Clube de lectura

24 de xaneiro, terceira reunión do club de lectura.

   Corredoiras e Autoestradas, os dous grupos de club de lectura NA Estrada - 525, reuníronse o martes 24 de xaneiro para compartir as súas impresións, ideas e impresións ao redor do libro Golpes de luz de Ledicia Costas e Mamá, quero ser Ziggy stardust de Iria Misa. Ademais de compartir as nosas lecturas, compartimos un rato de risos, rosca da casa e convivencia na MeGaBiblioteca do centro.
Os vindeiros libros serán:
Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gayte para o grupo de Corredoiras.
Nada de Carmen Laforet para o grupo de Autoestradas.

Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22

O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.

Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.

Reunión Clube de lectura, martes 18 de xuño

O martes 18 reunión do club de lectura NA Estrada-525. Xantaremos xuntos na Carballeira. lembra traer a autorización asinada polos teus pais, a comida e o libro que comentaremos. Agardámoste para pechar este curso.

Clube de lectura, xantar o martes 7 de maio

Mañá martes 7 de maio, os membros do clube de lectura xantaremos xuntos para charlar sobre estes libros:

  • Grupo Autoestradas: Cabalos e lobos
  • Grupo Corredoiras: Escarlatina a cociñeira defunta.
descarga (1).jpeg

Reunión Clube de lectura, martes 2 de abril

Mañá martes 2 de abril o Club de lectura NA Estrada-525 reunirase na hora de xantar para compartir lecturas monstruosas:

Escarlatina, a cociñeira difunta e Frankenstein.

Hoxe reunión do clube de lectura

Hoxe, martes 5 de febreiro, o clube de lectura da MeGaBiblio reunirase de 14.10 a 16.30.

 

Reunión do clube de lectura o próximo martes

O proximo martes 15 de xaneiro,  o clube de lectura da MeGaBiblio reunirase de 14.10 a 16.30.

 

22 segundos con Marcos Ceive e Eva Mejuto

Mañá martes 20 de xaneiro, Eva Mejuto e Marcos Ceive Graña  tomarán café co grupo de "maiores" do Clube de lectura, para falar de "22 segundos", a novela que acabamos de ler. Logo, a 7ª hora, estarán cos alumnos de 3ESO na sala de Usos Múltiples.

22 segundos.jpg

Recomendacións de lectura para o verán

Os clubes de lectura do IES Antón Losada, os "Retelladores do Galiñeiro", e o do MGB, NA-Estrada-525, deixannos estas recomendacións de lecturas para o verán.

Comida do clube de lectura no IES Antón Losada

Mañá martes os membros do clube de lectura do MGB celebrarán unha comida de confraternidade no IES Antón Losada, invitados polos "Retelladores do Galiñeiro", o clube de lectura do centro veciño.

Presentación clube de lectura

Hoxe mércores nos dous recreos vai ter lugar unha presentación do clube de lectura na Biblioteca realizada polos alumnos Orquídea Seijas e Antonio Pereira. Asimesmo un grupo de membros de Clube vai percorrer as clases para explicar o seu funcionamento e animar a nov@s alumn@s a participar no mesmo.

lectura.jpg

Reunión do club de lectura NA Estrada-525, mércores 9 de novembro

Reunirémonos ás 16,30 na biblioteca do centro para comentar a novela Anxos en tempos de chuvia. Non a perdas! Haberá sorpresas interesantes.

NA Estrada-525, en abril

O club de lectura NA Estrada-525 reúnese o mércores 7 de abril ás 16,30 na biblioteca do MGB para falar de El guardián entre el centeno, de J.D.Salinger.

centeno.jpg

O CLUB DE LECTURA NA ESTRADA-525 CONSEGUE UNHA AXUDA ECONÓMICA

O club de lectura "Na Estrada-525", dirixido polas profesoras Mayte Leis e Chelo Vázquez, presentouse á convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (5-11-2007) para incentivar o fomento da lectura nos centros escolares. Na resolución desta convocatoria, o club vén de recibir unha asignación económica para a súa posta en marcha.

Distribuir contido