Novas MeGaBiblio

8 de Marzo, día internacional das mulleres

A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"

   Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.

Estes foron os equipos e alumnos premiados:

1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B

  • GARCÍA SECO, RODRIGO
  • FERREIRO LEMOS, ANDREA
  • FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO

2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C

  • VIGO LÓPEZ, SAMUEL
  • IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN

3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C

  • MONTERO RAMOS, ARACELI
  • ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA

Lemos no Nadal

   Na MeGaBiblioteca queremos propocionarche lecturas para estes días de vacacións e de frío, pero, como tamén nos gustan as sorpresas, preparamos unha exposición con 51 libros "envoltos".

Escollimos 51 títulos diferentes, en galego, castelán e inglés.

   -Hai obras literarias e de divulgación.

   -Os envoltorios son nun 90% material reciclado. Se queres, podes traernos os lazos, plumas, flecos... e seguiremos Erre que erre (Reciclar, reusar, redeseñar...)

Cada un deles ten unha "vestimenta" e unha etiqueta que fan referencia ao seu contido, pero non imos dicirche nada máis...

   Se algunha das propostas che atrae, podes reservalo na mesa da bibliotecario a partir do venres 16 de decembro e, o día 21 de decembro no 1º recreo, podes vir recollelo (salvo que xa fose solicitado con antelación). Terás que devolver o exemplar á volta das vacacións de Nadal.

Se non tes tempo a achegarte á biblioteca a ver todos os paquetes, podes revisalos neste vídeo.

Móvil libros sorpresa 2022 de megabiblioteca

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

   Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.

   Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.

Enlace ao formulario Violencia en números

A MeGaBiblio en obras!

Dende o equipo da MeGaBiblio queremos informar a toda a Comunidade Educativa que nestes momentos o desorde que vedes é debido aos traballos de recolocación dos libros nos andeis e á adaptación ao novo sistema informático de xestión KOHA.

Esperemos poder ter as instalacións a punto o antes posible! Grazas pola vosa comprensión.

Sementando pensamentos

Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."


* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.

Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!

O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.

A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".

Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.

Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio

Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:

  • Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.

Podes vela nesta presentación de Genially!

Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa

Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:

Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da  Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.

Entrega dos carnets da MeGaBilioteca

Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:

  • Mércores 20 na 3.ª hora: 1.º ESO A (Inglés con Mª Ángel) e 1.º ESO C (Reforzo con Teresa Filloy) Entregarán os carnés: Nicolás Moure e Marco Montenegro, de 2º ESO B (en Tecnoloxía con Lorena)
  • Mércores 20 na 5ª hora: 1.º ESO B (Galego con María Mansilla).Entregarán os carnés: Mateo Villanueva (de 2.º ESO C, en Francés con Teresa Iglesias) e Ángela Caeiro (de 4.º ESO B, en Galego con Miguel Bugallo/Inés)
  • Xoves 21 na 5ª hora: 1.º ESO C (Francés con Alicia). Entregan os carnés: Aroa Carballo (de 3.º ESO C en Inglés con Fina Brea) e Roberto Vieites (de 3.º ESO A en Plástica con Celia).

"El emigrado", o luns nos pupitres!

O luns atoparedes nos vosos pupitres un exemplar de El emigrado, realizada pola Asociación Vagalumes para conmemorar o centenario deste xornal que publicaba a Sociedade de Fillos da Estrada en Cuba. Nel atoparedes unha interesante revisión dos persoeiros estradenses que participaron nos movementos renovadores da época como Acción republicana.

23f1d3a8-1536-4ef0-b938-123434511742.JPG

Aberto o servizo de préstamo para o verán da MeGaBiblio!

Se queredes levar un libro este verán podedes acceder ao servizo de préstamo da MeGaBiblio neste horario:

Luns 22: de 10:30 a 12:00 horas.

Martes 23: de 10:30 a 14:00 horas.

Xoves 25: de 11:00 a 12:00 horas.

Luns 29: de 11:00 a 12:00 horas.

Martes 30: de 10:00 a 11:45 horas.

Para devolver libros podedes entregalos en conserxería, no horario de atención ao público.

Que sabes da historia do colectivo LGTB+? Concurso na MeGaBiblio.

O pasado venres 14 de febreiro comenzou o concurso "Que sabes da historia do colectivo LGTB+?", que remata o 24 de febreiro. Se queres participar terás que responder a un cuestionario dispoñible na MeGabiblioteca. Haberá premios!

cartel concurso lgtbi.png
Distribuir contido