Francés

Departamento de Francés

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
PROFESORADO Grupos
María Teresa Iglesias Yugat (Xefatura de departamento)

1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C:  Francés 2ª lingua estranxeira

2º ESO A e 2º ESO B: Francés 2ª lingua estranxeira

3º ESO A/B/PDC:  Francés 2ª lingua estranxeira

4º ESO A/B/C: Francés 2ª lingua estranxeira

1º BAC A/B/C:  Francés 2ª lingua estranxeira

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
LIBROS DE TEXTO
CURSO AUTOR TÍTULO EDITORIAL ANO I.S.B.N. LINGUA
1ESO

LES BLOGUEURS 1 A1.1

Cahier ePk&Lecture

--------------------

LES BLOGUEURS 1 A1.1

Livre ePk

MacMillan/Éditions Maison des Langues

978-84-19072-00-9

---------------------

978-84-18907-79-1

FRANCÉS

 

2ESO

LES BLOGUEURS 2 Cahier d’activités

-----------------------

LES BLOGUEURS 2 Livre de l’eléve

MacMillan/Éditions Maison des Langues

987-84-1157-031-2

--------------------


978-84-1157-030-5

FRANCÉS

 

3ESO

LES BLOGUEURS 3 A2.1

Cahier ePk&Lecture

--------------------

LES BLOGUEURS 3 A2.1

Livre ePk


MacMillan/Éditions Maison des Langues

978-84-19072-07-8

---------------------


978-84-19072-06-1

FRANCÉS

 

4ESO

LES BLOGUEURS 4 Cahier d’activités

------------------------

LES BLOGUEURS 4 Livre de l’eléve

MacMillan/Éditions Maison des Langues

978-84-1157-038-1

--------------------


978-84-1157-037-4

FRANCÉS

 

1BAC

LES BLOGUEURS 5B1

Cahier ePk&Lecture

------------------------

LES BLOGUEURS 5 1

Livre ePk

MacMillan/Éditions Maison des Langues

978-84-19702-14-6

---------------------


978-84-19072-13-9

FRANCÉS

 

Viaxe a París do alumnado de francés

Do 28 de abril ao 3 de maio alumnado de francés de 3º-4º ESO e 1º Bacharelato viaxou a París acompañado polas profesoras Teresa Iglesias e Anxos Gallur, e polo profesor Alejandro Iglesias. Visitaron os lugares más emblemáticos da cidade e tiveron unha fantástica experiencia. 

Todas as imaxes neste álbum de flickr

.

Contacontos en francés este xoves!

Mañá xoves 24 de febreiro Samuel Mountoumnjou virá ao noso centro a contarnos dous contos en francés.

  • A 2ª hora estará co alumnado de francés de 3º, 4º e 1º de Bacharelato,
  • e a 3ª hora co de 2º ESO.

Samuel é profesor de idiomas, formador, mediador intercultural e narrador. Naceu en Camerún e leva máis de dez anos organizando actividades enfocadas no libro e na comunicación oral.

Tes máis información sobre el nesta páxina.

Saída cultural a París organizada polo departamento de Francés

Un grupo de alumnos e alumnas do MGB están estes días disfrutando dunha viaxe cultural a París organizada polo departamento de Francés, acompañados polas profesoras Lorena Cambón e Rosa Mato.

 

Viaxe cultural a París

Alumn@s de 2º e 3º de ESO viaxaron o pasado domingo a París acompañad@s pol@s profesor@s María Armada e Miguel Bugallo. Estarán de volta o vindeiro venres 7 de abril. Agardamos que aprendan moito e que o pasen moi ben!

Paris.jpg

Premio de Poesía María Mariño para a profesora Teresa Iglesias Yugat

A nosa compañeira Teresa Iglesias Yugat vén de recibir o premio de poesía María Mariño. Recibiu o galardón o pasado sábado nunha gala literaria. Parabéns.

Saída Cultural a París

Alumnado da materia de francés ( cursos 3º ESO e 1º BACH) viaxarán a cidade de PARÍS entre os días 19 e 23 de marzo, visitando na capital francesa: Arc de Triomphe, Champs ElyséesChamp-de-Mars, Esplanade des Invalides, Bateau-bus, Louvre, Notre Dame, Saint Michel, Montmartre, Sacré Coeur e Torre Eiffel. A actividade está organizada polo departamento de francés. Os alumnos/as participantes estarán acompañados polas profesoras do centro, Chelo Vázquez e Patricia Pérez.

paris louvre.jpeg

Título Delf B1

As tres alumnas do centro: Carla, María e Paula presentadas ao exame na Alianza Francesa de Santiago no mes de maio obtiveron brillantemente este diploma. Noraboa

D.E.L.F.

Diplôme Élémentaire de Langue Française: Os alumn@s Eva, Noa, Marina, Marcos e Natalia presentáronse as probas superándoas con moi boas notas. Noraboa a estes alumn@s que xa están en posesión de dito diploma.

Intercambio con Francia

Un grupo de alumn@s, concretamente 21, de 3º ESO, 4º ESO, 1º bacharelato e 2º  bacharelato viaxarán a Francia entre os días 12 e 17 para realizar un intercambio co Collège Jean Jaurès, na cidade de Montfermeil. O obxectivo desta viaxe é ter a oportunidade durante uns días de adaptarse a horarios , comidas, ritmo de vida...diferentes. Despois da experiencia dos nosos alumn@s os compañeiros franceses terán a oportunidade de devolver a visita. Os estudantes estarán acompañados polos  profesores dona Irene Mejuto e don Mariano Casas.

Resultado do sorteo da cesta de Carnaval

O número premiado no sorteo da Cesta de Carnaval da excursión a París dos alumnos de 3º de ESO foi o 788.

A cesta foi recollida polo agraciado no transcurso do Festival celebrado o pasado venres 18 de marzo.

Festival "París la Nuit"

Este venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, celebrarase o festival "Paris La Nuit", con motivo da excursión a París dos alumnos de 3º de ESO, organizada polo Departamento de Francés. O programa de actuación será o seguinte:

1.-As mozas do Ximnasio Absolute, que bailarán funky.
2.-A profesora Marisa Otero e o alumno de 3º ESO, Manuel García, interpretarán Smile de Charles Chaplin.
3.-As alumnas de 3º e 4º ESO : Laura Vidal, Alexia Dominguez, Jessica Valladares, Andrea González e Alba Rodríguez,bailarán un remix de funky e hip hop.
4.-O grupo de rock The Weak Force.
5.-Monólogo de Lara Pantoja.
6.-O grupo Vacalouras
7.-A cantante e pianista Paty Miller.
8.-
O grupo Templanza

Ademais terá lugar o sorteo da cesta de Entroido e de distintos agasallos cedidos por tendas da Estrada. Non podes faltar!

cartel_paris_2011.jpg

Sorteo de cesta de Carnaval

Con motivo da excursión dos alumnos de Francés de 3º da E.S.O., o día 18 de marzo ás 21:00h., durante o Festival da viaxe a París no Teatro Principal da Estrada, vaise celebrar o sorteo dunha cesta de carnaval valorada en 150€. Pica en ler mais para ver a relación de produtos.

cesta_paris_2011.jpg

Fotos da visita á Cidade da Cultura

Xa están subidas á nosa galería de Flickr as fotos da visita á Cidade da Cultura, organizada polo Departamento de Francés, que levaron a cabo o pasado xoves 20 de xaneiro, os alumnos de 3º, 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato de Francés, que asistiran previamente á obra de teatro "Les femmes savantes" de Molière. Podedes velas dende aquí en modo presentación.

P1200045.JPG
Distribuir contido