Xestionar os conflitos nas aulas. Charla de Juan Vaello o luns 29 de abril de 17 a 19 horas

Temos a honra de ter na Estrada a un referente na educación da convivencia, Juan Vaello Orts.

É psicopedagogo, titor na UNED de Benidorm de Psicoloxía da Motivación e de Psicoloxía da Emoción, e habitual colaborador en Cursos de Formación do Profesorado. Ao longo da súa extensa vida profesional foi mestre, profesor de filosofía, director do IES Bernat de Sarriá de Benidorm e autor de varios libros, (Resolución de conflictos en el aula (2003), Las habilidades sociales en el aula (2005), Cómo dar clase a los que no quieren (2007), El profesor emocionalmente competente (2009), Claves para gestionar conflictos escolares (2012), ademais de numerosos artigos.

A asistencia é aberta e non se necesita previa inscripción.

O seminario de mellora da convivencia anima a asistir a todo o profesorado, sexa ou non do propio centro.