Novas MeGaBiblio
Mañá venres, hora de ler a 3ª hora!
Enviado por admin o 26 Novembro, 2015 - 19:39Recordámovos que mañá venres 27 de novembro a 3ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Mércores 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por admin o 23 Novembro, 2015 - 18:57Como xa sabedes dende a MeGaBiblio do IES MGB propoñemos unha serie de actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, o vindeiro mércores 25 de novembro:
- unha instalación de zapatos vermellos (Ponte nos seus zapatos) polos corredores e escaleiras.
- unha exposición de manifestacións da violencia (Para que non te pisen) Nas paredes dos corredores e os descansos das escaleiras
- unha exposición de materiais sobre a Violencia de Xénero (dentro da biblioteca)
- unha páxina web cunha relación de cancións sobre a temática
- ligazóns sobre o tema (Na aula virtual da MeGaBiblioteca)
Ademais, o mércores 25 ás 12'15, na rotonda, terá lugar unha concentración (1 minuto de silencio) á que acodirán os 3 centros IES da Estrada.
Temos un "boletín de participación" dispoñible no mostrador da biblioteca e que tamén se pode descargar dende aquí.
I Campionato mundial de Kahoot MGB
Enviado por admin o 19 Novembro, 2015 - 13:58Mañá venres no 2º recreo, na MeGaBiblioteca, terá lugar o I campionato Mundial MGB de Kahoot, no que participarán os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica.
Dende os seus teléfonos móviles tentarán responder a unha serie de preguntas relacionadas coa Vías romanas, a Via Nova, o campamento de Aquis Querquennis e o exército romano.
Haberá podium con tres doces agasallos para os vencedores!
O luns dá problemas!
Enviado por admin o 15 Novembro, 2015 - 21:49A partir do 16 de novembro, cada luns no primeiro recreo, na MeGaBiblioteca entregaremos unha proposta de actividades (sudokus, encrucillados...) para que os resolvas e os entregues no 1º recreo do venres desa semana.
O/os participantes que teñan máis actividades correctamente resoltas recibirán o título de "O pensador do mes", que irá acompañado dun agasallo.
Atrévete a romper un pouco a cabeza... As túas neuronas agradecerancho.
Imaxe: Wikipedia
Entrega de diplomas na MeGaBiblio
Enviado por admin o 26 Outubro, 2015 - 10:01O pasado venres tivo lugar na Biblioteca do Centro a entrega dos diplomas da Consellería aos axudantes da Biblioteca.
Tanto a Voz de Galicia como o Faro de Vigo fixéronse eco do acto nas súas páxinas. Nesta galería podedes ver máis imaxes da mesma.
Entrega de diplomas Axudantes de Biblioteca, vernes 2º recreo
Enviado por admin o 22 Outubro, 2015 - 19:09Este venres 22 de outubro no segundo recreo terá lugar na nosa MeGaBiblioteca a entrega dos diplomas outorgados pola Consellería de Xuventude aos axudantes de Biblioteca do curso pasado.
Pasa pola Biblio e quedarás sorprendid@, haberá unha sorpresa moi doce para ti. E ademais poderás ver a Exposición sobre "Investigacións e exploracións" que temos alí montada.
MeGaBiblio 2015/16
Enviado por admin o 21 Septembro, 2015 - 09:09Recordamos a tod@s que o servizo de préstamo da MeGaBiblioteca do MGB comezará a funcionar o vindeiro 1 de outubro.
Ata entón pódense seguir facendo as devolucións dos libros prestados no verán.
Prestamo de libros para o verán na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 17 Xuño, 2015 - 19:43O xoves 18 empeza o préstamo especial de libros para o verán. Ven a biblioteca e leva os libros para ir a praia e a piscina.
Boas vacacións lectoras!
Imaxe: zonachampions.es
Martes, 6ª hora, HORA DE LER!
Enviado por admin o 25 Maio, 2015 - 09:11Recordámovos que mañá martes 26 de maio a 6ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Martes, 5ª hora, HORA DE LER!
Enviado por admin o 18 Maio, 2015 - 16:49Recordámovos que mañá martes 19 de maio a 5ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Martes, 4ª hora, HORA DE LER!
Enviado por admin o 11 Maio, 2015 - 12:01Recordámovos que mañá martes a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Hora de Ler, martes 5 de maio, 3ª hora
Enviado por admin o 4 Maio, 2015 - 12:16Recordámovos que mañá a 3ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!
Martes 28 de abril, 2ª hora. Hora de Ler!
Enviado por admin o 27 Abril, 2015 - 12:25Recorda que este martes 28 de abril a 2ª hora poderás ler durante vinte minutos o que ti queiras!
Haikus no clube de lectura este mércores
Enviado por admin o 14 Abril, 2015 - 18:19Lembrade que mañá mércores temos xuntanza do clube de lectura ás 16:30 para xogar, ler, crear.... HAIKUS coma este...
Un vello estanque
Unha ra que se ensume
Ruído da auga
Furu-ike ya
Kawazu tobikomu
Mizu no oto
Matsuo Kinsaku «Bashō»
(Ueno 1644—Osaka, 12 de outubro de 1694 ou 28 de novembro de 1694)
Máis HAIKUS neste doc
Entrega de premios do "Lector do Mes"
Enviado por admin o 24 Febreiro, 2015 - 18:13O pasado luns fíxose a entrega dos premios "O LECTOR DO MES" aos alumnos Alba Vázquez Carballo e Guaire Fernández Amil. Noraboa!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »