HistoriaMGB
Acto de Despedida 2ºBACH, 15 de maio do 2024
Enviado por admin o 21 Maio, 2024 - 11:09
Seguindo o enlace pódense ver varias instantáneas do acto de graduación de 2º de bacharelato 2023/2024.
|
Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2024 - 09:2050 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.
Mural "grafiteado" no noso instituto.
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 10:45Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.
Quen puidera namoralas!
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 09:16Emotiva despedida ás profesoras Teresa Filloy e Marisa Otero. Alumnos e profesores do IES García Barros homenaxearon o pasado mércores 21 de xuño a estas dúas profesoras, agradecendo a súa dedicación e o seu exemplo ó longo destas décadas. O centro deséxalles un moi bo xubileo recordándolles que sempre serán benvidas nesta súa casa.
Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por XefeEstudos o 5 Maio, 2023 - 18:35
A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
|
Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Abril, 2023 - 20:06Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.
Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 14 Abril, 2023 - 14:14Entre o 16 e 20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.
8M , entrevistas a mulleres estradenses
Enviado por XefeEstudos o 20 Marzo, 2023 - 15:07Con motivo do 8M, o alumnado de Lingua castelá de 2º ESO fixo entrevistas a mulleres estradenses, como a que podedes ver no seguinte enlace. O noso agradecemento a todas elas, por permitir asomarnos ás súas experiencias persoais.
Olimpíada de Xeografía
Enviado por XefeEstudos o 9 Marzo, 2023 - 19:2227 de Xaneiro: día internacional da Shoá
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 22:55Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.
Magosto 2022
Enviado por XefeEstudos o 13 Novembro, 2022 - 17:01Despois de dous duros anos nos que se afrontou o reto da pandemia, no día de hoxe, Venres 11 de Novembro do 2022, tivo lugar a celebración do “Magosto”. Contamos con música tradicional, xogos populares (para o alumnado da ESO a 3ª e 4ª horas) e degustación de castañas asadas entre as 12:45 e as 14:15 horas. O tempo acompañou e foi unha xornada que retoma as nosas costumes tradicionais. Nos próximos días colgaremos un álbum de fotos da xornada.
Modelo
|
||
Cargos directivos |
|
|
Profesores |
Xeografía e Historia:
Física e Química:
|
|
Alumnos | 681 |
1971-1972
Curso 1971-72 |
||
Cargos directivos: |
Director: José Sánchez Reboredo (accidental) Vicedirector: Antonio Porta de la Encina Secretario: Mª Teresa Martínez de la Hidalga y Suso |
Xefe de estudos: Mauricio Maïssa Casenave Director espiritual: Manuel Castiñeira Rodríguez
|
Profesores: |
Xeografía e Historia: - Antonio Porta de la Encina -Beatriz Romero Blanco -Mercedes Campos Camiña
Física e Química: -Mª Teresa Martínez de la Hidalga y Suso -Fernandez Gómez Orriol -Carmen Pavón Vázquez -Mª Dolores Pedrares Neo
Lingua e Literatura castelá: -José Sánchez Reboredo -Ana Mª Platas Tasende -Mª Angeles Pardo Vigo -Mª Rosario Bellot Rosado
Latín: -Manuel Adolfo Baloira Bartolo -Mª Concepción Sanmartín Brey
Francés: -Mauricio Maïssa Casenave -Margarita Rodrigo Alegre -Leonor Taboada Fernández -Mª Pilar Bravo Fernández
Religión: -José Lorenzo González -José Manuel Lariño García
FEN: -María Vizoso Durán -Luis Carmelo Castro González |
Matemáticas: -Angel del Río Vázquez -Mª Carmen Ríos Iglesias -Jesús Garea Rodríguez
Inglés -Mª Rosario Bellot Rosado
Ciencias Naturais: -Antonio del Real Losada -José Nespeira Iglesias
Debuxo: -Mª Teresa Lesquereux Muñiz -Mª Luisa Andrade Couce
Grego: -Manuel Adolfo Baloira Bartolo
Filosofía: -Celestino Pérez de la Prieta
Educación Física: -María Vizoso Durán -Luis Carmelo Castro González -Mª Concepción Villar Durán -Antonio Barros Gómez -Francisco González Sánchez
Ensinanza do Fogar: -María Vizoso Durán
|
Alumnos: | 651 |
Curso 1986-87
|
||
Cargos
|
|
|
Profesores: |
Xeografía/Historia Física/Química - José A. Maroño Maña Lingua e Literatura Castelá
- Francisco Rodriguez Sanchez Latín
- C. Sande Meijide Francés
- Pilar Díaz Ferreiro
Religión Gallego
- C. P. Martínez Pereiras |
Matemáticas
- Miguel Ares Diñeiro Inglés
- J. M. Cuervo Resumil Ciencias Naturais - M. Antonio Fernández Rodriguez Debuxo - Mª Carmen Chao Moares Grego - Mª Dolores Cruz García Filosofía - Celestino Pérez de la Prieta Educación Física
- Celia Amenedo Villar FEN y Ensinaza do Fogar - Pura Torres Rodriguez |
Nº Alumnos: | 674 |
Borrar esta pagina
|
||
Cargos |
Director:
|
|
Profesores: |
Xeografía/Historia
Física/Química
Lingua e Literatura Castelá
Latín
Francés
Religión
|
Matemáticas
Inglés
Ciencias Naturais Debuxo Grego Filosofía
Educación Física
FEN y Ensinaza do Fogar
|
Nº Alumnos: |