Mércores 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero

Como xa sabedes dende a MeGaBiblio do IES MGB propoñemos unha serie de actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, o vindeiro mércores 25 de novembro:

  • unha instalación de zapatos vermellos (Ponte nos seus zapatos) polos corredores e escaleiras.
  • unha exposición de manifestacións da violencia (Para que non te pisen) Nas paredes dos corredores e os descansos das escaleiras
  • unha exposición de materiais sobre a Violencia de Xénero (dentro da biblioteca)
  • unha páxina web cunha relación de cancións sobre a temática
  • ligazóns sobre o tema (Na aula virtual da MeGaBiblioteca)

Ademais, o mércores 25 ás 12'15, na rotonda, terá lugar unha concentración (1 minuto de silencio) á que acodirán os 3 centros IES da Estrada.

Temos un "boletín de participación" dispoñible no mostrador da biblioteca e que tamén se pode descargar dende aquí.

25_de_novembro_dia_contra_violencia_de_xenero.jpg