IMPORTANTE: comunicacións relativas á COVID-19

Todas as comunicacións relativas á COVID-19 deben realizarse a través do seguinte enderezo electrónico:

coordinacion-covid@iesgarciabarros.org

Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) don Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da  Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.

Visita do alumnado de 3º ESO a Santiago

O pasado mércores 13 de outubro o alumnado de 3º ESO viaxou a Santiago para visitar a cidade e asistir á representación teatral "Tacao" da compañía MOVING COMPASS, no marco da XXVI edición do Festival Internacional de Títeres de Santiago de Compostela.

Santiago_500.jpeg

Entrega dos carnets da MeGaBilioteca

Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:

  • Mércores 20 na 3.ª hora: 1.º ESO A (Inglés con Mª Ángel) e 1.º ESO C (Reforzo con Teresa Filloy) Entregarán os carnés: Nicolás Moure e Marco Montenegro, de 2º ESO B (en Tecnoloxía con Lorena)
  • Mércores 20 na 5ª hora: 1.º ESO B (Galego con María Mansilla).Entregarán os carnés: Mateo Villanueva (de 2.º ESO C, en Francés con Teresa Iglesias) e Ángela Caeiro (de 4.º ESO B, en Galego con Miguel Bugallo/Inés)
  • Xoves 21 na 5ª hora: 1.º ESO C (Francés con Alicia). Entregan os carnés: Aroa Carballo (de 3.º ESO C en Inglés con Fina Brea) e Roberto Vieites (de 3.º ESO A en Plástica con Celia).

Visita a IBERLUFFA polo alumnado de 2BAC

O martes 5 de outubro o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía da empresa e FUAX visitou a empresa IBERLUFFA (Ibérica de exponxas vexetais) en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na plantación de luffas coas explicacións do proceso produtivo, características do froito, fermentación e secado, deseño e troquelado, comercialización do produto e loxística da empresa.

A actividade foi organizada polo departamento de Ecomomía e os alumnos estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo (máis imaxes neste álbum)

E se aínda non sabes o que é unha luffa, consulta esta páxina!

Reunións d@s titor@s e equipo directivo coas familias da ESO

Retomamos as reunións de familias, equipo directivo e titores para a ESO (tedes un aviso en Abalar Móbil) cunha reunión conxunta inicial no patio cuberto. O calendario será o seguinte:
Xoves 7 de outubro:
19:00 horas, 1º da ESO.
19:30 horas, 2º da ESO.
Mércores 13 de outubro:
19:00 horas, 3º ESO
19:30 horas, 4º ESO

Reparto de libros para Bacharelato da ANPA

O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase o próximo venres, 17 de setembro, na Biblioteca, accedendo pola porta que da ao exterior, despois da presentación do seu grupo

Reparto de libros do Fondo Solidario para a ESO

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes, 14 de setembro, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase nas seguintes datas e horarios:

       Grupo       XOVES, 16 DE SETEMBRO                   Grupo       VENRES, 17 DE SETEMBRO
1º ESO A 9:45h - 10:15h 3º ESO A 9:45h - 10:15h
1º ESO B 10:15h - 10:45h 3º ESO B 10:15h - 10:45h
1º ESO C 10:45h - 11:15h 3º ESO C 10:45h - 11:15h
2º ESO A 11:30h - 12:00h 4º ESO A 11:30h - 12:00h
2º ESO B 12:00h - 12:30h 4º ESO B 12:00h - 12:30h
2º ESO C 12:30h - 13:00h

O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmo e lles indicarán a onde dirixirse.

Comezo do novo curso 2021-2022: presentacións e instrucións iniciais

As presentacións levaranse a cabo os días 15, 16 e 17 de setembro co seguinte horario:

  Mércores 15 de setembro 
  Xoves 16 de setembro 
  Venres 17 de setembro 
10:30h 1º ESO A 9:30h 3º ESO A 9:30h 1º BAC A
11:15h 1º ESO B 10:00h 3º ESO B 10:15h 1º BAC B
12:00h 1º ESO C 10:30h 3º ESO C 11:00h 1º BAC C
12:45h 2º ESO A 11:00h 4º ESO A 11:45h 2º BAC A
13:15h 2º ESO B 11:30h 4º ESO B 12:15h 2º BAC B
13:45h 2º ESO C 12:45h 2º BAC C
13:15h 2º BAC D

Ao longo do martes 14 de setembro se informará ás familias, a través do Abalar Móbil, dos grupos de alumnado.

INSTRUCCIÓNS INICIAIS PARA O CURSO 2021-2022.

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE (o alumnado deberá traela asinada o día da presentación)

Información Setembro

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.

Só os pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario dos vales de material, que aprobou todo en xuño e xa está matriculado, poden recoller os vales entre os días 14 e 21 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 13h.

Desenvolvemento do Programa Meteoescolas durante o curso 2020-21

O profesorado que coordina o programa Meteoescolas no noso centro quere facer balance do desenvolvemento de dito proxecto este curso facendo constar os seguintes agradecementos:

  • Ao alumnado de 3º de ESO e 1º BAC A pola profesional e sistemática recollida de datos meteorolóxicos ao longo de todo o curso (actividade que realizou cada día unha parella durante a 1ª hora de clase).
  • Aos alumnos Adrián Blanco e Daniel Ruibal de 1º de BAC A pola montaxe electrónica da estación de calidade do aire sacrificando os seus recreos do mes de maio.
  • Ao profesor Arturo Vizcarra por ceder altruistamente unha tablet que facilitou a recollida de datos por parte do alumnado na estación meteorolóxica manual.
  • Á profesora Patricia Pérez por colaborar co seu grupo dos mércores a 1ª hora na recollida de datos da estación meteorolóxica manual.

Respecto do desenvolvemento global do proxecto, inda que non se puido levar adiante nun curso tan complicado organizativamente o tratamento estatístico dos datos meteorolóxicos históricos que actualmente xa están dixitalizados (quedará pendente como obxectivo prioritario para o vindeiro curso), si que estamos moi satisfeitos por ter acadados dous dos obxectivos prioritarios deste curso:

  • Establecer unha rutina sistemática de rexistro de datos meteorolóxicos da estación manual do centro por parte do alumnado que permita seguir incorporando datos á web de Meteoescolas.
  • Incorporar un sistema automático de medición que permita rexistrar datos meteorolóxicos básicos (temperatura e humidade), con vistas a ser ampliado en vindeiros cursos (pluviometría e dirección e velocidade do vento).

En relación co anterior aproveitamos para informar que este curso o noso centro incorporouse á rede estatal de centros Educacont, da cal somos o primeiro centro de Galicia en participar. O obxectivo principal de dita rede é o estudo da contaminación na contorna dos centros escolares para o cal instalouse un sistema de control baseado en Arduino alimentado por enerxía solar, xunto cos seus correspondentes sensores e cuxos datos pódense consultar en tempo real nesta páxina.

meteoescolas_20-21.jpg

Centro activo MGB - Final de curso

Para finalizar este curso diferente pola COVID-19, pero que no centro quixemos que fose un ano activo, o luns 21 e martes 22 de xuño o alumnado do centro participou de encontros deportivos de diferentes modalidades deportivas.

Os resultados dos gañadores das finais aparecen na táboa:

Pero o máis importante foi a gran participación do alumnado, o respecto das normas nas xornadas deportivas e a inestimable colaboración do alumnado de bacharelato nas arbitraxes e organización.

"Escarlatina, a cociñeira defunta" - Kamishibai

Video "Escarlatina, a cociñeira defunta" en versión Kamishibai, elaborado por un grupo de alumnos e alumnas do MGB:

Distribuir contido