Charla sobre o consumo responsable e sostible
Enviado por Coordinación TIC o 30 Marzo, 2022 - 16:54Hoxe, mércores 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na materia de Economía participou nun charla impartida pola Escola Galega de Consumo sobre Consumo responsable e sostible, Etiquetado dos alimentos e a Axenda 2030.
Jugger nas clases de educación física
Enviado por Coordinación TIC o 28 Marzo, 2022 - 11:46A pasada semana o alumnado de primeiro de bacharelato do noso centro recibiu a visita de dous profesores convidados dentro do proxecto de promoción de estilos de vida saudables, EDUsaúde.
Lucy e Roi, da Asociación Xuvenil A Estación, explicaron en que consiste esta actividade deportiva, trouxeron os materiais, fixeron xogos e participaron activamente nun encontro de Jugger.
A experiencia, enmarcada dentro da iniciativa do departamento de educación física de promocionar as actividades físicas na contorna, resultou moi positiva e esperamos que axude a que o alumnado atope unha opción para desfrutar do seu tempo de ocio dun xeito activo.
Podes ver máis imaxes e un pequeno vídeo deste evente neste álbum de Flickr.
Escola de familias
Enviado por Coordinación TIC o 28 Marzo, 2022 - 11:40Neste arquivo pódese atopar o programa da Escola de familias que se vai a desenvolver proximamente e no que está convidada a participar toda a comunidade educativa .
O programa consta dun ciclo de conferencias e obradoiros, combinando as modalidades en liña e presencial.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Coordinación TIC o 22 Marzo, 2022 - 20:15O luns 21 de marzo os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía visitaron o Parlamento de Galicia.
Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde protagonizaron un breve debate parlamentario.
Acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.
Podes ver todas as fotos neste album de Flickr.
Día da muller no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 11 Marzo, 2022 - 13:06Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de Lingua castelá e Literatura de 1º ESO fixo uns carteis con imaxes de mulleres importantes nos ámbitos da arte, da escritura, da ciencia e do deporte. Seleccionamos doce en cada caso, aínda que sabemos que poderiamos incluír moitísimas máis nestas fiestras moradas. Podedes ver os carteis no corredor de 1º.
Charla da USC para o alumnado de 2º BAC
Enviado por Coordinación TIC o 10 Marzo, 2022 - 18:11Mañá venres 11 de marzo terá lugar a charla da USC, organizada polo departamento de Orientación, para o alumnado de 2⁰ BAC co seguinte horario:
- 11:35-12:25: 2º BAC C e D.
- 12:45-13:35: 2º BAC A e B.
Visita de alumnado de 2º BAC a Santiago
Enviado por Coordinación TIC o 9 Marzo, 2022 - 21:29O mércores 9 de marzo o alumnado de Xeografía, Patrimonio e Historia da Arte viaxaron a Santiago.
Os alumnos de xeografía participaron na Olimpiada de Xeografía que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia da USC.
Ao mesmo tempo o resto do grupo visitou a catedral, as súas cubertas, o museo e o pazo de Xelmírez.
Remataron a xornada cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria.
Podes ver máis imaxes neste álbum de Flickr.
Entroido 2022 en Flickr
Enviado por Coordinación TIC o 3 Marzo, 2022 - 21:57Xa podes ver todas as imaxes do Entroido neste álbum de Flickr!
Sementando pensamentos
Enviado por Coordinación TIC o 25 Febreiro, 2022 - 09:58Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Brigantium MMXXII
Enviado por Coordinación TIC o 24 Febreiro, 2022 - 14:23Vídeo da viaxe á Coruña dos alumnos de Latín e Cultura Clásica do IES MGB para asistir ás representacións do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia na Coruña, o 22 de febreiro de 2022. Obras representadas: Hécuba de Eurípides (Grupo Noite Bohemia) e Asinaria de Plauto (Grupo Corzos Reunidos).
Contacontos en francés este xoves!
Enviado por Coordinación TIC o 23 Febreiro, 2022 - 18:08Mañá xoves 24 de febreiro Samuel Mountoumnjou virá ao noso centro a contarnos dous contos en francés.
- A 2ª hora estará co alumnado de francés de 3º, 4º e 1º de Bacharelato,
- e a 3ª hora co de 2º ESO.
Samuel é profesor de idiomas, formador, mediador intercultural e narrador. Naceu en Camerún e leva máis de dez anos organizando actividades enfocadas no libro e na comunicación oral.
Tes máis información sobre el nesta páxina.
Vídeo sobre a exposición da Shoa no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 21 Febreiro, 2022 - 18:04Vídeo do acto inaugural da posta en marcha no MGB da exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" sobre a SHOA.
Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22
Enviado por Coordinación TIC o 17 Febreiro, 2022 - 18:15O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.
Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.
Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!
Enviado por Coordinación TIC o 17 Febreiro, 2022 - 18:02O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.
A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".
Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.
Estela Area-Gómez no 11F, "O día da muller e da nena na ciencia"
Enviado por Coordinación TIC o 13 Febreiro, 2022 - 23:35O alumnado de Física e Química e Bioloxía de 4º de ESO, a través do programa CONÓCELAS, tivo a sorte de coñecer de preto o día a día desta investigadora, que partiu da Coruña para estudar bioloxía en Compostela, logo cursar o seu mestrado en Madrid e saltar ata a universidade de Columbia en Nova York, onde puido satisfacer a súa ansia de coñecer os mecanismos de funcionamento do cerebro e todo o relacionado co Alzhéimer e o ELA.
Alegrámonos de que Estela se atope de novo na casa, traballando en Madrid no CIB.
Grazas Estela polo teu traballo a prol da saúde de todas e todos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
