Matemáticas
Visita a Galipark
Enviado por Vicedirec. o 4 Xuño, 2024 - 08:33O pasado martes 28 o alumando de 2º ESO tivo a oportunidade de achegarse ao recinto de multiaventuras, Galipark, en Extramundi (Padrón). Os alumnos experimentaron un día de retos e diversión, todo isto acompañado de exercicio ao aire libre. Puxeron a proba o seu vértigo enfrontándose a un circuíto de altura provistos de arneses, mosquetóns, tirolinas e obstáculos de equilibrio. Afinaron a súa puntería co tiro ao arco e unha actividade de laser tag. Finalmente refrescaron a súa tarde cunhas actividades acuáticas que nos deixaron impactantes imaxes deles descendendo polo tobogán de auga!!
Podedes ver as fotos na nosa galería Flickr.
Xinkana matemático-literaria
Enviado por Vicedirec. o 10 Abril, 2024 - 10:23Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Abril, 2023 - 20:06Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.
Programacións didácticas do Departamento de Matemáticas para o curso 2023-2024
Programacións didácticas por cursos
1º ESO | Matemáticas | |
2º ESO | ||
3º ESO | Matemáticas | |
4º ESO | ||
4º ESO | Matemáticas B | |
1º BACH |
Matemáticas I | |
1º BACH |
Matemáticas aplicadas ás CC SS I | |
2º BACH | Matemáticas II | |
2º BACH | Matemáticas aplicadas ás CC SS II | |
2º BACH | Métodos estatísticos e numéricos |
Día internacional das matemáticas, 3.14 (día de pi)
Enviado por XefeEstudos o 20 Marzo, 2023 - 19:26Con motivo da celebración do día internacional das matemáticas (14 de Marzo), no centro organizáronse os días 15 e 16 uns talleres lúdicos para alumnado da ESO con diversos xogos matemáticos, de estratexia, xeométricos, probabilísticos, etc. A creatividade, reflexión e constancia afloraron nos nosos alumnos e alumnas demostrando que son perfectamente capaces de comprender e superar algúns desafíos que non eran doados de resolver. O noso agradecemento aos membros do departamento de matemáticas por tan interesante experiencia.