Xeografía e Historia
Departamento de Xeografía e Historia
PROFESORES
- Ana Fernández Pérez
- María Teresa Loureiro Ansede
- Beatriz Mera Pérez
- José Luis Sánchez Casal
- Esther Sánchez Recio (Xefa de departamento)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
-
Programación didáctica
- Criterios de avaliación
CURRÍCULOS
- Currículos DOG
RECURSOS WEB
Alumnado de xeografía do MGB na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.
Enviado por admin o 25 Febreiro, 2019 - 13:01O pasado venres 22 os alumnos de xeografía do centro, coordinados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.
Arqueocampo
Enviado por Vicedirec. o 11 Decembro, 2018 - 16:15O pasado luns 10 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou, no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos, na actividade Arqueocampo, que lles ofreceu a oportunidade de sentirse arqueólogos por un día.
Máis información nesta ligazón.
Alumnado de Historia da Arte en Santiago
Enviado por Vicedirec. o 16 Marzo, 2018 - 13:57O pasado martes 6 de marzo @s alumn@s de Historia da Arte de 2º Bacharelato, acompañados pola profesora Beatriz Mera, visitaron Santiago onde realizaron distintas visitas e actividades.
Viaxe cultural a Roma-Nápoles
Enviado por Vicedirec. o 21 Febreiro, 2017 - 19:46Como xa anunciamos, do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e seis alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles. Neste arquivo as familias teñen toda a información sobre horarios e itinerarios.
Visita á catedral de Santiago
Enviado por Vicedirec. o 13 Febreiro, 2017 - 11:17O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago a visitar a catedral e as súas cubertas. Estiveron acompañad@s pola profesora Asunción Méndez.
Viaxe a Roma e Nápoles
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2017 - 14:08Do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e cinco alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia. Estarán acompañad@s polas profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Teresa Filloy.
Tendes toda a información sobre esta viaxe no seguinte enlace.
Moncho Fernández, entrenador do Obradoiro, da unha clase sobre "Nacionalismos e Deporte" aos alumnos de 2º de bacharelato
Enviado por Xef.Estudios o 18 Xaneiro, 2016 - 16:10Moncho Fernández, entrenador do Obradoiro de baloncesto e licenciado en Historia, acudiu hoxe ao García Barros para dar unha clase aos alumnos de 2ºA e B sobre "Nacionalismos e deporte" na materia de Historia de España. Graciñas!
Visita a Meteogalicia e á catedral de Santiago
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2015 - 12:47O vindeiro mércores 2 de decembro o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato e o de Fundamentos da Arte de 1º de Bacharelato realizarán unha visita ás instalacións de Meteogalicia en Santiago, ás cubertas da catedral e ó casco histórico da cidade. Sairán do centro ás 08:45 e regresarán ás 14:25 horas.
27 de xaneiro: Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto
Enviado por Xef.Estudios o 27 Xaneiro, 2015 - 12:06Dende hoxe, 27 de xaneiro, Día Internacional de Commemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e ata o 13 de febreiro, podedes visitar en Usos Múltiples unha exposición organizada polos alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato, en colaboración co grupo de Deseño do bacharelato de Artes.
Os Afar no nome do MGB no Parlamento de Strasbourg
Enviado por Xef.Estudios o 2 Decembro, 2014 - 11:03Presentámovos o vídeo coa intervención das portavoces dos Afar no Parlamento Europeo na xornada Euroscola do pasado 28 de novembro. Tamén podedes ler a noticia do Faro de Vigo que publicaron o sábado 29.
Premio Euroscola 2014: participación dos Afar no Parlamento de Estrasburgo
Enviado por Xef.Estudios o 25 Novembro, 2014 - 12:22O vindeiro venres 28 o equipo Afar, un dos doce gañadores do Premio Euroscola 2014, participará nunha sesión do Parlamento Europeo de Estrasburgo xunto con equipos dos restantes países da Unión Europea.
Lucía Vázquez, Andrea Durán e María Durán serán as encargadas de presentar ao equipo e ao centro nunha sesión plenaria. Falarán respectivamente en inglés, francés e galego.
Podedes seguir a sesión nesta ligazón.
Aproveitamos para volver a agradecer a todos os que dun xeito ou outro prestástedes algunha axuda ao equipo.
Saída aos Picos de Europa
Enviado por Vicedirec. o 7 Outubro, 2014 - 10:51Alumnos/as do IES Manuel García Barros correspondentes aos cursos de 3º ESO e 2º de BAC realizarán unha excursión aos Picos de Europa onde realizarán, entre outras, as seguintes actividades: ruta polo río Cares, Fonte De con subida ao teleférico e visita as covas de Tito Bustillo. A actividade, organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia, terá lugar entre o xoves 9 e o domingo 12 de outubro. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Magaly Barreiro e Beatriz Mera.
Saída cultural Bueu, Cangas, Illas Cíes
Enviado por Vicedirec. o 11 Xuño, 2014 - 13:01O vindeiro martes, 17 de xuño, en horario approximado de 08:45 a 20:30, terá lugar unha saída do alumnado de 2º e 3º da ESO. A actividade, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, desenvolverase segundo o seguinte programa:
- Visita ao Museo Massó no concello de Bueu.
- Saída cara o porto de Cangas para embarcar con destino ás illas Cíes
- Visita guiada por este espazo protexido pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Entrega do premio Euroscola 2014 ao equipo Afar de 4º ESO C
Enviado por Xef.Estudios o 10 Xuño, 2014 - 18:45Na mañá de hoxe, 10 de xuño, o equipo Afar recibiu o premio Euroscola 2014 de mans do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado. Agradecer a súa amabilidade, e dispoñibilidade para axudarnos na medida do posible a cofinanciar a viaxe a Estrasburgo do vindeiro 28 de novembro. Como todos sabedes, esta actividade formou parte do traballo na materia Ética e Cidadanía en 4º ESO C. Presentáronse máis de 600 traballos en toda España, e os Afar estiveron entre os 12 mellores.
Non esquezades leer o noso blog. Veredes o por que do premio.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
