Festa das Palabras, xuño do 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Xuño, 2023 - 23:01O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña a escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.
Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.
Enviado por XefeEstudos o 5 Xuño, 2023 - 10:16Unha medallista entre o noso alumnado de 1º de bacharelato
Enviado por XefeEstudos o 1 Xuño, 2023 - 10:19O noso centro congratúlase de ter unha alumna medallista no Campeonato de Galicia Sub-18. Noraboa a todas pola notable participación e felicitacións á nosa alumna medallista.
Clip musical do alumnado de artes escénicas de 4ºESO
Enviado por XefeEstudos o 31 Maio, 2023 - 19:46OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO
Enviado por XefeEstudos o 27 Maio, 2023 - 00:33O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.
O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.
Charla de ASANOG, 24 de maio de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Maio, 2023 - 12:08O mércores 24 de maio a “Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia” (ASANOG) visitou o noso centro para impartir unhas charlas ao alumnado de ESO. Grazas por compartir connosco a vosa experiencia, facernos reflexionar e fomentar a solidariedade.
Acto de Despedida 2ºBACH, maio 2023
Enviado por XefeEstudos o 19 Maio, 2023 - 13:56Na lligazón podedes ver o vídeo da despedida de 2º de bacharelato 2022/2023. Parabéns a todos e todas, e grazas a Carlota Torrado e Carlota Abalo por facelo.
Seguindo o enlace pódense ver varias instantáneas do acto de graduación.
Charla da ABAU 2023
Enviado por XefeEstudos o 18 Maio, 2023 - 22:48Logo da charla impartida polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2023, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
Excursión Fragas do Eume, maio 2023
Enviado por XefeEstudos o 13 Maio, 2023 - 16:42Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por XefeEstudos o 5 Maio, 2023 - 18:35
A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
|
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 5 Maio, 2023 - 10:50Durante os próximos 10 días, do 8 ao 22 de maio, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO e Bacharelato.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Premios Extraordinarios de Bacharelato 22/23
Enviado por Secret. o 5 Maio, 2023 - 08:59O alumnado que ao finalizar os estudos teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir ás probas para acadar un dos 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato convocados pola Consellería de Educación.
O alumno ou alumna que acade un:
- Recibirá un premio de 1000 Euros en metálico.
- Estará exento do pago de matrícula no primeiro curso da Universidade nun centro público.
- Poderá optar aos Premios Nacionais de Bacharelato.
O prazo de matrícula (non se pode facer no centro) é do 26 de abril ó 25 de maio.
As probas terán lugar o 14 de xuño nos lugares que se publicarán proximamente.
A información completa da Orde de convocatoria podes encontrala no seguinte enlace.
O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 22:21O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.
Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 09:18O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.
Día da EF na Rúa na Estrada
Enviado por XefeEstudos o 27 Abril, 2023 - 13:37- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »