Xeografía e Historia

Visita de 1º ESO a Campo Lameiro

O pasado mércores 10 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por tres profesoras, visitou o Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Podedes ver máis fotos neste álbum de Flickr!

Saída cultural á Ribeira Sacra

O pasado xoves 29 de outubro, tivo lugar unha saída cultural á Ribeira Sacra cos alumnos de 2BAC, visitando os Peares, a igrexa de San Pedro de Rocas (Esgos) e a súa contorna (Fonte de San Bieito), e o embarcadoiro de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín, onde se realizaou un paseo en catamarán polos Canóns do Sil.

Tras a comida foi o turno do mosterio de Santo Estevo, visitando o seu claustro para, a continuación, poñer rumbo a Celanova onde tivo lugar unha excepcional exposición e interpretación do seu afamado órgano (ver vídeo!). A visita continuou coa nosa xoia mozárabe, San Miguel de Celanova, rematando a xornada coa visita e baño no campamento de Aquis Querquennis en Bande.

A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coas profesoras dos Departamentos de Música e Lingua Galega (Esther Sánchez, Beatriz Mera, María Varela e Teresa Filloy).

Máis fotos neste álbum de Flickr!

Viaxe cultural a Italia

O alumnado do MGB e as profesoras acompañantes xa están de volta da súa intensa viaxe cultural polo norte de Italia.

Itinerario da viaxe cultural polo norte de Italia

Un grupos de alumnos e alumnas do noso centro están nestes días de viaxe cultural polo norte de Italia acompañados polas profesoras Beatriz M., Esther S. e María V. Podes consultar o itinerario no enlace.

Alumnado de xeografía do MGB na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.

O pasado venres 22 os alumnos de xeografía do centro, coordinados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na V Olimpíada Xeográfica de Galicia.

Arqueocampo

O pasado luns 10 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou, no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos, na actividade Arqueocampo, que lles ofreceu a oportunidade de sentirse arqueólogos por un día.

Máis información nesta ligazón.

Arqueocampo.jpg

Alumnado de Historia da Arte en Santiago

O pasado martes 6 de marzo @s alumn@s de Historia da Arte de 2º Bacharelato, acompañados pola profesora Beatriz Mera, visitaron Santiago onde realizaron distintas visitas e actividades.

Santiago222.jpg

Viaxe cultural a Roma-Nápoles

Como xa anunciamos, do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e seis alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles. Neste arquivo as familias teñen toda a información sobre horarios e itinerarios.

Visita á catedral de Santiago

O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago a visitar a catedral e as súas cubertas. Estiveron acompañad@s pola profesora Asunción Méndez.

Cubertas.jpg

Viaxe a Roma e Nápoles

Do 24 de febreiro ao 2 de marzo trinta e cinco alumn@s de 1º de Bacharelato viaxarán ás cidades de Roma e Nápoles nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia. Estarán acompañad@s polas profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Teresa Filloy.
Tendes toda a información sobre esta viaxe no seguinte enlace.

Moncho Fernández, entrenador do Obradoiro, da unha clase sobre "Nacionalismos e Deporte" aos alumnos de 2º de bacharelato

Moncho Fernández, entrenador do Obradoiro de baloncesto e licenciado en Historia, acudiu hoxe ao García Barros para dar unha clase aos alumnos de 2ºA e B sobre "Nacionalismos e deporte" na materia de Historia de España. Graciñas!

Visita a Meteogalicia e á catedral de Santiago

O vindeiro mércores 2 de decembro o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato e o de Fundamentos da Arte de 1º de Bacharelato realizarán unha visita ás instalacións de Meteogalicia en Santiago, ás cubertas da catedral e ó casco histórico da cidade. Sairán do centro ás 08:45 e regresarán ás 14:25 horas.

plaza-de-las-platerias.jpg

27 de xaneiro: Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto

Dende hoxe, 27 de xaneiro,  Día Internacional de Commemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e ata o 13 de febreiro, podedes visitar en Usos Múltiples unha exposición organizada polos alumnos de  Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato, en colaboración co grupo de Deseño do bacharelato de Artes.

 

Os Afar no nome do MGB no Parlamento de Strasbourg

Presentámovos o vídeo coa intervención das portavoces dos Afar no Parlamento Europeo na xornada Euroscola do pasado 28 de novembro. Tamén podedes ler a noticia do Faro de Vigo que publicaron o sábado 29.

Premio Euroscola 2014: participación dos Afar no Parlamento de Estrasburgo

O vindeiro venres 28 o equipo Afar, un dos doce gañadores do Premio Euroscola 2014, participará nunha sesión do Parlamento Europeo de Estrasburgo xunto con equipos dos restantes países da Unión Europea.

Lucía Vázquez, Andrea Durán e María Durán serán as encargadas de presentar ao equipo e ao centro nunha sesión plenaria. Falarán respectivamente en inglés, francés e galego.

Podedes seguir a sesión nesta ligazón.

Aproveitamos para volver a agradecer a todos os que dun xeito ou outro prestástedes algunha axuda ao equipo.

Distribuir contido