Bioloxía e Xeoloxía

Proxecto Ríos. Segunda saída.

O vindeiro mércores, día 22 de maio, terá lugar a 2ª saída enmarcada dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO C acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns, onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.

Cristais

O alumnado de xeoloxía de 2º de bacharelato convídavos a unha pequeña viaxe polo mundo dos cristais e da cristalización.

 

Vídeos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Xa tendes á vosa disposición nesta lista de reprodución da canle MGB TV a estrea mundial dos cortos realizados polos “científicos”, alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do curso de 1º de bacharelato A.

Aquí deixamos unha pequena mostra:

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves, día 10, os alumn@s de 3º ESO B realizarán unha saída ao Río Liñares enmarcada dentro do Proxecto Ríos.Actividade organizada polo departamento de Ciencias.

Charla sobre a Antártida

O vindeiro luns 21 de xuño, a profesora Magaly Barreiro ofrecerá ao seu alumnado de 1º de ESO unha charla sobre a Antártida. Será en Usos Múltiples a 3ª e 4ª hora.  
051.jpg

"Mamíferos de África" novo álbum do Mundo Salvaxe MGB

Dentro da colección "Mundo Salvaxe MGB" da nosa Galería de imaxes en Flickr, presentamos hoxe un novo e espectacular álbum que leva por título "Mamíferos de África". Son fotografías realizadas pola profesora Magaly Barreiro nas súas viaxes polo continente africano. Nelas poderemos atopar xirafas, leóns, baleas, babuínos, hipopótamos...

Proxecto Ríos

Hoxe luns 25 de maio os/as alumnos/as de 4º ESO foron ao río Liñares para facer unhas mostraxes dentro das actividades do Proxecto Ríos.

Exposición "Arousa Submarina"

A vindeira semana do 20 ao 24 de abril poderemos contemplar na Aula de Usos Múltiples do centro, unha exposición de Javier Miguens patrocinada pola Pinacoteca Juan Sanmartin Cao, que leva o título "Arousa Submarina". Ademáis o luns 20 de abril a 4ª hora os /as alumnos/as de 4º ESO A e 1º Bacharelato A asistirán a unha conferencia  impartida polo autor.

Exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de Vida"

O vindeiro luns 2 de febreiro os/as alumnos/as de 4º ESO visitarán a exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de vida" e asistirán a proxección do documental "Augas vivas de Galicia" na Sala de Exposicións de Caixanova na Estrada. Sairán ás 10:25 horas e voltarán ás 14:25 horas.

"Eu tamén son climántica", un novo blogue no planeta MGB

Temos un novo blogue no planeta MGB. Dende o departamento de Ciencias Naturais, os profesores Miguel Gil e María José Parcero están a traballar cos seus alumnos de 1º de Bacharelato nun proxecto baseado nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Visitádeo no seguinte enderezo:

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves 16 de Outubro os alumnos de 4º ESO irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro do "Proxecto ríos". Sairán ás 10:30 e voltarán as 13:45 horas

Proxecto Ríos

Mañá mércores 28 de maio os alumnos de Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente de 4º ESO irán ao río Liñares dentro das actividades propostas no Proxecto Ríos. Sairán do centro ás 11:30 horas e voltarán ás 14 :25 horas.

PROXECTO RÍOS

O vindeiro mércores 28 de maio os alumnos de 4º ESO das asignaturas de Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro das actividades programadas no "Proxecto Ríos". Sairán ás 11:35 horas do centro e regresarán ás 14:25 horas.

CONFERENCIA CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe mércores 7 de maio os alumnos de 4º ESO, das asignaturas de Bioloxía e de Ciencias do Medioambiente  e os alumnos de 3º ESO do PDC visitaron a exposición "Cambio climático"  no teatro Principal da Estrada.

Distribuir contido