Orientación

Departamento de Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PROFESORADO Grupos
Pilar Meijome Blanco
(Xefa Departamento)
ESO e BACHARELATO (todos os grupos)
Maria Luisa Baamonde Paz ESO (e BACHARELATO)
Regina Puente Fernández ESO e BACHARELATO
Olgra Brea González ESO e BACHARELATO
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PRESENTACIÓN DO CENTRO PARA O NOVO ALUMNADO
  • Documentos e ligazóns que poden ser de axuda para o alumnado que está rematando a súa etapa no MGB:
ORIENTACIÓN VOCACIONAL - ESCOLLENDO FUTURO

  • Presentación do grupo de convivencia:

DIGITAL, LEGAL, EMOCIONAL..."TODOS MIS YOS"

A realidade da vida descóbrenos actuacións e situacións que nunca serían elixidas para enfrontar novos retos versados na carencia humana e as novas tecnoloxías.

Sempre implicados desde a Prevención e a Educación do noso alumnado arriscamos en actuacións que deben abrir os nosos ollos ás realidades que acontecen...á reflexión dos porqués e á autocrítica e responsabilidade.

Este mércores día 8 de novembro o noso centro en colaboración con ACROFAM organizou "Digital, Legal, Emocional...todos mis YOs"

O feedback do noso alumnado e o profesional docente que asistiu, vén confirmar que estamos no camiño correcto.

OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO

   O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.

   O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.

II Mostra de Orientación, 28 e 29 de Marzo do 2023

Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos.

A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) aos alumnos dos centros educativos de secundaria da Estrada. 

Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc.

II Mostra de orientación , Marzo 2023

     Martes 28 e mércores 29 de marzo

                      Programa

   Noticias en prensa:

                                            Faro de Vigo            A voz de Galicia

Charla da USC para o alumnado de 2º BAC

Mañá venres 11 de marzo terá lugar a charla da USC, organizada polo departamento de Orientación, para o alumnado de 2⁰ BAC co seguinte horario:

- 11:35-12:25: 2º BAC C e D. 

- 12:45-13:35: 2º BAC A e B.

Día contra a Violencia de Xénero:

Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:

  • Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
  • Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
  • Tarxetas para colocar nun lugar visible.
  • Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
    • a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
    • o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non  é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
    • o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade 

Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)

Videoconferencia do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

O xoves, 5 de novembro, participaron Pili Meijome e Augusto Otero no desenvolvemento da xornada do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información transmitida polo profesor Celso Rodríguez Fernández, Coordinador do Programa e Delegado do Reitor da USC para asuntos de Ensino Medio:

Información Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación quere achegar ás familias o traballo que se fai nas horas de titorías, por exemplo:

-Actuacións relacionadas coa seguridade e coa saúde, con actividades e hábitos de coidado e protección.

- Actividades que favorecen a expresión das emocións, as competencias emocionais e a súa regulación.

- Actividades para aproveitar e fortalecer as capacidades resilientes.

- Desenvolvemento de pensamentos positivos e busca de solucións intelixentes para favorecer o benestar emocional.

Queremos atender ás necesidades socio-emocionais do alumnado (actuais e futuras) que xurdan a consecuencia da situación socio-sanitaria.

I Mostra educativa e profesional do Concello de A Estrada

Os días 13, 14 e 15 de xaneiro terá lugar a I Mostra educativa e profesional do Concello de A Estrada, organizada polos centros de ensino secundario no pavillón principal do recinto feiral.

A visita aos stands será aberta e gratuita, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) aos alumnos dos centros educativos de secundaria da Estrada. Ligazón ao Programa.

Nesta Mostra participarán as tres universidades galegas, así como a Universidade de Navarra, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e o Centro Superior de Hostelería de Galicia, entre outros.

Nova na prensa:

mostra_portada.jpg

Xestionar os conflitos nas aulas. Charla de Juan Vaello o luns 29 de abril de 17 a 19 horas

Temos a honra de ter na Estrada a un referente na educación da convivencia, Juan Vaello Orts. É psicopedagogo, titor na UNED de Benidorm de Psicoloxía da Motivación e de Psicoloxía da Emoción, e habitual colaborador en Cursos de Formación do Profesorado.

Ao longo da súa extensa vida profesional foi mestre, profesor de filosofía, director do IES Bernat de Sarriá de Benidorm e autor de varios libros, (Resolución de conflictos en el aula (2003), Las habilidades sociales en el aula (2005), Cómo dar clase a los que no quieren (2007), El profesor emocionalmente competente (2009), Claves para gestionar conflictos escolares (2012), ademais de numerosos artigos.

A asistencia é aberta e non se necesita previa inscripción. O seminario de mellora da convivencia anima a asistir a todo o profesorado, sexa ou non do propio centro.

Presentación de obradoiros

Onte tivo lugar a presentación dos diferentes obradoiros que este ano se realizarán no MGB e en cinco centros máis da Estrada. Serán impartidos nas horas de titoría por profesionais da asociación Acrofam en colaboración co concello.

Máis información no Faro de Vigo ou na Voz de Galicia.

Contidos da charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela

O pasado 27 de xaneiro o alumnado de 2º Bacharelato asistíu a unha charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela. Foi organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Celso Rodríguez da Facultade de Matemáticas da USC.

Neste ficheiro podedes consultar o contido da charla.


Obradoiros

O pasado venres 21 de outubro foron presentados algúns dos obradoiros que serán desenvolvidos en centros educativos da Estrada. No MGB teremos un de "Resolución de conflictos e asertividade" en 1º de ESO e outro de "Prevención de condutas violentas" para 3º de ESO. Terán lugar nas horas de titoría e foron organizados polo departamento de Orientación en colaboración coa asociación Acrofam e o concello.

Máis información en La Voz de Galicia ou no Faro de Vigo.

Distribuir contido