorrido de orientación polo centro de Coruña.

Imaxes viaxe a Madrid (Bacharelato de Artes)

Xa están subidas a este álbum de Flickr as imaxes da viaxe a Madrid do bacharelato de Artes.

Visita románica de Ouzande e Ruta dos Muíños

O pasado xoves 25 de marzo o alumnado de 1º BAC D realizou unha ruta a pé ata a igrexa románica de San Lourenzo Ouzande e á Ruta dos Muíños. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Norma Pillado e Mariano Casas.

Máis fotos na galería flirck.

Ouzande.jpg

Novo mural na entrada do MGB

O alumnado de 1º de Bacharelato está pintando un novo mural na entrado do instituto, que representará a unha Venus en Skater, e se poderá visualizar tanto pola parte exterior como pola parte interior.

Nova en La Voz de Galicia.

VenusSkater.png

2019+1: Fotolibro realizado polo alumnado de 4º ESO de Plástica

Coa pandemia e a natureza como temas centrais, o alumnado de 4º da ESO saíu durante 4 sesións a facer fotografías cos seus móbiles, e o resultado é este Fotolibro: 2019+1, editado polo Departamento de Educación Plástica e Visual e prologado por Ariadna Silva, exalumna e fotógrafa.

Ligazón ao libro completo en formato .pdf.

Fotolibro_4ESO.png

Viaxe á Madrid co alumnado de artes

Os días 18 e 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez, realizaron unha viaxe a Madrid na que puideron visitar:  museo Thyssen (coa exposición temporal "Los impresionistas y la Fotografía"): museo Reina Sofía; o museo Sorolla e o museo do Prado no que fixeron unha visita guiada centrada en Goya.

Madird2019.jpeg

A obra "Redes" de María Armada xa está no CEIP Foxo

A pinacoteca Paco Lareo do CEIP Foxo vén de ampliarse coa obra "Redes" da nosa compañeira María Armada. Parabéns.

Distribuir contido