Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
PROFESORADO Grupos
Obdulia García Nimo
(Xefa de Departamento)

Tecnoloxía en 4º ESO A  4º ESO B

TIC en 1º BAC A-B-C

Javier Fondevila

(Coordinador de Polos Creativos)

Tecnoloxía e Dixitalización en 2º ESO A e 2º ESO B

Educación Dixital en 3º ESO A/B/C

Dixitalización en 4º ESO B

Tecnoloxía e Enxeñaría en 1º BAC A

Mª. Carmen Castro Martínez Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
LIBROS DE TEXTO
CURSO AUTOR TÍTULO EDITORIAL ANO I.S.B.N. LINGUA
Non se empregan libros de texto (o material didáctico está elaborado polo propio profesorado do Departamento e aloxado nas correspondentes aulas virtuais de materia do Departamento)

Foguetes de auga

O alumnado de 1º da ESO o pasado 21 de xuño, último día de clase, realizaron o lanzamento dos foguetes de auga que construiron nas clases de Tecnoloxía coa profesora Carmen Castro.

Aquí tedes imaxes e videos da experiencia:

Cohetes de auga

Visita de estudos do alumnado de 1º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias

O alumnado de 1º de ESO realizou o martes 4 de xuño unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético.

Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha visita guiada e unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel.

Finalmente acudiron á Casa das Ciencias onde disfrutaron dunha sesión de platenario e realizaron actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:

   Sotavento e museos Coruña - 1º ESO

III Liga Maker Drone - Competición final

O 16 de maio, no Coliseum da Coruña, tivo lugar a Final da III Liga Maker Drone, na que participaron 17 equipos de centros educativos de Galicia.

O noso centro estaba representado por un grupo de alumnas e alumnos de 2º de ESO acompañados polo profesor Javier Fondevila, que durante todo este curso estiveron deseñando un Drone para cumplir a misión da convocatorio deste ano: lanzar veneno a niños de velutinas e se formaron na pilotaxe de drones.

Na galería fotográfica da dereita tedes imaxes do evento.

   LMD - Gran final

Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelatoa a Galiciencia e a Escola de Enxeñaría Aeronautica e do Espazo

O alumnado que cursa as materias de Tecnoloxía en 4º da ESO e 1º de Bacharelato, o pasado venres, 10 de maio, realizaron unha viaxe a Ourense onde visitaron Galiciencia e a Escola de Enxeñaría Aeronautica e do Espazo.

Galiciencia é a maior científica que se celebra en Galicia. Nesta edición o IES Manuel García Barros tamén estivo respresentado por Alma Diéguez e Samuel Sánchez, acompañados do profesor Javier Fondevila, presentando o seu proxecto “Xogar, mellor con madeira” (Video resumo da mostra e Revista)

Tedes unha imaxes da viaxe na galería fotográfica da dereita.

    Excursión Ourense

Alumnado do centro en Galiciencia

Alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I, de 1º de Bacharelato, Alma Diéguez e Samuel Sánchez, acompañados polo profesor Javier Fondevila, presentan na mostra Galiciencia, en Ourense, o resultado do seu traballo: "Xogar, mellor en maderia".

Imaxes do evento na galería do centro.

A mostra científica Galiciencia, na que se presentan proxectos e investigación científicas e tecnolóxicas realizadas por alumnado de centros de toda Galicia, celebrase entre os días 8 e 10 de maio en Ourense. Web do evento.

Novas en prensa:

WhatsApp Image 2024-05-08 at 11.09.34a.jpeg

Adestramentos - Liga Maker Drone

O pasado venres, 3 de maio, o grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO que participa na III Liga Maker Drone asistiron á última sesión de formación en pilotaxe de drones, antes da súa participación na final, que terá lugar o próximo xoves, 16 de maio, no Coliseum da Coruña. Imaxes do adestramento na galería do centro.

Novas relacionadas:

Web do evento.

WhatsApp Image 2024-05-03 at 21.03.26e.jpeg

III Liga Maker Drone - 1ª Xornada de Formación

O pasado venres, 10 de novembro, o grupo de alumnas e alumnos que participan este curso na III Liga Maker Drone, recibiron a 1ª formación e instrucción de voo de drones, impartida por persoal da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Máis imaxes na galería Flickr.

III Liga Maker Drone

Un grupo de 9 alumnas e alumnos do IES Manuel García Barros forman o equipo que participará, xunto con outros 17 equipos de centros de toda Galicia, na III Liga Maker Drone, competición organizada pola Fundación Barrie de la Maza e o Instituto Tecnológico de Galicia e na que deberán deseñar un drone que resolva un problema real.

O pasado venres, 27 de outubro, asistiron á Xornada de Presentación na Cidade das TIC en A Coruña. Nesta xornada presentaronse todos os equipos participantes e realizaron diversos obradoiros: pilotaxe de drones, realidade virtual, drone finder, programación, circuítos electrónicos e robótica. Para finalizar o evento coa presentación do recto desta edición: neutralizar niños de velutinas.

         

Máis imaxes do evento nesta ligazón.

Novas na prensa:

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na VI Competición de robots da Universidade de Vigo

O pasado venres, 21 de abril, dous equipos formados por 12 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía e Enxeñaría I participaron na VI Competición de robots da Universidade de Vigo.

Os dous equipos conseguiron clasificarse para a fase final, dun total de 36 inscritos na súa categoría, acadando finalmente o equipo HorsePowers un meritorio 2º posto.

Noraboa a todo o alumnado participante porque souberon demostrar o seu dominio da programación, e gran nivel de competitividade á vez que de compañeirismo. Parabéns!

Novas de prensa:

Imaxes na galería Flirck do centro.

Programacións didácticas do Departamento de Tecnoloxía para o curso 2023-2024

  

Programacións didácticas por cursos

  

1º ESO     Tecnoloxía e dixitalización
 
2º ESO

Tecnoloxía e dixitalización

 
3º ESO Educación dixital
 
4º ESO

Tecnoloxía

 
4º ESO Dixitalización
   
1º BACH Tecnoloxías da información e da comunicación I
        
1º BACH Tecnoloxía e enxeñaría I
        
2º BACH Programación da materia de 2ºBACH 

Visita de estudos do alumnado de 3º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias

O alumnado de 3º de ESO realizou o martes 3 de maio unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias para a realización das súas clásicas actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:

Sotavento - Muncyt - Casa das Ciencias (3º ESO - 3 Maio 2022)

Desenvolvemento do Programa Meteoescolas durante o curso 2020-21

O profesorado que coordina o programa Meteoescolas no noso centro quere facer balance do desenvolvemento de dito proxecto este curso facendo constar os seguintes agradecementos:

  • Ao alumnado de 3º de ESO e 1º BAC A pola profesional e sistemática recollida de datos meteorolóxicos ao longo de todo o curso (actividade que realizou cada día unha parella durante a 1ª hora de clase).
  • Aos alumnos Adrián Blanco e Daniel Ruibal de 1º de BAC A pola montaxe electrónica da estación de calidade do aire sacrificando os seus recreos do mes de maio.
  • Ao profesor Arturo Vizcarra por ceder altruistamente unha tablet que facilitou a recollida de datos por parte do alumnado na estación meteorolóxica manual.
  • Á profesora Patricia Pérez por colaborar co seu grupo dos mércores a 1ª hora na recollida de datos da estación meteorolóxica manual.

Respecto do desenvolvemento global do proxecto, inda que non se puido levar adiante nun curso tan complicado organizativamente o tratamento estatístico dos datos meteorolóxicos históricos que actualmente xa están dixitalizados (quedará pendente como obxectivo prioritario para o vindeiro curso), si que estamos moi satisfeitos por ter acadados dous dos obxectivos prioritarios deste curso:

  • Establecer unha rutina sistemática de rexistro de datos meteorolóxicos da estación manual do centro por parte do alumnado que permita seguir incorporando datos á web de Meteoescolas.
  • Incorporar un sistema automático de medición que permita rexistrar datos meteorolóxicos básicos (temperatura e humidade), con vistas a ser ampliado en vindeiros cursos (pluviometría e dirección e velocidade do vento).

En relación co anterior aproveitamos para informar que este curso o noso centro incorporouse á rede estatal de centros Educacont, da cal somos o primeiro centro de Galicia en participar. O obxectivo principal de dita rede é o estudo da contaminación na contorna dos centros escolares para o cal instalouse un sistema de control baseado en Arduino alimentado por enerxía solar, xunto cos seus correspondentes sensores e cuxos datos pódense consultar en tempo real nesta páxina.

meteoescolas_20-21.jpg

II Xornada Solar

O pasado mércores, 9 de xuño, celebraremos a II Xornada solar do IES MGB, na que:

  • Durante toda a mañá cociñamos diante da fachada Sur do edificio (fachada da entrada principal) con varias cociñas e fornos solares diversos produtos (pizzas, biscoitos, mazás asadas) que foron degustados polo alumnado ao rematar as clases a 6ª hora.
  • Tamén se colocaron a carón das cociñas solares varios paneis informativos sobre a importancia da enerxía solar como fonte de enerxía alternativa primordial na loita contra o cambio climático (exposición cedida amablemente por ADEGA)

Podedes ver todas as imaxes neste ligazón.

CocinadocoSol.jpg

Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE

O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.

Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.

Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.

incibe.png
Distribuir contido