Profesional
Charla da ABAU 2023
Enviado por XefeEstudios o 18 Maio, 2023 - 22:48Logo da charla impartida polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2023, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO
Enviado por XefeEstudios o 27 Maio, 2023 - 00:33O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.
O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.
