Bioloxía e Xeoloxía
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
PROFESORES
- Magaly Barreiro Ponte (Xefa do departamento)
- Dolores Castro Bernárdez
- María del Carmen Castro Martínez
- Montserrat Freire Baños
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
-
Programación didáctica
- Criteriao de avaliación
CURRÍCULOS
- Currículos DOG
LIBROS DE TEXTO
- 1º ESO CIENCIAS DA NATUREZA. Santillana
- 2º ESO CIENCIAS DA NATUREZA. Santillana
- 3º ESO BIOLOXÍA-XEOLOXÍA, Santillana
- 4º ESO BIOLOXÍA-XEOLOXÍA, Santillana Obradoiro
- 1º bacharelato BIOLOXÍA, Santillana
- 1º bacharelato CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO, Obradoiro Santillana
RECURSOS WEB
Xa podemos compostar os nosos residuos orgánicos no Instituto
Enviado por admin o 19 Xaneiro, 2021 - 00:40Hoxe 18 de xaneiro, por fin chegou o noso composteiro!! A partir de agora xa podemos recoller e compostar os residuos orgánicos da cafetería e das merendas. O composteiro tróuxonolo Manolo Dominguez, biólogo e educador ambiental do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, Explicounos como reducir os nosos residuos e a importancia da separación selectiva. En canto á compostaxe explicounos que vai e que non vai ao composteiro e como coidalo. A partir de agora o alumnado de primeiro da ESO serán os encargados/as de xestionar o composteiro.
Fotos da charla e instalación do composteiro.
Charla de Paco Bañobre ao alumnado de CTMA
Enviado por admin o 28 Decembro, 2020 - 23:10Constrúe o teu nadal sostible
Enviado por admin o 22 Decembro, 2020 - 22:46Esta situación de pandemia está directamente relacionada coa perda de biodiversidade no planeta. Depende de nós como consumidores, minimizar a destrución da natureza, por este motivo dende a comunidade educativa do IES Manuel García Barros queremos darvos unha serie de consellos para un NADAL SOSTIBLE!!
- Consellos elaborados polo alumnado de Ciencias da Terra e do Medioambiente (2º Bac)
- Infografías creadas polo alumnado de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (2º Bac)
Pincha enriba das imaxes para ver as infografías completas.
![]() |
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() |
![]() |
Novembro, mes da ciencia en galego na MeGaBiblio
Enviado por BiblioMGB o 20 Novembro, 2019 - 13:03Neste mes de novembro, o mes da ciencia en galego, temos na MeGaBiblioteca, entre outras actividades, unha exposición de maquetas de células realizadas polos alumnos de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía, baixo a dirección da profesora Loli Castro.
O alumnado de Ciencias Naturais de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 15:50O pasado 24 de maio o alumnado de 1º ESO de Ciencias Naturais, acompañados pola súa profesora Dolores Castro, desenvolveu parte do traballo de aula no Museo de Historia Natural da USC.
Alumnado de Bioloxía do MGB no Unistem Day
Enviado por admin o 15 Marzo, 2019 - 16:16O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu hoxe á xornada Unistem Day celebrada da facultade de Medicina da USC. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Exposición sobre Especies Invasoras
Enviado por Vicedirec. o 12 Outubro, 2018 - 23:16Do 8 ao 19 de outubro teremos no noso centro a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Trátase dunha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que nos presenta a realidade das especies invasoras de flora e fauna que existen en Galicia e a problemática asociada ás mesmas.
Máis información nesta ligazón.
Visita á Facultade de Bioloxía
Enviado por Vicedirec. o 12 Marzo, 2018 - 11:26O pasado martes 6 de marzo alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado pola profesora Magaly Barreiro, visitou a Facultade de Bioloxía da USC. Agradecemos ao persoal deste centro a súa atención e dedicación en aras de achegar a ciencia ao alumnado de bacharelato do noso instituto.
Visita a Meteogalicia
Enviado por Vicedirec. o 19 Xaneiro, 2018 - 16:29Hoxe venres 19 de xaneiro trece alumn@s de 2º de Bacharelato da asignatura de "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente", acompañados pola súa profesora Loli Castro, visitaron as instalacións de Meteogalicia en Santiago. Moitas grazas pola atención recibida.
Máis información nesta ligazón.
Charla sobre a Antártida
Enviado por Vicedirec. o 21 Xuño, 2017 - 10:55Hoxe mércores 21 de xuño o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre a Antártida da profesora Magaly Barreiro Ponte.
Moitas grazas por compartir as túas experiencias viaxeiras con nós!
Volvendo a casa II
Enviado por Vicedirec. o 19 Maio, 2017 - 23:37Alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, acaba de elaborar a segunda parte do vídeo sobre a etioloxía do salmón e a súa relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.
Visita ao Museo de Historia Natural
Enviado por Vicedirec. o 5 Maio, 2017 - 11:22O pasado xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO viaxou a Santiago a visitar o Museo de Historia Natural da USC. Realizaron distintas actividades no propio museo e aprenderon sobre as árbores do xardín que o rodea. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Dolores Catro, Marisa Otero e Ramón Aller.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
