Entrevistas

Entrevista a Xosé Manuel Martínez Oca

Xosé Manuel Martínez Oca no IES MGB da Estrada-1d.jpg

ENTREVISTA A DON XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA por Manuel De La Calle Cuevas, Eva Janeiro Couceiro, Rocío Mato Búa, Priscila Pérez Cajaraville e Marta Rodríguez Castro. Alumnado de 2º de Bacharelato do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra)

Que feito o motivou a comezar a escribir?

Non creo que se poida falar dun feito concreto. Ou polo menos no meu caso cústame moito traballo pensar nunha determinada motivación e nunha precisa data de comenzo. As cousas vanse desenvolvendo pouco e pouco, dunha maneira imperceptible case sempre, e cando un empeza a darse conta da inclinación que sente, xa ten o virus metido no corpo desde moito tempo antes.

Cal é a obra que máis lle custou escribir? E coa que máis se identifica?

En principio, mentres non salta o chispazo, calquera intento é difícil. Despois depende un pouco do tipo de xénero literario a abordar en cada caso. Se se trata dunha novela, para min todas foron difíciles. ¿A que máis se me resisteu de todas? Sempre a que estou escribindo no momento actual e durante todo o tempo en que me dedico a escribila.

Confesando vostede que utiliza ideas doutros autores, aceptaría que plaxiasen algún dos seus libros?

Sentiría unha gran satisfacción, porque me daría a entender que algo feito por min chegara a gustarlle tanto a outra persoa que se decidira a utilizalo pola súa parte.

Nalgunhas das súas novelas e relatos curtos, como O tempo en ningunha parte e Náufragos en terra os seus personaxes principais non teñen nome. Cal é o motivo?

Así, que recorde neste momento, tamén podería engadir "Diario de inverno" e non sei se algunha máis. En realidade e salvo en casos excepcionais, os nomes non teñen moita importancia, son algo elixido de maneira aleatoria e normalmente non explican nada sobre a personaxe de que se trate. En principio tanto dá que un se chame Pepe ou Manuel, por causa do nome a súa personalidade non se vai desenvolver dunha maneira ou de outra. Por eso, salvo en ocasións en que sexan necesarios para facer unha distinción entre unhas persoas e outras, prefiro deixar innominadas as miñas criaturas de ficción.

Con cal dos premios que lle outorgaron se sente máis satisfeito?

A estas alturas non lle concedo excesiva importancia á satisfacción acadada coa obtención dun premio. A súa concesión non me parece un medio fiable para medir a calidade da obra premiada. De calquera xeito, no seu día sentín unha satisfacción enorme cando me foi concedido o premio Modesto Figueirido de Relatos Breves e podo asegurar que as sucesivas nominacións recibidas nese concurso foron as "culpables" da miña persistencia na escrita.

Como escritor estradense, que premio lle gustaría recibir por enriba dos demais?

Máis ou menos a pregunta queda contestada coa resposta anterior. Como recoñecemento ó mérito da obra premiada non lle concedo valor a ningún, e en apoio desta opinión podería citar "Diario de inverno", tal vez a miña novela máis estimada pola crítica, da que falei antes. Envieina ó "Premio García Barros" no único ano, se non estou mal informado, en que foi declarado deserto. Sendo un pouco cínico, diría que o premio máis importante sería o de maior contía económica.

Tivo algunha influencia na súa obra Dos camiños dos arrieiros ós Pazos de Ulla: Terra de Montes e Tabeirós practicar noutros tempos atletismo?

Síntome un tanto sorprendido, pois a bote pronto non atopo relación entre unha cousa e a outra. Tal vez tería que reler o libro para entender por onde vai a cuestión, pero sinto unha preguiza enorme á hora de volver sobre as cousas xa publicadas e polo tanto non sei que responder.

Algunha vez desbotou algunha historia porque ao escribila era incapaz de relatala como vostede pretendía?

É algo que me sucede con frecuencia. Mesmo nalgunha ocasión debería ter sido máis drástico e deixar de lado algúns textos que, a pesar de todo, rematei por publicar.

Se tivese que modificar algún libro xa publicado, cal elixiría?

Creo que os modificaría todos. O que non sei é se dese xeito os melloraría ou os faría aínda peores.

Que o levou a escribir a novela Como paxaro caído do niño?

A lectura na prensa da información sobre un caso de violencia doméstica, nunha illa das Canarias, onde un home, despois de matar á súa muller, intentou suicidarse. Algo, por outra parte, desgraciadamente frecuente. E falando deste libro, antes dixen que todas as novelas me resultara costoso escribilas. Pois ben, neste caso produciuse unha excepción: redacteino dunha maneira rápida e fluída, case dun tirón e sen ningunha dúbida á hora de tirar para adiante coa redacción.

Son reais os lugares nos que se ambienta a obra A chamada escura dos caborcos?

Si, e algunhas das personaxes secundarias que aparecen nela tamén. En certa medida, claro está.

Que autor ou autora é o seu preferido en lingua galega? E en calquera outra lingua?

É difícil falar dun único autor, porque son tantos que darían para encher unha enciclopedia. En galego podería falar de Blanco Amor, de Méndez Ferrín, de Antón Risco, de Eduardo Moreiras, de Casares... E noutras linguas, de Camus, de Cortázar, Nabokov, de Max Frichs, Celine, Dostoiewsky... En fin, non sigo, porque podería estar un día enteiro a dar nomes

Cales son os temas que prefire tratar nos seus libros?

Non teño preferencia por ningún tema determinado. Cando unha idea se me mete na cabeza intento tirarlle do fío e se vai adiante, trátese do que se trate, ben. E se nón, non hai mellor solución que deixala de lado.

Algunha das súas obras é de carácter autobiográfico? Están influenciadas pola súa infancia n'A Estrada?

Partindo do presuposto de que a literatura é unha recreación da realidade, pero non a realidade, non podo falar de carácter autobiográfico en sentido estricto en ningún dos meus libros. Agora ben, non cabe dúbida que as experiencias vividas, e máis as da infancia, deixan unha pegada importante que dunha maneira ou doutra sempre acaba por reflexarse en maior ou menor medida na obra de todo autor. Agora ben, non debe esquecerse nunca que o escritor é por definición un mentireiro e polo tanto non tomar nunca demasiado ó pé da letra os feitos con maior aparencia verídica que poidan aparecer nos seus libros.

Gustaríalle que algunha das súas obras fose levada ao cinema? Cal?

É algo que non teño en consideración. Pero se o penso un pouco tal vez o que máis me gustaría ver filmado sería o conto "A negra".

Cal é o público para o que máis lle gusta escribir?

É algo no que nunca penso. En realidade, cando empezo unha obra, por regra xeral non teño unha idea clara de cómo vai seguir, nin sequera se serei capaz de rematala. Polo tanto moito menos poderei pensar en dirixila cara a un tipo de lector determinado.

Que imaxe se lle vén á mente cando está escribindo?

A do papel ou, agora, a pantalla en branco. Esa sensación tópica, pero real, de sentirme incapaz de escribir nada nesa páxina ou nesa pantalla. A de ter a mente tan en branco como a páxina ou a pantalla e non saber para onde tirar e sentir ganas de deixalo todo e ir dar un paseo ó sol.

Diría que o feito de ser sobriño de Manuel García Barros o obrigou dalgún xeito a escribir en galego?

Non é que me obrigase, é que creo que foi un dos condicionantes máis importantes á hora de me inclinar polo terreo da literatura. El foi quen me proporcionou as miñas primeiras lecturas en galego. A el foi a quen primeiro lle mostrei algunha cousa escrita por min. E a el débolle o ter cambiado o idioma de relación cun grupo de amigos ourensáns, cos que aínda agora sigo a manter unha grande amizade, grupo no que, por indicación súa, en lugar do castelán decidimos ter o galego como lengua de relación habitual a fins dos anos cincuenta do século pasado.

Cre que a figura do seu tío, Manuel García Barros, está suficientemente recoñecida?

Cando un é recoñecido, e apreciado, e querido, na súa propia terra, xa se debe sentir bastante satisfeito. E penso que García Barros, na Estrada, gracias en boa parte ó labor de entusiastas estudiosos e propagadores da súa obra, é recoñecido e querido. ¿Que máis se pode pedir?

Que opina da situación actual do galego e da súa literatura?

A situación semella pesimista, pero por riba de todo opino que as causas perdidas son as únicas polas que paga a pena loitar. E por eso, por mala que sexa a situación, non quero renunciar ó optimismo e esperar e colaborar na medida das miñas posibilidades para que a tendencia cambie de signo.

E para rematar, está a traballar nalgún novo proxecto actualmente?

Sempre se está a facer algo, aínda que hai unha superstición que convida a non falar do que un ten entre mans, porque pode acabar rematando en nada. De todos modos podo decir que teño un libro de contos prácticamente preparado para a publicación, aínda que de momento non lle encontréi editor.

 

* Podedes ver máis fotos do acto de inauguración do curso escolar 2010/2011 neste álbum de Flickr.

Entrevista a don Xosé Neira Vilas


PREGUNTAS PARA D. XOSÉ NEIRA VILAS

Realizadas polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos)- Curso académico 2009-10

 

 

 

1.- Que feito o motivou para comezar a escribir?

É algo que vén en min dende a infancia, dende os oito ou nove anos. Unha inclinación natural, o asombro de que o que eran palabras podían ser tamén signos. A esto cómpre engadir unha disposición, un afán para fabular, para inventar historias. Na orixe da miña escrita hai moito que provén da narración oral e a poesía, dos vellos romances que me cantaba miña avoa.

2.- Que diferenzas cre Vostede que hai entre a infancia que vostede pasou e a que calquera neno galego poida ter na actualidade?

Gran diferenza. Visten mellor os de agora, teñen mellores escolas, comen mellor, etc. Nós eramos moi vitais, camiñabamos coma se nada dez ou quince quilómetros. Tiñamos xoguetes que faciamos nós mesmos. Cantabamos. Participabamos nas festas do entroido, pero eramos en xeral pobres, coas limitacións que apuntei. Pasabamos frío, camiñabamos sobre a lama, porque non había as estradas que hai hoxe.

3.-Séntese identificado con algunha das súas obras? Cal pode ser a súa favorita?

Identifícome con todas as miñas obras. Hai libros de ficción (novelas, contos) e de investigación e ensaio. Lévome con todas. Poida que teña certa preferencia pola novela Querido Tomás, e polo libro de contos Relatos mariñeiros. Nos outros, gústame Castelao en Cuba.

4.- Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación entre os lectores?

Memorias dun neno labrego, da que se fixeron unhas trinta edicións en galego e foi traducido a moitas linguas.

5.- Moitas das súas obras teñen que ver coa cultura tradicional galega. Que provocou que Vostede se basease nesa temática?

A cultura tradicional é básica. Bebemos nas fontes que nos veñen dadas. Os contos que se contaban a carón do lume nas lareiras nas noites de inverno acenderon a miña imaxinación narradora.

6.- Memorias dun neno labrego acadou un gran éxito. Esperaba este éxito? A que cre que foi debido?

Non. Eu non esperaba nada cando escribín esa primeira obra narrativa. Non podía supoñer que trascendese tanto. Asustaríame. Pero o escritor escribe e de alí en diante a obra non é del, é dos lectores, e eles deciden. Creo que foi debido a que moitos viviron a mesma peripecia ca min, e que conta, pola boca dun neno unha difícil existencia, como era en Galicia hai cincuenta ou sesenta anos. Esa narración é sinxela pero dou fe da súa autenticidade.

7.- En Memorias dun neno labrego Balbino comeza dicindo que é un rapaz da aldea, un ninguén. Cre que este pensamento está presente nos rapaces da aldea actualmente?

Depende da modestia que sintan ou que lles inculcase a familia e os mestres. Uns máis e outros menos (Balbino era pobre e foi humillado ademais) todos somos "ninguéns", rapaces e adultos. Depende de como nos midamos. Tampouco, salvo casos como o de Balbino, hai que sentirse esmagados, pero debemos ter en conta o que dixo un gran poeta: "Toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo". Hai que desbotar a soberbia, o orgullo, a vaidade.

8.-Na anterior obra fálase da discriminación que se fai cara aos nenos da aldea. Por que cre que se produce esta situación? Cre que segue ocorrendo?

De certa maneira, si, pero nótase pouco. Antes si porque tiñamos roupas con remendos, calzabamos zocos e sobre todo falamos a nosa lingua e os señoritos marxinábannos e ata nos desprezaban. Agora dáse moi pouco, ata onde eu sei.

9.-  Cre que a súa obra pode perder parte do "sentido" que Vostede lle quixo dar se é traducida a outra lingua que non sexa o galego?

Toda obra literaria, inda que sexa traducida a unha lingua irmá, veciña, sempre perde algo. É inevitable. Hai matices, xiros, expresións que non se poden traducir exactamente.

10.- Para Vostede irse para a Arxentina foi un exilio ou unha emigración?

Foi unha emigración. Exiliados eran os que foron para salvar a vida, porque tiveran actividades políticas diferentes dos novos gobernantes; pero no meu caso hai outro matiz: quería estudar, e aquí non tiña medios nin atopei traballo nas cidades galegas para traballar polo día e estudar pola noite. Eso foi o que fixen na Arxentina. Alí, ademais descubrín Galicia, a miña patria, da que case nada sabía, e convertinme dende entón nun activista da cultura galega de por vida.

11.- Vostede realizou un gran labor a prol da lingua galega durante a súa estadía en América. Sempre se sentiu tan identificado coa nosa lingua ou foi froito da súa estadía no estranxeiro?

Sempre me sentín identificado coa singularidade de Galicia e en primeiro lugar, como signo de identidade, utilicei e defendín a súa lingua. En 43 anos de emigrante, todos os meus libros e artigos escribinos en idioma galego.

12.- Por que cre que durante a súa estadía en América, e a de outros moitos intelectuais galegos, se levou a cabo un labor tan importante para a difusión da nosa lingua?

Dígoo máis arriba: porque a lingua é o signo principal da nosa identidade. "Se inda somos galegos é por obra e gracia do noso idioma", dixo Castelao. Esto síntese máis no fondo cando estamos fóra.

13.- Vostede estivo na Arxentina e en Cuba. Cal dos dous países o marcou máis?

Arxentina (12 anos) foi a etapa da miña formación. Alí publiquei os meus primeiros traballos, centos de traballos na prensa galega, e os meus dous primeiros libros; adquirín unha cultura xeral e unha cultura galega. En Cuba estiven 31 anos. Anos de madurez, de vivir a experiencia dunha revolución popular, cóbado a cóbado cun pobo entusiasta, xeneroso, solidario. Marcáronme os dous países. Cando un vive noutra terra por anos, xa non é nunca máis dun só país. Eu son algo arxentino, teño moito de cubano e son rotundamente galego, dende sempre.

14.- A pesar de que non chegou a coñecelo, que influencia tivo sobre Vostede Castelao?

Castelao influíu en toda unha xeración, e segue influíndo. Polo seu exemplo, a súa galeguidade, a súa conduta cidadá, e polas leccións que nos deixou sobre todo a través do libro Sempre en Galiza, que todos debemos ler.

15.- Como ve Vostede o futuro da lingua galega no ensino?

Todo está neste momento moi encerellado. Non depende só das institucións; depende de nós. Se a falamos acabará impoñéndose no ensino. E en canto ós nenos e nenas pequenos depende en boa medida dos pais, pois moitos, non sei por que vello e ridículo complexo de inferioridade, fálanlles castelán ós cativos. O castelán é unha lingua irmá da nosa, e debemos sabela, naturalmente, pero a deste país é o galego. É un luxo que un país de 30.000 quilómetros cadrados e menos de tres millóns de habitantes fale unha lingua de seu. No ensino debe prevalecer o galego.

16.- De todos os premios e recoñecementos que recibiu, cal foi para Vostede o máis representativo?

Todos son estimulantes e axúdanme para seguir traballando, escribindo, pero a min eso non me marea. Non sabería diferenciar. Todos teñen un gran valor polo xesto de que mos concederan. E eu agradézoo.

17.- Que é máis satisfactorio para Vostede, que o feliciten pola rúa ou recibir un premio?

Son dous valores distintos, pero o trato humano, de que me saúden pola rúa, ou nun colexio, ou nun acto cultural, é moi reconfortante. Son dúas cousas distintas pero compleméntanse.

18.- Cal é o público para o que máis lle gusta escribir?

O público en xeral, pero encántame escribir para nenos e nenas, e para eles dei a coñecer varios libros.

19.- Cal foi o sentimento que o invadiu no momento que tivo nas súas mans o seu primeiro libro?

Sentín emoción. Algo así como a de ter o primeiro fillo.

20.- Sabería sobrevivir sen un lapis e un papel nas mans?

Custaríame afacerme, pero na derradeira a todo nos afacemos.

21.- Que o empurrou a crear a súa Fundación?

Doei a miña casa natal. Pedín que se restaurase e se puxese nela unha biblioteca pública. O da Fundación non foi idea miña senón das institucións, pois cando eu non estea esto pode seguir porque hai un Patronato que se ocupa de que continúe.

22.- E finalmente, sabemos que Vostede tivo un contacto epistolar co gran escritor e galeguista estradense que lle dá o nome ao noso instituto, D. Manuel García Barros. Como foi a súa relación?

Escribinme co amigo Ken Keirades dende Buenos Aires e dende A Habana. Era un galego de lei, un loitador galeguista, un gran narrador, sobre todo nesa novela que se chama Aventuras de Alberte Quiñoi, modelo de narración popular polo seu contido antropolóxico, de tradicións e costumes que xa non existen. Mandoume narracións orixinais manuscritas e contábame da súa vida alá en Pousada (Callobre).

 

 

PREGUNTAS BREVES:

a.- Cal é a súa obra literaria favorita? E o autor?

Moitas. Non podo mencionar só unha.

b.- Cal é a súa película favorita?

Tamén moitas. Recordo entre as máis vellas Casablanca e Lo que el viento se llevó. Mais, acá pecaría de excluínte se mencionase algunha. Direi só unha Adiviña quen vén esta noite.

c.- Podería dicirnos algunha obra teatral que o impresionase?

Si, por exemplo Mortos sen sepultura de Sartre, entre outras.

d.- Que prefire, ler ou escribir?

Ambas cousas compleméntanse. Un escritor debe ler moito (e ler ben).

 

O voso amigo

Xosé Neira Vilas.

Creative Commons License
Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España License.

"Dairas" na TVG

Este é o resultado da visita da TVG ao MGB, emitido o sábado 31 de outubro.

 

Daniela Filloy e Alba Chao en Localia TV

Onte martes 8 de xuño, Daniela Filloy e Alba Chao, representando a todo o equipo de Dormes?, foron entrevistadas en Localia TV, no programa "Vive Santiago", despois do paso da obra polo teatro Principal da capital compostelana, onde repetirán en dobre sesión o día 24 de xuño. Esta foi a entrevista:

 

SondoDance

Ficha técnica
Estilo: Baile moderno                                                                      
Nome e número de compoñentes: 9
Lugar: Academia SondoDance, A Estrada
Páxina web: http://www.sondodance.com/

 

Introdución: SondoDance é un grupo de baile moderno estradense, o cal está collendo moito aforo ultimamente. Son de idades moi variedadas e bailan distintos tipos de música. 

 

(Entrevista a Catuxa Casal, membro de este grupo, Maio de 2009)

Como vos coñecéstedes? Porque algunha das actuais compoñentes preguntounos se queriamos practicar.

Que tipo de música bailades? Un pouco de todo, pero mais funky.

Algunha bailaba antes? Si, a maioría coñecémonos por bailar antes noutra academia.

Canto tempo levades bailando? Dous anos, pero non eramos as mesmas. Algunhas desapuntáronse por falta de tempo e outras apuntáronse para divertirse.

De que idade sodes? Dende os nove ata os quince anos.

Houbo cambios dende que estades dentro? Si, marchou xente.

Cando foi a vosa primeira actuación? Non tivemos, porque ó principio eramos moi poucas persoas, pero agora imos actuar nas festas de San Paio.

Participástedes nalgún concurso? Non na nosa categoría, pero temos pensado presentarnos a algún en verán.

Gañastedes algún premio? Non.

Poñedesvos nerviosas nas actuacións? Non, pero póñenos nerviosos pensar nese momento, por medo a equivocarnos.

Canto tempo lle adicades a ensaiar? Dúas horas e media cada semana, aínda que algunhas veces quedámonos mais tempo para practicar cousas que non nos saen.

Tendes algún proxecto na mente? Si, levamos como seis meses practicando unha coreografía para presentar na nosa primeira actuación.

Pódenos contar algunha anecdota? Pois...cando comezamos a practicar para a coreografía, en principio sempre caia alguén e non nos saía ben pero agora xa o practicamos mais e mais ou menos sálenos mellor que antes. 

Como vos sentides bailando? Xenial, porque como todas nos levamos ben sempre ó bailar a coreografía divertímonos moitísimo e pasámolo xenial.

Cantos membros sodes? Nove rapazas.

Lourenzo Álvarez cóntanos o seu paso polo teatro do MGB

ENTREVISTA A LOURENZO ÁLVAREZ (xunho 2009)

Lourenzo Álvarez é un dos profesores de lingua galega e literatura do noso instituto. Respecto á historia teatral do instituto, pensamos que nos podería aportar datos en información. Sabemos que participou nalgunha obra.

P: Na súa actividade teatral, qué obras representou?
Lourenzo: Pois representei unha obra de Eduardo Blanco Amor, que se chamaba "Anxélica no umbral do ceo"

P: De onde sacaba o tempo para esta actividade?
Lourenzo: Pois quedábamos unha vez á semana, a tarde dos mércores moitas veces. Dúas ou tres horas, cando non había ningunha outra actividade, e cando se podía. A verdade é que era bastante problemático, porque despois estaban os exames, faltaba xente...

P: Cómo diría que é a experiencia de traballar con adolescentes?
Lourenzo: Dende o principio sabíamos que a obra non ía a ser algo profesional, sobre todo porque tíñamos moi poucos medios técnicos para traballar. O que a nós nos interesaba realmente era o proceso de traballo, ver como pouco a pouco se ían formando as personaxes. Ó principio saían ao escenario sen lanzarse, falando baixiño, ata que chegaban a coller seguridade e confianza. A moitos destes rapaces veulles moi ben a nivel persoal. Axudoulles a conseguir máis confianza e a se sentir máis seguros de sí mesmos.

P: Prefire o traballo na aula ou ao mando dun escenario?
Lourenzo:

O traballo era un pouco colectivo, eu organizaba as actividades, pero non considerei en ningún momento que estivera ó mando. Nunha clase sí é necesario levar o mando, é dicir, ordear, agora tócanos isto, logo isto... No teatro as decisións tomabámolas entre todos, e é mellor así, traballar en grupo como se foramos un só. E é mellor así,
traballas no grupo e que todos decidan... e nunha clase non é tan fácil, tampouco o alumno está capacitado para decidir qué é o mellor para facer en cada momento.

P: Colaboraron no proxecto outros profesores?
Lourenzo:
Si bueno, coa representación empezou Charo Bellot, e despois tamén participou aínda que non moito outra profesora de Francés, que se chamaba Esther. Logo quedei eu ó mando da obra. Houbo tamén un momento no que coincidimos os tres, e bueno despois Charo por cuestións persoais non puido continuar, e esta profesora tampouco e ao final quedei eu. A parte dos que diriximos nalgún momento a obra houbo bastante participación, con valoracións puntuais de outros mestres, para o vestiario, para a escenografía... houbo colaboración de varios departamentos.


P: Que cree que aportan os alumnos?

Lourenzo: Eu creo que o aportan todo, todo... a creatividade sobre todo, as ideas... Igual non tiñan claro como concretar os asuntos máis técnicos, pero as ideas sí que eran deles. Ideas para resolver así algunha escena, para a escenografía, como elexir a música ou os traxes... son cousas que parecen secundarias, pero que ó final dan moito traballo.

P: E que cre que lle aportou a vostede?
Lourenzo: Aprender un pouco desa creatividade, a capacidade de sacar cousas de onde non hai, cando hai poucos medios e poder atopar algunha solución cando parece que non hai ningunha. A min serviume de moito, creo que foi moi enriquecedor, tanto para eles como para min. 


P: Entre que idades se levou a cabo a representación?

Lourenzo: Eran do que daquela se chamaba COU, que sería o nivel máis alto, o que agora é segundo de Bacharelato.

P: Onde se representou a obra?
Lourenzo: Representouse un par de veces aquí no centro, era un
local pequeniño, os medios eran escasos, recompiláramos de onde puidemos de outros centros, ou de algún rapaz que traballaba nalgún grupo de teatro. pero eran poucos medios, quedamos todos moi contentos. 

P: Cal foi o reparto de personaxes da obra?

Algúns dos personaxes que participaron a día de hoxe son algúns bastante coñecidos.

  • Anxélica: María do Carme Ruzo Lodeiro
  • Gabrieliño: Eva María Villamor Chedas
  • Miguel: Isi
  • Deus: david Senén Otero Rodríguez
  • Madalena: Margarita Bragaña Vinseiro
  • Demo: Victor Manuel Fuertes Viaño
  • Poeta: Susana Sánchez Arines


P: A obra conseguiu algúnha mención ou premio?
Lourenzo: Non, simplemente foi unha actividade para o centro. Entón representouse dúas veces, vírona case todos os alumnos do centro, pero non saiu do centro.

P: Podería voltar a formar parte dalgunha representación?
Lourenzo: Sí, si aínda que agora teño menos tempo libre, e entón seríame complicado, e a parte xa hai outra xente levando as actividades, e moi ben por certo. Non se presentou a ocasión pero sí que nun futuro podríamos plantexar.

P: Gustaríalle que fose coa mesma xente?
Lourenzo:
Bueno a verdade é que algúns xa estarán casados e con fillos, pero non me importaría traballar con outro grupo de características parecidas. O alumnado daquela época é moi parecido á de hoxe. Algúns dos actores da obra fixéronse algo famosos, ou coñecidos, como Isi, que representaba un dos arcanxos. E tamén facendo de Deus, David Senén, que foi logo cantante de Xenreira, un grupo de rock moi bo que gravou algún disco.

P: Qué momento ou anécdota recorda?
Lourenzo: Pois a verdade é que todo foi moi especial, e ó ver as fotos da representación recordo a situación como si non pasase o tempo.

Galería de fotos do teatro no MGB en Flickr 

Miguel Carbajal falanos da súa labor no teatro do MGB

(Luns 1 de Xuño)
Entrevistamos a Miguel Carbajal



Miguel Carbajal
é un dos profesores de música do centro. No seu tempo libre ademais de adestrar ao seu cabalo, adícase a preparar proxectos teatrais, pensados para ser representados polos alumnos do centro. Agora mesmo atópase no cume do éxito con "Dormes?", xa que case cada día o chaman para comunicarlle que el e os seus alumnos acadaron un novo premio, sempre merecido.


P: De onde xurde a súa iniciativa teatral?
Miguel Carbajal:
Xurde de cando eu era un cativo, moi pequerrecho. Porque tiña un veciño que agora vive en Madrid, que se chama Manuel Pereira Valcárcel, que é escritor e mestre e el foi o que nos iniciou na aldea, en Ouzande donde vivo eu. Iniciounos cando eramos nenos, nun teatro de aldea. Alí faciamos as actividades teatrais.

P: É  un traballo que realiza no tempo libre ou en horas de clase?
M. Carbajal:
Si realízoo no tempo libre, pero  o que pasa e que o meu tempo libre xa se chama tempo ocupado, porque teño tantas cousas...

P:De onde saca o tempo para esta actividade?
M. Carbajal:
É todo extraescolar, dentro do horario que tiña que ser para o descanso, e dicir eu non lle quito nin unha sola hora ao traballo para darlla ao teatro.

P: Como é a experiencia de traballar con adolescentes?
M. Carbajal
: Marabillosa, sinceramente é unha experiencia que nos rexuvenece moito, que nos mantén moi ao día cas cousas que estades facendo, co que pensades... Podémosvos observar, ver como veñen as novas xeracións, entón sabemos que temos anos porque os imos cumplindo pero ao mesmo tempo estamos cun contacto moito máis directo. Por exemplo a xente que non ten este contacto cos adolescentes teñen unha visión deteriorada dos mesmos, porque pronto din que a xuventude e moi aloucada, a xuventude e así... Porque ao mellor venvos nunha situación de festa como pode estar calquera, entón nos temos unha visión diferente, bueno, eu polo menos.

P:
Que cree que lle pode aportar vostede a eles?
M. Carbajal:
Bueno eu podo dicirche o que intento aportarlle, se o aporto ou non teríasllo que preguntar a eles. Eu quero que aprendan varias cousas; unha disciplina, non soa ben pero é fundamental ter unha disciplina de traballo. Se queres conseguir algo tes que ter unha disciplina extrema. Entón dende o primeiro día aprenden a ser disciplinados no traballo. Quero dicir, que se somos vinte traballando un non pode permitirse non saber o papel porque prexudica a dezanove. Despois creo que trato de ensinarlle a estar nun esceario, a controlar os nervios e a poder dominarse, creo que aprenden a comunicarse doutra maneira. Intento que descubran o maior amor posible pola arte en xeral, pola música, polo cine, pola escena... Creo que é o máis importante.

P: Prefire o traballo na aula ou ao mando dun escenario?
M. Carbajal:
Pois, non sei contestarche. Creo que son diferentes pero teñen un punto en común. A min gústame moito ensinar en xeral. De feito, sempre que fixen cousas acabei ensinando todo ao que me pregunta, é dicir non teño ningún interese en gardarme nada. Entón, creo que o feito de estar enriba dun escenario para min sigue sendo un traballo de aula, porque de feito no escenario solo estas no momento da representación ou uns días antes, entón este traballo e un traballo de formación de aula. Para min considéroo case o mesmo, non me decantaría nin por unha ou outra.

P: Que obras preparou durante a súa actividade docente?
M. Carbajal: A verdade e que preparei poucas, porque a miña cabeza non da para máis. A primeira foi a obra "Danza das Bruxas", teño que dicir que preparei poucas porque tamén son obras bastante complexas, tiven que facer o guión, adaptar a dirección, os persoaxes... entón lévame moito tempo organizar todo iso. Na "Danza das bruxas" participou unha compañeira deste centro, que é Mary Villar que foi a responsable das coreografías, pero eu tiña que cargar co resto.

P: En que ano se representou?
M. Carbajal: Esta obra foi moi importante que se representou no ano 2004, é foi onde naceu a idea de chamarlle Taller de Expresión Artística, por darlle un nome, unha identidade. Foi a primeira obra, e presentámonos a un certame que se chamaba Teatro na Vangarda, que era para a comunidade galega, e fomos gañadores. Aquí non solo podían participar centros escolares, senón calquera compañía non profesional, e gañamos o primeiro premio. Un premio económico moi importante de seis mil euros.

P: Colaboraron no proxecto outros profesores do centro?
M. Carbajal:
Empecei con "Dormes?" no ano 2004/2005 e aquí as coreografías correron por parte dos alumnos. A dirección, guión, etc... tiven eu unha parte e outra os alumnos, neste caso foi unha cousa compartida entre profesor e alumnos. Hai moitos profesores que están colaborando, está Álvaro encargado de toda a parte de informática, e da páxina... Sindo, profesor de tecnoloxía fixo as escaleiras e outras cousas para a escenografía, Xoán Xosé de plástica que se encargou de que os seus alumnos debuxaran o reloxo, profesores de normalización lingüística, e dicir, hai moitos profesores que axudaron, que eu llo pedía e me axudaron. Non é un traballo solo meu, non podo esquencer ao alumnado que foi moito máis importante ca doutra vez.

P: Conserva algún recordo especial da súa labor nas obras?
M. Carbajal:
Especial...son todos especiais. Non sabería destacar un máis especial. A miña vida é especial cando fago iso, e dicir, síntome tan ben e estou tan ben que é especial en si facer esas cousas, non hai un detalle que che diga isto e máis importante que aquel.  É especial estar nos ensaios, é especial ver como saen as cousas, é especial actuar... moitas cousas.

P: Este último premio do Teatro do Miño era esperado?
M. Carbajal: Non, o último de todos non. Bueno, houbo dous premios do Teatro do Miño. Primeiro comunicaronnos que eramos finalistas, entón seleccionaban seis para actuar nesa mostra, iso para min foi unha sorpresa inmensa. Ademais eu xa tiña olvidado de cando me presentara ao concurso. E logo o do público, cando fomos ver a representación final, foi unha alegría inmensa, coma se me chaman agora para dicirme que me tocou a lotería. Eu estaba vendo a última obra, e cando din o nome do gañador foi esaxerado , saltoume o corazón do sitio, non o esperaba. Sinceramente non o esperaba.


P: Sabemos que o prazo para participar no concurso co que acadaches un premio coa obra "Danza das Bruxas" é en xuño, pensas que "Dormes?" merecese tamén ese premio?
M. Carbajal:
Non nos permiten participar, o cal me molesta bastante. Chameille pero non hai maneira, porque nas bases e certo que o pon, se gañamos algún premio quedamos descartados para todo. Eu chameille porque iso téñeno que cambiar. Agora a ese certame chámase Certame Galicia Crea, para novos creadores, e eu dígolle como se pode premiar aos creadores galegos se estades descartando aos que gañaron premios, entón só queren premiar aos que non gañaron nada. Coa "Danza das Bruxas" solo nos presentamos a ese, pero neste ao ter gañado o premio do Teatro do Miño  non nos permiten presentarnos. Eu tiña moita ilusión en presentarnos, para min "Dormes?" é mellor obra que "Danza das Bruxas", porque está máis traballada, máis recursos, máis medios técnicos, con proxección de vídeo, os bailes son marabillosos, pero este ano non podemos.

P: Que gañou "Dormes?"?
M. Carbajal: 

"Dormes?" ten varios premios, un foi o de Goián e outro son os Premios Buero Vallejo, neste último fomos gañadores da fase autonómica, e o Xoves 4 de Xuño xogámonos a final Nacional, de toda España van seleccionar tres.

P: Sabemos que todos os alumnos de "Dormes?" adórano, como se sinte un?
M. Carbajal:

Bueno, iso eu non o sabía. Eu síntome moi ben, eu aos alumnos quérolle moito. Xa vai máis alá de ensinarlles, téñolles cariño. Entón cando lle tes cariño a unha persoa iso se transmite, eu síntome moi ben con eles. Non sabía iso, pero non quero que me tomen como un icono ou unha representación porque todos cometemos erros, pero vamos síntome ben.

Unha gran representación: Dormes?

A obra de Teatro Dormes? naceu no ano 2007 no centro do MGB con alumnos de 1º de Bacharelato. A representación iniciouse como unha actividade extraescolar, que a día de hoxe encontráse xa en concursos a nivel nacional.
Algúns participantes da obra colaboraron connosco neste apartado, contestándonos a algunha pregunta sobre a representación.

Argumento da obra:

Cando se sabe que a realidade é real e non é un soño? Cómo descubrimos que é de verdade se o que sucede no soño se todo parece real? Cal é a barreira que separa a realidade do imaxinario? Con estas preguntas e reflexións nace "Dormes?" A trama da obra, e a súa posta en escena é parte do éxito. Céntrase nun personaxe histórico como é Xesús, e exponse a posibilidade de que se desperte un día soñando que era Deus. A representación comeza cunha personaxe supostamente morta no escenario que resulta que non está morta, é dicir, que non sabemos di está morta, si está viva ou si está soñando...ou si todo eso non é verdade. Hai unha proxección de vídeo que vai captando os supostos soños dun personaxe central, que van aparecendo, onde se vai creando un posible personaxe, todo eso tan entramado, e sen expresión verbal, vai contando a historia. Coa axuda dunha selección musical moi interesante, e cunha posta en escena de percusión, entre outras cousas, conséguese chamar a atención do público e facer vibrar os sentidos.


ENTREVISTA A ALBA CHAO (maio 2009

P: É este o primeiro proxecto teatral no que participades?
Alba Chao:
Sí, é o primeiro, foi unha gran experiencia.

P: Algunha vez fostes capaces de imaxinar que estaríades enriba dun escenario representando unha obra tan fabulosa como esta?
Alba Chao:
Non, a verdade é que nin sequera cando empezamos os primeiros ensaios pensamos que ía chegar a ser o que foi finalmente.

P: Como conseguistes compaxinar os estudos con ensaios da obra?
Alba Chao:
Tivemos sorte de contar co instituto os martes polas tardes tralas clases... e como era o día que máis cansos estábamos non era moi difícil tomar o tempo para ensaiar en vez de estudar.

P: No voso estreo en xuño do ano pasado, contábades con encher o teatro?
Alba Chao:
Non a verdade é que foi unha sorpresa, tanto eso como todas as actuacións posteriores, xa que pensábamos que ía quedar como a obra que era nun principio, unha obra do instituto entre compañeiros.

P: Como foi a vosa experiencia na obra?
Alba Chao:
Realmente impresionante, é indiscriptible, de verdade, Non sei,  foi algo moi especial, e hai que vivilo para saber o que significa realmente, porque é moito máis do que se pode chegar a ver ou intentar entender.

P: Esperábades o éxito que obtivo a obra?
Alba Chao:
Non, como xa dixen antes... pensábamos que ía quedar no que nun principio era. Non esperábamos chegar ata aquí nin seguir este ano coa obra, xa que é o segundo que a representamos, pensábamos que ía ser unha representación máis e punto, e resulta que xa levamos un ano enteiro con uns cantos premios.

P:Sabemos que estades participando en varios concursos, loitando por diferentes premios. Cóntanos algo sobre eles.
Alba Chao:
Bueno pois do que máis che podo falar é do concurso a nivel nacionaldos premios Buero Vallejo, que é o que de verdade nos interesa. Estamos a piques de actuar, xa que fomos finalistas da parte autonómica, e estamos a piques de representala de novo para saber se imos realmente unha semana a Madrid a formar parte duns talleres. Viríanos a ver un xurado dende Madrid e os de Buero Vallejo por suposto, e esperamos ter sorte porque soamente haberá tres finalistas que poderán chegar a Madrid. Bueno e logo están as mencións especiais que imos intentar loitar todo o grupo por elas.

P: Despois de quedar finalista no concurso do Teatro do Miño de Galicia, contabades co veredicto do público en Goiáns?
Alba Chao:
Non, sinceramente non. Pensábamos que de últimos non íamos quedar, pero non contabamos tampouco con gañar. A verdade é que cando chegamos alí pensamos que era unha nova oportunidade de actuar e de divertirnos e nada máis, tomámolo como unha diversión, e non nos esperábamos o premio. O domingo, que foi dous días despois da actuación, chomounos un compañeiro e comunicounos que acabábamos de gañar e non o críamos, pensábamos que estaba de broma, ademáis era tarde para o veredicto, e non o creíamos, pero bueno, foi unha gran sorpresa, e realmente inesperado.

P: Contades con gañar en Madrid?
Alba Chao:
Bueno en Madrid, referiraste a Buer Vallejo, que é a primeira fase, que en Madrid xa fixo que non gañamos (risas). Pois sinceramente non quero decir nada, porque é moi difícil, é moi complicado porque é unha competición dos dezasete mellores de toda España.

Entrevista a Mª Neves Soutelo e Antía Otero

ENTREVISTA REALIZADA A Mª NEVES SOUTELO VÁZQUEZ E A ANTÍA OTERO RODRÍGUEZ (27-MARZO-2009)

AUTORAS DA ENTREVISTA:

  • HELENA VILAR REBOLO (4º ESO B)
  • MARTA RODRÍGUEZ CASTRO (4º ESO B)

Entrevista a María N. Soutelo Vázquez

1-Cando comezaches a escribir poesía?
Este vindeiro día 1 de Abril cumprirei 15 anos de escrita. Xa había un substrato anterior, claro, non foi por arte de maxia. Pero ese día resultou como se un interruptor se acendese en min. E así, ata hoxe. E celébroo con máis ledicia que o meu nacemento.

2-Estás traballando nalgún proxecto literario actualmente?
Por suposto! Un nunca deixa de escribir, malia que non sempre quede satisfeito co traballo que fai. Iso é o que me pasa a min, son o meu propio tirano, a miña máis dolorosa crítica: se, unha vez rematado o que escribo non me convence o suficiente, desbótoo ou déixoo madurar. Ás veces, os textos precisan ser vistos dende unha nova perspectiva vital. Necesitan medrar, respirar...

3-Como te sentiches ao gañar o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e saber que a túa obra ía ser publicada?
Aínda non asumo o premio, nin a publicación. Pero significa un fito importante na miña vida. O premio, un premio (calquera que sexa), é a consecución dunha cota de recoñecemento ao esforzo e á dedicación en calquera área. A min deume pulos nun momento chave da miña vida.

4-Quen te animou para presentarte a dito certame?
Non foi unha persoa soa, senón o consello conxugado de moitos dos meus amigos e familiares. Quizais fose unha necesidade interna que todos e todas me animaron a transformar nunha realidade tanxible.

5-A que autor galego admiras máis? E autora?
É unha pregunta con trampa? : Éme difícil escoller a un autor ou a unha autora en concreto, pero postos a ter que dicir un nome (un clásico e un contemporáneo), deles quédome con Cunqueiro e con Rafa Villar.
Delas, con Rosalía e con Lupe Gómez.

6-Hai algún lugar especial no que te sintas máis inspirada para escribir?
Hai sitios para todo, ou para case todo. Non para inspirarse, a cociña dos versos vai na túa cabeza. Tomas ideas de calquera actividade cotiá, a Vida en si é a mellor inspiración. Pero de ter que escoller un lugar, quédome co mar en outono. Retroaliméntome del, e do sol. Malia ter nacido terra adentro.

7-Que sentes cando estás escribindo?
Escribir non é para min unha actividade emocional, senón racional. Concéntrome na escrita, no son das teclas, e todo ó redor perde importancia por un intre. Calquera cousa, calquera interrupción ou ruído me molesta.

8-Aparte de escribir, que outras afeccións che gusta realizar no teu tempo libre?
Durmir. Ir a algún concerto. Comer xelado. Ler ensaios de temática antropolóxica ou histórica. Cantar. Estar coas e cos amigos. Facer o que me pete, vaia.

9-Estudaches Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Atráete máis este ámbito ou os temas literarios?
Gusto moito da Arqueoloxía e procuro seguir en contacto con ese campo de estudo e traballo, aínda que non sexa a miña especialidade.
Estou bastante descolgada do mundo da literatura, a verdade. Aínda non sei se me atrae o suficiente, pero participo en recitais e actividades literarias sempre que teño oportunidade.

10-Que opinas sobre o papel da muller na actualidade no ámbito literario?
Non creo que debamos facer unha distinción de roles, nin unha discriminación positiva do papel da muller na literatura no tocante ao cuantitativo, malia que vaiamos sendo máis recoñecidas polo esforzo e o talento das autoras.
En canto a temáticas, é certo que a muller pode facer incidencia en campos, sentimentos ou actitudes de diferente calado que o home, pero coido que avanzamos cara a un momento de converxencia das escritas feminina e masculina, cara a unha nova visión conxunta da realidade que vivimos e que nos rodea.
É un bo momento. Corren tempos prósperos para a literatura galega.

Entrevista a Fátima Antía Otero


1-Sénteste actriz ou poeta?

( Risos) ... Esta pregunta sempre se lle soe facer a aquelas persoas que se adican a dúas facetas artísticas á vez... Por iso eu sempre respondo que ser poeta é algo que vén comigo, mentres que ser actriz é algo no que me tiven que formar e que hoxe en día é a miña profesión e vocación. Síntome a partes iguais.
De seguro que ningún Ministro que escriba se lle preguntaría se se sente máis ministro ou poeta..., non credes?... Ningunha cousa está berrada coa outra.

2-Prefires traballar na televisión ou no teatro? Cal dos dous requere unha maior dedicación?

Traballar na tele está ben porque, aínda que é un traballo moi concentrado no tempo e en enerxía, aprendes moita técnica, coñeces a compañeiros marabillosos e aínda por riba tes unha remuneración económica dabondo que despois che permíte abordar outros proxectos que che interesan a nivel artístico.... Pero o teatro é dende logo para min unha paixón. Nel sentes o proceso e este respira contigo. Cada día vaste coñecendo a ti, vas investigando na personaxe e sentes que o que fas ten "un aquí e un agora". Ademais sempre hai constantes cambios e veste obrigada a non despistarte nin un só segundo. Algo que se agradece cando estás metida nun longo proceso.
Na tele vai todo máis rodado e máis rápido. O actor ten outro tipo de implicación, porque son outros moitos os factores dos que se depende para que o produto chegue a bo porto: o económico ( cada día que se perde de gravar son cartos que non se recuperan ), a dirección, a realización, o son, a posprodución... No teatro a equipa é familia e iso nótase.

3-Que te impulsou a escribir?

Querer ter na miña posesión a estilográfica Monblanc inspirada en Greta Garbo!!!!
( risos )... Non, é broma... ou Non é broma... ( risos).O único que sei é que escribindo atopei unha maneira de comunicarme na que me sentía cómoda... Era coma un xogo. Xogar a intentar transmitir no papel o que se me pasaba pola cabeza e polas sensacións...que é o que pensaba.
Un aprende a falar porque quere chegar aos demais, non?, pois supoño que o mesmo ocorre coa escrita. Síntome cómoda e así sigo.

4-Porque escolliches "O son da xordeira" como título para o teu libro?

Penso que os cinco sentidos ( din que seis ) que ten o ser humano son fundamentais para percibir o que nos rodea. Pero hai algo que vai máis aló do puramente tanxible e que tende ao conceptual. Penso que vivimos nun mundo no que falamos moito pero escoitamos pouco. Co meu primeiro poemario " O son da xordeira", o que quixen foi escoitar a aquelas voces que eran silenciadas. Ás costureiras e ás traballadoras do téxtil que realizan os patróns da roupa que nunca levarán posta. Esa incongruencia foi sen dúbida ningunha o punto de partida para facerme eco dun son que é xordo porque ninguén o escoita.

5-Como membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en que proxectos estás a traballar?

Dende a AELG decidimos crear unha vicepresidencia que estivese ao corrente dos novos creadores e creadoras e de conseguir que vexan á asociación como unha plataforma. Traballamos nunha editora virtual e realizamos multitude de encontros, recitais, publicacións...

6-Estás licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, cres que debido ao teu labor como actriz deixaches apartada estoutra faceta?

Como comentaba antes, non creo que unha cousa estea berrada coa outra. Para min todo ten unha implicación. Non escribiría como escribo se non me tivese formado en todo o que me formei...
Historia da Arte é unha carreira que debe ser feita con gusto e como unha aprendizaxe a longo prazo. Constantemente estás aprendendo. O mundo da arte non para de se reproducir, e o historiador debe estar constantemente ao tanto das cousas que se están a creando, onde están os focos de debate.... Para min todo pode ser hibridado porque todo tende a enriquecerse se se fai con senso, gusto e contido. A poesía é arte, ao igual que a música, o teatro ou a banda deseñada. Dalgunha maneira nunca deixei de estar en contacto co mundo da arte porque traballo e vivo dela.

7-Botas de menos vivir na Estrada?

A verdade é que familiarmente sigo moi ligada á Estrada, así que non a boto moito de menos. O que si teño en falta son sensacións que me quedaron gravadas dende cativa e que moi poucas veces recupero... Boto de menos a aldea. Crieime nela tanto no Foxo ( que foi onde estudei ata os dez anos ) como as Quintas de Codeseda ( que é de onde son ). O cheiro dos castiñeiros do colexio do Foxo, a auga do Pazo de Oca e o seo dos tilos, os amenceres e a xiada nas Quintas de Codeseda ou as tardes de verán e herba seca nas leiras de Terreboredo son as cousas que me fan sentir das aldeas da Estrada.

8-O teu blog chámase "Agardando a Godot", por que decidiches ese nome?

Admiro a Samuel Beckett e ao seu " Agardando a Godot". Saber esperar é algo fundamental, pero se nos pasamos a vida agardando a que algo ocorra ( un soño, unha meta que queremos alcanzar ) o máis seguro é que nos esteamos perdendo o que de verdade está acontecendo por diante dos nosos ollos, e que verdadeiramente constrúe o noso camiño vital. Esa foi a grande ensinanza que me ofreceu o texto teatral de Beckett, unha obra na que o silencio está cheo de palabras e que dende aquí recomendo a todo o mundo.

9-Entre todas as autoras galegas, a quen admiras máis?

Hai moi boas autoras galegas. Dende Avelina Valladares á actulidade son moitas as voces que debería nomear e ás que lles debemos moito. De todos os xeitos, teño as miñas preferencias... Admiro ás mulleres que na década dos oitenta comezaron a abrir camiño nun mundo no que se cría que fundamentalmente había poetas e unhas cantas poetisas ( Ana Romaní, Pilar Pallarés foron e son unhas das voces máis interesantes)... Pero tamén é verdade que admiro a moitos homes e colegas que na actualidade escriben dende unha condición transxenérica ( como Eduardo Estévez polo seu minimalismo, Carlos Negro pola súa mirada que sempre complexa semella sinxela, ou a Estevo Creus polo arriscado e non (auto)censurado da súa escrita ).

10- Cres que é máis difícil para unha muller introducirse no mundo literario aínda na actualidade?

Non creo que na Galiza así sexa, ou polo menos dende a miña posición, non sinto que iso ocorra. Nos xuris soe haber mulleres poetas e nas listas de libros que saen á rúa hai nomes femininos. Máis non todo é tan doado. Se ben a muller si participa da literatura, na proxección literaria aínda lle queda camiño por percorrer. Ser muller, nova, independente, non fea e poeta... aínda xera prexuízos por parte dalgúns sectores.

______________________________________________________________________________________________________________

Antía di.- Moitas grazas por esta entrevista. Foi un pracer para min responder ás vosas preguntas. Un saúdo grande de aldea e asfalto.

 

 

Tequexetéldere

Ficha técnica
Estilo: Folklore.
Número de compoñentes: Son oito cantantes e pandereteiros e 18 bailaríns.
Lugar de nacemento: A Estrada, Ferrol e Noia.

Correo Electrónico: Tequexeteldere@a-estrada.org

 

Introdución:

Tequexetéldere é un grupo folk intengrado por persoas de moi distintas idades, entre elas encóntranse dúas alumnas do García Barros (Carme Méndez Galego e María López de la Calle). Amosan que a cultura galega é moi rica en moitos campos, concretamente no musical.

 

(Entrevista a María López de la Calle, Maio do 2009)

Como vos coñecestedes? É un grupo municipal que leva moito tempo, e a miúdo entra xente e vámonos coñecendo.

Cantos anos levades practicando? Eu levo no grupo 6 anos aprox. pero o grupo leva moitos anos.

Que tipo de música tocades? Música tradicional galega que recollemos nas aldeas.

Que tocades cada un? Tocamos todos principalmente a pandereta, pero tamen tocamos latas, botellas de anís, cunchas, tixolas etc.

Cantas horas ensaiades? Unhas 5 - 6 horas semanais . Se hai actuacións ensaiamos máis.

Levades moitos anos xuntos? Eu levo desde que entrei no grupo, pero o grupo leva moitos anos feito e segue entrando xente.

Houbo cambios no grupo? Si cambiamos de director fai 10 anos, isto nótase evidentemente, pero eu non o vivín.

Cando foi a vosa primeira actuación? O meu foi cando entrei no grupo no Auditorium de Galicia, pero o grupo xa tiña moitas actuación enriba.

Cantas actuacións levades? Non o sei.. Normalmente en primavera e verán facemos máis que o resto do ano, igual un cada fin de semana, depende, hai semanas que non facemos ningún e outras facemos dous ou tres.

Editastedes algún disco? Non, polo menos dende que eu estou alí.

O porqué do nome do grupo? Si. Este ano quedamos primeiros nun concurso en Vilagarcía, segundos nun na Coruña, gañamos tamén na Lanzada, actuamos nas xornadas do Apóstolo...

De onde sacastedes os traxes? Cando gañamos premios dannos cartos e con eles mercamos telas e facemos a roupa.

Tendes algún proxecto na mente? Que chegaran aos meus oídos, a longo prazo non moitos, pero as preocupacións principais agora son prepararnos para ir ós concursos e tamén estamos preparando unha gala na que se conta a historia do grupo e que é bastante especial para nós. Ademáis temos na mente algunhas viaxes e intercambios con outro grupos.

Pants Off

Ficha técnica
Estilo: Pop-Punk.
Compoñentes: Son 4 componentes; Diego, Román, Alfonso e Oscar.            
Lugar de nacemento: A Estrada.                                                                         
Páxina web: http://www.myspace.com/pantsoffband

 

Introdución:

Este grupo de pop-punk está integrado por un actual membro do instituto (Alfonso Valcárcel) e dous ex-membros (Óscar Varela e Román Terceiro). Son un dos poucos grupos deste xénero. A pesar de levar pouco tempo, estan dando moito que falar.

 

(Entrevista a Alfonso Valcárcel Rey, Maio do 2009)

Cómo vos coñecestedes? Rocky (Román), Varela (Óscar) e eu (Fonso) coincidimos na clase, a diego conocímolo de festa en Portonovo.

De quen foi a idea de formar o grupo? A idea xurdiu dun grupo anterior chamado nacional-614, que ensaiabamos nun baixo que teño na estrada.

Cantos membros sodes? Somos catro membros, un batería, dous guitarristas (un deles tamén é voz) e un baixista.

Que música tocades? Tocamos punk-rock.

Canto tempo levades tocando xuntos? Fai...sete meses aproximadamente coas últimas incorporacións.

Cantos días e horas adicades a ensaios? Ensaiamos 3 días á semana e unha hora cada día, gustaríanos poder ensaiar máis pero non podemos debido a que diego é de Lugo.

Que tocades cada un? Rocky (guitarra e voz), Diego (guitarra), Varela (batería) e eu (Fonso) o baixo.

Que influencias tedes? Blink 182, NWO, New Found Glory...

Cando foi o voso primeiro concerto? O noso primeiro concerto foi na Coruña, na Sala Mardigrass cun grupo chamado All The Cream.

Cantos levades? Pois nos sei fixo pero...uns quince concertos, moitos deles fora de A Estrada.

Tendes algún previsto? Pois a verdade é que si, temos moitos programados na xira de verán, dous na Estrada e o resto por Coruña, Oviedo, Vigo...na nosa páxina poderedes ver a fecha, hora e lugar.

Houbo cambios no grupo? Si, cambiamos o bateria, antes era Ray e agora Varela e introducimos outra guitarra, Diego, xa que antes só eramos tres.

O porqué do nome? O nome está sacado dun disco dun grupo que para nos é un simbolo, o grupo é blink 182 e o disco do cal sacamos o nome é "Take Off Your Pants And Jackets".

Tedes algún disco editado? Pois acabamos de sacar un EP chamado "Domingo a las 7", podédelo comprar a partir de cinco euros.

Tendes algún proxecto na mente? Si. Grabaremos un disco dixital totalmente gratis, cas primeiras cancións, o disco " Domingo a las 7" e quizás algunha sorpresa. Con este disco poderes disfrutar das nosas cancións e ver a melloria do grupo.

Equitación

Actualmente no MGB practica este deporte: O profesor Miguel Carbajal Porto

Este deporte consiste en carreiras de resistencia e de velocidade campo a través de 40Km a 160Km. No recorrido hai que seguir unhas balizas polas cales hai uns controis nos cales se asegura que se pasou polo recorrido. Se alguén se perde ten que volver ás balizas e continuar, se non estará descalificado.

Entrevista a Miguel Carbajal 

Realizada o xoves 26 de Marzo. 

Pregunta: ¿Cantas horas á semana lle dedicas a entrenar?Migel Carbajal Porto

Miguel Carbajal: "Dedícolle entre 18 e 20 horas semanais "

P: ¿En que consiste o entrenamento?

R: "Empezo cunha sesión de quencemento de 30 minutos, 20 minutos de trote, 20 de galope, 20 de trote e 30 minutos de enfriamento." 

P: ¿Canto tempo levas neste deporte?

R: "Levo 4 anos neste deporte" 

P: ¿Cal foi a túa peor experiencia neste deporte?

R: "Ser eliminado por chegar antes de tempo"

P: ¿E a millor?

R: "Gañar o campionato de España"

P: ¿En que consiste este deporte?

R: "Este deporte consiste en carreiras de velocidade e resistencia que oscilan entre os 40 km e os 160km"

P: ¿Que tal che foi no campionato de Cataluña?

R: "Non foi un campionato, foi unha proba-test internacional de 120km coa seleción española. Chegei no posto 14."

P: ¿Cal é o próximo evento no que participarás?

R: "Será o próximo 26 de xuño en Madrid, e será outra proba-test"

P: ¿Con que problemas te tes atopado en carreira?

R: "Problemas no marcaxe do percorrido, polo tanto perderme. Que o cabalo fose demasiado rápido e se puxese nervioso. Resbalou o cabalo no asfalto e ademais de iso que o cabalo se asustase."

P: ¿Como os tes solucionado?

R: "Volver a facer o percorrido. Ter que retirarme. Tratar de facer a respiración costoabdominal e vista panorámica, cousas que axudan a que o cabalo se relaxe."

P: ¿De cantas carreiras te tes retirado?¿por qué?

R: "De unha por un accidente"

P: ¿Que alimentación lle das ó cabalo?

R: "Pienso de competición, heno, aceites e forraxe hidropónico"

P: ¿Que coidados lle das ó cabalo?

R: "Pés aos cascos, botarlle graxas e masaxe da coroa. Plantillas especiais para impactos. Nas patas duchas de auga fría ao cambiar o entrenamento. Estiramentos, masaxes no dorso e na grupa."

P: ¿Como se chama o teu cabalo?

R: "Chámase Bala."

P: ¿De que raza é o teu cabalo?

R: "Angloárabe, cruce entre un pura sangre árabe e un pura sangre inglés".

Miguel Carbajal, entrevistado no Correo TV

Con motivo do recente premio concedico a Dormes?, o profesor Miguel Carbajal foi entrevistado o pasado venres no programa "Preguntoiro" do Correo TV.

Banda do MGB

Ficha técnica
Estilo: Todos los estilos, desde Bossanova ata música americana pasando por jazz.
Nome e número de compoñentes: son 6. Álvaro, Miguel, Arturo, María, Lucía, Juan, Cristina, Tato, Alex Ayude e Fátima
Lugar de nacemento: A Estrada.

 

Introdución:

A Banda do MGB está integrada totalmente por alumnos e profesores do Manuel García Barros. Tocan moitos estilos musicais e danlle un toque distinguido aos festivais do propio instituto.

 

(Entrevista a Álvaro Pérez Vilariño, Maio do 2009)

De onde xurdiu a idea de formar o grupo? Primeiro foi nunha cea, e logo, polo festival de nadal, comezaron a xurdir as ideas.

Algún de vos tocou noutro grupos? Miguel tocou en moitos grupos.

Canto tempo levades tocando xuntos? Dende Decembro comezamos a ensaiar para o festival de nada.

De que idade sodes cada un? Hai compoñentes de todas as idades.

Houbo cambios no grupo, respecto aos seus compoñentes? Si, hai continuos cambios, novas incorporacións...Non hai unha formación fixa.

Cando foi a vosa primeira actuación? No festival de nadal de 2008.

Poñedesvos nerviosos a hora de actuar? Un pouco si.

Destes algún concerto? Cando? En donde? Si, no festival de nadal e no festival da viaxe a París, no instituto e no teatro principal

Que instrumentos tocades cada un? Álvaro guitarra, Miguel toca todo, Arturo á voz, María toca o piano, Lucía a frauta, Juan adícase á percusión, Cristina é vocalista, Tato o baixo e José o baixo.

Canto tempo lle adicades a ensaiar? Os recreos dos mércores e venres.

Tendes algunha canción composta por vos? Non, de momento.

Tendes algún proxecto na mente? Si, temos dous proxectos. Temos dous temas para o festival de 4º da E.S.O. e imos preparar dous mais para o festival de 2º de bacharelato.


Mutant Squad

Ficha técnica
Estilo: Thrash metal
Compoñentes: Son 4; Atso (Plácido García), Duarte (Miguel Duarte), Caki (Francisco Calvo), Kampi (Campos)
Lugar de nacemento: A Estrada e Ramallosa
Páxina web: http://www.myspace.com/mutantsquadband

 

Introdución:

Mutant Squad é un grupo thrash metal que a pesar dos numerosos cambios de integrantes e o pouco tempo que levan xa constan dun certo público e xa levaron varios premios pola súa música. Este grupo está actualmente integrado por un só membro do García Barros, Plácido García Vicente.

 

(Entrevista a Plácido García Vicente, Maio do 2009)

Como vos coñecestedes? A formación actual xa non conta con dous dos membros fundadores, xa que Kampi e Duarte ocuparon o seu lugar. A estes dous coñecémolos nun dos concertos que demos na Estrada. Tanto Caki coma min (Plácido) coñecémonos dende pequenos.

De quen foi a idea de formar o grupo? A data na que se forma o grupo pode dar a confusións, xa que tanto Caki coma eu empezamos a tocar xuntos moito antes de formar o grupo que foi primeiro Vael e actualmente Mutant Squad. A idea de grupo sempre foi a mesma, pero non podemos considerar un único grupo na nosa evolución. O que me meteu a min as ganas de tocar foi Caki, actualmente na batería e que daquela tocaba a guitarra eléctrica. O actual grupo foi fundado finalmente por Bernabé, Caki e máis eu.

Cantos anos levades tocando? O grupo ten unha curta vida que vai mediados do 2007 ata hoxe. En canto ó tempo que levamos individualmente cos nosos instrumentos estaría a media entre os 3 e os 4 anos.

Algún de vos tocou noutros grupos? Caki tocou nun grupo chamado "Primera de cambio" pouco antes de formar o noso e agora mesmo participa nun proxecto con Loren, guitarrista dos aclamados Tevra. Duarte está actualmente en dous grupos máis: Anesthesia e Desequilibrio mental. Kampi tamén toca en Anesthesia.

Que música facedes? A nosa música recibe unha influenza fundamental dos grupos que a principios dos 80 comezaron a tocar Thrash metal na Bay Area dos EEUU, aínda que tamén toma moitos aspectos dun Thrash metal máis agresivo que se desenrolou en Alemaña pola mesma época. O estilo comezou coma unha fusión entre o heavy clásico de grupos como Judas Priest, Mercyful Fate ou Motorhead e a rapidez do punk dos 70, preceptores desto son os propios Motorhead. O resultado foi unha música máis rápida e directa que o Heavy Metal tomando ademais un compromiso máis firme coa sociedade mediante as letras. O Thrash Metal tivo a súa época dourada a finais dos 80, cos ascensos ás listas de Billboard de grupos como Metallica, Anthrax, Testament, Megadeth... Coa chegada nos 90 do nu metal o thrash perdeu a escasa repercusión que tiña nos medios, pero nunca quedou totalmente abandonado. Nestes últimos anos estamos a vivir un pequeno rexurdimento que esperamos alcance Galiza (pois xa se estendeu en España sobre todo na zona de Cataluña).

Qué instrumentos tocades cada un?

Plácido- Guitarra e voz principal

Duarte- Guitarra

Kampi- Baixo

Caki- Batería

De qué idade sodes? Entre 17 e 21 anos.

Canto tempo lle adicades o ensayo? Unha ínfima parte do que deberíamos. En principio ensaiamos unha vez á semana (os domingos). O normal sería que ensaiaramos polo menos tres días, pero sobre todo por culpa da miña axenda é bastante difícil. Antes dos concertos buscamos algúns días extra para repasar.

Canto tempo levades xuntos? Pois coa formación actual uns 3 ou 4 meses.

Cando foi o voso primeiro concerto? O primeiro concerto digamos "de verdade" fixémolo aínda co nome de Vael no Pub Inox da Estrada a principios do 2008 se non me trabuco.

Cantos concertos levades? Na Estrada fixemos uns cantos concertos aínda que non nos gusta tocar por aquí, xa que non temos público. Tocamos dúas veces no Pub Inox e unha no Inferno, ademais de concertos no Teatro Principal e na Festa do Salmón do ano pasado. En Caldas de Reis tamén tocamos unha vez. Tanto en Santiago como en Vigo facemos tantos concertos como podemos. Fixemos en cada unha desas cidades dous concertos e foron grandes experiencias. Agora mesmo temos programados outros dous en cada unha. Vigo é un sitio incrible para tocar, a xente vólvese tola e colléronnos moito cariño dende que tocaramos a primeira vez. No segundo concerto enchemos ata arriba o local!! Por certo tamén fixemos un desastroso concerto (con varios cortes de luz) a noite de San Xoán no Areal o ano pasado. Aínda así a noite que seguiu ó concerto foi máxica.

Editastedes algún disco? A principios de Maio entraremos a gravar o noso primeiro traballo nos estudios Mafia Records de Carballiño. Grabaremos 5 temas (un deles unha intro de un minuto escaso) e engadirémoslle unha das cancións que gravamos fai xa ben tempo. Se todo vai ben editarémolo como CD e deixarémonos de maquetas cutres!

O porqué do nome do grupo? Para calquera persoa que se mova dentro da escena do thrash o feito de escoitar un nome coma o noso xa significa que nos dedicamos a cultivar un thrash metal old school nada influenciado polos 90. Non sei para os demais pero iso para min é un reclamo moi efectivo xa que non se ve tódolos días.

Tendes algo na mente? Chegar o máis lonxe que poidamos, que falando en canto á industria musical non é moito, pero si musicalmente. Romper tódolos nosos límites e facer unha música que si, será ruidosa, pero tamén cunha mensaxe intelixente na súa lírica e a maior calidade técnica e musical posible.

Distribuir contido