Charla martes 2 de abril de 12.45 a 14.25. "Invisibles: mulleres represaliadas na Guerra Civil", por Montse Fajardo

Mañá martes martes 2 de abril, nas dúas últimas horas (de 12.45 a 14.25), terá lugar na sala de usos múltiples unha charla impartida por Montse Fajardo que leva por título "Invisibles: mulleres represaliadas na Guerra Civil".

Asistirán 4º ESO A, 4º ESO C e 3º PMAR.

Todo o profesorado que desexe acudir esá invitado.

Reunión Clube de lectura, martes 2 de abril

Mañá martes 2 de abril o Club de lectura NA Estrada-525 reunirase na hora de xantar para compartir lecturas monstruosas:

Escarlatina, a cociñeira difunta e Frankenstein.

Exposición sobre a "Guerra Civil" na MeGaBiblioteca

militantes-guerra-civil-660x330.jpg

O día 1 de abril cúmprense os 80 anos do final da Guerra Civil, na biblioteca temos unha exposición de materiais  sobre a temática para axudar ao profesorado que desexe traballar sobre ese tema esta semana.

 

Alumnos de MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Aarón Cela Riveiro,  Breogán Fontenla Rosende,  José Lamiño Rosende, Alberto López Constenla e Borja Ferreiro Torres participarán o venres 5 de abril na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto.

Charla ABAU 2019 impartida polo profesor Augusto Otero o vindeiro 4 de abril

XOVES 4 de ABRIL todo o alumnado de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “ABAU 2019: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición

O alumnado de segundo de bacharelato de artes do IES Manuel García Barros presenta a súa primeira exposición no concello de A Estrada, baixo o nome de "Arte Z". Levarase a cabo dende o luns día 1 de abril até o sábado 13 de 18:00 a 20:00 abrindo os sábados de 11:00 a 13:00 (con excepción dos domingos).

21 de marzo: día Mundial do Síndrome de Down

Con motivo do Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down a Federación Down Galicia  lanzou a campaña de visibilización e sensibilización Tan diferentes como iguais. Con esta proposta, o movemento Down, en Galicia, pretende poñer en valor o concepto da diferenza e tamén dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos 

Viaxe cultural a Italia

O alumnado do MGB e as profesoras acompañantes xa están de volta da súa intensa viaxe cultural polo norte de Italia.

Fridays for future

Un grupo de alumnos do Bacharelato de Artes fixeron onte unha pintada na entrada do centro como mostra de apoio ao movemento polo cambio climático. Podes ler a noticia que recolle a prensa. 

Faro de Vigo.

Finanzas para mortais

O alumnado de Economía da Empresa de 2ª de bacharelato participou os días 7 e 13 de marzo en dúas charlas formativas dentro do Programa Finanzas para Mortais en colaboración co Banco Santander e coordinado polo Dpto. de Economía. A actividade completouse coa visita á oficina Smart Red de A Estrada.

Alumnado de Bioloxía do MGB no Unistem Day

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu hoxe á xornada Unistem Day celebrada da facultade de Medicina da USC. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Saída cultural a París organizada polo departamento de Francés

Un grupo de alumnos e alumnas do MGB están estes días disfrutando dunha viaxe cultural a París organizada polo departamento de Francés, acompañados polas profesoras Lorena Cambón e Rosa Mato.

 

Reto Lector, venres 15 de marzo

Captura de pantalla 2019-03-14 a las 8.39.47.png

Como cada día 15, ven mañá venres a cuñar o teu carné do reto lector e leva a seguinte proposta!

Agardámoste o venres 15 no 2º recreo.

Programa especial de nutrición literaria (xoves 2º recreo)

Os xoves no 2º recreo ven disfrutar do programa especial de nutrición literaria. Le, recita, declama en voz alta un poema propio ou alleo e comprobarás como alimenta o espíritu.

Comeza este xoves 14 de marzo. Estamos a celebrar o Día da poesía, o 21 de marzo .

Día da muller. Charla e documental.

Captura de pantalla 2019-03-12 08.56.23.png

Hoxe, 12 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas escolares dos tres IES da Estrada organizamos, no auditorio da AGASP, dúas actividades:

  • Charla de Aurora Marco para 4º de ESO e 1º de Bacharelato de 10.30 a 12.00 horas e
  • Proxección do documental Tecido resistente e, posterior coloquio coa directora do mesmo, Marina Chiavegatto; para 3º de ESO de 12.30 a 14.00.

** Hoxe, ademais, xantamos xuntos os membros do club de lectura (os corredoiras e as autoestradas). Agardámoste!

Distribuir contido