Inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento" no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 19 Maio, 2022 - 16:27Así recollía a Voz de Galicia a inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento":
-----
Con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor Manuel García Barros o mestre e investigador estradense Carlos Loureiro e o editor Xesús Domínguez comisarian unha mostra titulada "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento".
A exposición, que se estreou na Casa das Letras, ten carácter itinerante e, de aquí a marzo, visitará todos os centros de ensino da Estrada. Onte inaugurouse no IES García Barros, para sementar a curiosidade polo home que da nome ao centro.
Fotografía de Miguel Souto
------
Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2022/2023
Enviado por admin o 19 Maio, 2022 - 11:26A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2022-2023.
O prazo de solicitude será do 19 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).
As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:
- Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
- Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .
- Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación xustificativa.
Para máis información consultar carta informativa ás familias
A adxudicación de Axudas de Material e a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, estárá dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 8 de xullo. Publicaremos aviso na web.
A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes 15 de xullo.
A entrega de libros realizarase en setembro. Coa listaxe definitiva publicaranse as indicacións.
Visita de estudos do alumnado de 3º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias
Enviado por Dep. Tecnoloxía o 18 Maio, 2022 - 22:32O alumnado de 3º de ESO realizou o martes 3 de maio unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias para a realización das súas clásicas actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:
Viaxe a París do alumnado de francés
Enviado por Coordinación TIC o 18 Maio, 2022 - 09:01Do 28 de abril ao 3 de maio alumnado de francés de 3º-4º ESO e 1º Bacharelato viaxou a París acompañado polas profesoras Teresa Iglesias e Anxos Gallur, e polo profesor Alejandro Iglesias. Visitaron os lugares más emblemáticos da cidade e tiveron unha fantástica experiencia.
Todas as imaxes neste álbum de flickr
.
Programa "Educar en Xustiza" - Dep. de Economía
Enviado por Coordinación TIC o 12 Maio, 2022 - 10:30Os alumnos de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron durante os días 3 e 10 de Maio no programa “Educar en Xustiza”, promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)
A actividade foi impartida polo Fiscal e a Xuíza, consistente na explicaciòn do funcionamento da Administración de Xustiza, tipos de xulgados, fases de instrucción e xuízo, dilixencias e tramitación dos expedientes, xurisdicción de menores e os seus dereitos e obrigas. Rematamos a visita coa asistencia a vista oral de varios xuízos na Sá do Penal do Tribunal de Xustiza de Santiago.
Actividade: promoción de estilos de vida saudables
Enviado por Coordinación TIC o 11 Maio, 2022 - 16:48O mércores, 11 de maio, o alumnado de 1° da ESO participou dunha actividade de promoción de estilos de vida saudables no Teatro Principal.
O Concello da Estrada, dentro do Pan Local de Saúde, convocou a escolares de todos os centros educativos do Concello a unha xornada que combinaba a explicación da pediatra sobre a importancia da práctica de exercicio físico saudable con unha andaina colectiva.
Os departamentos de EF dos diferentes centros aproveitaron a ocasión para reinvindicar a necesidade de ampliar o número de horas da materia de educación física dentro do sistema educativo. Profesorado e alumnado levaba unhas pegatinas con este lema , “+EF”, que xa tiñan preparadas con motivo do día de EF na rúa, que se suspendeu o pasado mes por mor das condicóns climatolóxicas.
O noso centro participou activamente na organización destas xornadas, colaborando co Servizo de Deportes e coa pediatra do centro de Saúde, por considerar a colaboración dos diferentes entidades locais como un pilar fundamental de cara a acadar os obxectivos do proxecto Edu-Saúde.
Podedes ver as imaxes neste álbum de Flickr.
A actividade foi recollida tamén pola prensa, podes lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
Nova actividade de "Escola de Familias", mércores 11 de maio
Enviado por Coordinación TIC o 9 Maio, 2022 - 18:05Unha nova actividade de Escola de familias, "Cara unha educación consciente", terá lugar este mércores, 11 de maio ás 19:30 horas.
O relatorio será conducido pola psicopedagoga Ana Fontán.
Será por streaming no enlace www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar.
Tamén podes consultar o cartaz do evento.
Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos
Enviado por Coordinación TIC o 5 Maio, 2022 - 20:54Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada.
De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:
- Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.
A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.
Noraboa aos premiados!
A MeGaBiblio en obras!
Enviado por Coordinación TIC o 4 Maio, 2022 - 12:13Dende o equipo da MeGaBiblio queremos informar a toda a Comunidade Educativa que nestes momentos o desorde que vedes é debido aos traballos de recolocación dos libros nos andeis e á adaptación ao novo sistema informático de xestión KOHA.
Esperemos poder ter as instalacións a punto o antes posible! Grazas pola vosa comprensión.
Actividade "Educar no uso de Internet e as TIC", venres 6 maio 20:00 horas
Enviado por Coordinación TIC o 3 Maio, 2022 - 18:22O vindeiro venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a actividade de Escola de familias "Educar no uso de internet e as TIC".
Estará dirixida por Patricia Gómez, psicóloga especialista e integrante da Unidade de Psicoloxía do consumidor e do usario da USC.
Será por streaming dende a ligazón www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar.
Admisión de alumnado para o curso 2022-2023
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2022 - 12:41Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión, dentro do prazo establecido, está admitido no centro para o curso 2022-2023.
As solicitudes fóra de prazo están á espera da resolución por parte da Inspección Educativa.
* O alumnado que veña para 1º de bacharelato debe ter en conta o prazo excepcional este ano (só ata o 12 de maio) para a solicitude de bolsa (beca) para o curso que ven. Se non foron informados no seu centro actual consulten a noticia publicada un pouco máis abaixo nesta web.
Viaxe a Valencia, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por Coordinación TIC o 21 Abril, 2022 - 08:11Durante os días 6, 7, 8 e 9 de abril, o alumnado de Latín de 1º e 2º de Bacharelato realizou unha viaxe de estudos a Valencia dentro do proxecto estatal de agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", do que forma parte o MGB xunto cos centros IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida. Estiveron acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
O primeiro día tivo lugar unha visita guiada polo centro da cidade de Valencia: torres de Serrano, pazo da Generalitat, catedral, Lonxa, e outros monumentos e lugares de interese. O xoves achegámonos ata o Museo arqueolóxico de Alicante e o castelo de Santa Bárbara, e xa pola tarde, ao VilaMuseu de La Vila Joiosa. O venres foi o día dos Ludi Saguntini, onde despois de realizar varios obradoiros (latine loquendo, escritura) subimos ata o teatro de Sagunto para ver a representación dunha obra de Plauto, a Aulularia. Na baixada, parada na Domus Baebia, aula didáctica de Cultura Clásica. A tarde foi para a visita á praia da Malvarrosa e de novo o centro de Valencia. Despedimos a esta fermosa cidade o sábado, coa visita ao Oceanográfic e á cidade das artes e das ciencias.
Neste álbum de Flickr pódense ver as imaxes da viaxe.
Charla de Economía - Programa Eduemprende
Enviado por Coordinación TIC o 21 Abril, 2022 - 07:56Este martes 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistíu no salón de actos do centro a unha charla organizada pola Consellería de Educación dentro do Programa Eduemprende en colaboración con Afundación (Obra Social ABANCA).
A ponente foi Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación e a temática da mesma “Tendencias económicas que van marcar a economía do futuro”, resoltou de gran interese para o alumnado.
Sendeirismo no MGB, conmemorando o Día Mundial da Actividade Física
Enviado por Coordinación TIC o 18 Abril, 2022 - 20:53Ao longo deste mes de abril, o noso centro concentrará a posta en común das iniciativas realizadas dentro do proxecto EDUsaúde de promoción de estilos de vida activos e saudables, realizadas este curso no IES Manuel García Barros.
O mércores 6 de abril conmemórase o Día Mundial da Actividade Física e dende o proxecto EDUsaúde promovéronse camiñatas seguindo a Ruta da Zona Deportiva, na contorna do noso centro. Aproveitando o bo tempo o profesorado de educación física, nas súas clases, e tamén todos profesorado do centro nas gardas activas, estivemos a camiñar nos últimos días, conseguindo sumar máis movemento na nosa xornada escolar.
Podedes ver todas as imaxes neste álbum de Flickr.
Nesta última semana da avaliación tentaremos sumarnos a máis iniciativas activas como as xornadas activate ou "baila la pena" de Macaco, promovidas pola Fundación Gasol.
Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2022-2023
Enviado por Secret. o 8 Abril, 2022 - 12:07Esta convocatoria do Ministerio de Educación é só para alumnado que para curso 2022-23, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria.
(É dicir, pode solicitarla alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato)
Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2022-2023 adiantouse: é do 30 de marzo aó 12 de maio de 2022.
Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e sobre setembro poderás cambialos.
Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación (no centro non hai que facer nada)
Tes toda a información necesaria neste enlace.
