Radio MGB

Xa está aquí EXTRA-RADIO

Xa está aquí EXTRA-RADIO, a emisora do García Barros. Debates sobre temas moi trascendentes e importantes para as nosas vidas: Cando chove moito, móllaste máis correndo ou andando?... Pódeselle botar froita as pizzas?...As notas de clase, mostran a intelixencia dos alumnos?...estes temas e moitos máis, debatidos con paixón, e ás veces mesmo con argumentos, pero sempre con respecto e educación, que para iso vimos ao instituto. Un debate semanal no que todo o mundo é benvido, toda opinión é importante, e no que, como na vida, o absurdo é moitas veces o punto de partida para chegar a algures.
Estade atentos. EXTRA-RADIO xa está ON AIR. Podedes oílo e baixalo na nosa páxina de Soundcloud, deseñada por Brais García e Guillermo Fernández. Que vos sexa leve!

Distribuir contido