Tecnoloxía

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo

Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.

P70428-141231_0.jpg

Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS

O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago.

WhatsApp Image 2017-03-20 at 10.35.00.jpeg

Fotos do obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

O pasado martes 24 de maio o alumnado que cursa Tecnoloxía Industrial I e II participou na actividade "Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns", organizada polo Departamento de Tecnoloxía e financiada pola ANPA do centro. Dito Obradoiro foi impartido polo enxeñeiro electrónico e músico Mateo Mena Calavia.
O obxectivo da actividade foi a construción de diversos dispositivos sonoros a través de cadanseu proxecto concreto. Para isto empregáronse materiais cotiáns xa que o obxectivo primordial foi o de estimular a creatividade, a concienciación ambiental e a aprendizaxe cooperativa, poñendo en xogo coñecementos concretos de tecnoloxía (electrónica, electricidade) e xerais de física, química e música.

Velaquí unha reportaxe gráfica de dito obradoiro:

Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

Saída didáctica ao parque eólico de Sotavento e ao MUNCYT

O vindeiro martes 29 de marzo o Departamento de Tecnoloxía organiza unha saída didáctica co alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitarase o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña).

Visita de estudos do alumnado de 3º de ESO ao centro de educación ambiental das Corcerizas (Ourense)

O vindeiro mércores 29 de abril, o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO realizará unha visita de estudos ao centro de educación ambiental das Corcerizas, situado no corazón da Serra de San Mamede (Vilar de Barrio - Ourense), o cal é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, o tratamento alternativo dos residuos e a bioconstrución.

corcerizas.jpg

Un equipo do MGB gaña o segundo premio no concurso Consumópolis 9

Un novo curso, e xa van tres seguidos, un equipo de alumnos e alumnas do MGB, coordinados polo profesorado do Departamento de Tecnoloxía, gaña no concurso escolar Consumópolis, esta vez na categoría para 3º e 4º da ESO, cun 2º premio a nivel galego. Este concurso está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a Consellería de Economía e Industria, tendo por obxectivo que o alumnado reflexione de forma consciente, crítica e solidaria sobre distintos aspectos do consumo responsable, contribuíndo ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores. A actual novena edición estivo adicada ao uso responsable das TIC e titulada "Consumir entre pantallas".

O equipo gañador está formado por:

  • Rubén Bustelo Arca (4º ESO B)
  • Carlota Pereiras Matalobos (4º ESO C)
  • Uxía Prado Cerqueiro (4º ESO B)
  • Adrián Rey Quintás (4º ESO B)
  • Andy Torres Blanco (4º ESO B)

Na imaxe adxunta da dereita podedes ver o cartel da proba final co que gañaron este 2º premio.

Noraboa aos gañadores!

O Conselleiro de Cultura e maila Presidenta do Instituto Galego de Consumo felicitaron á comunidade educativa polo premio. O traballo representará á Comunidade Autónoma na fase estatal. Prema aquí se quere ver a fecilitación completa.

El Faro de Vigo deu conta da noticia nas súas páxinas.

cartel_definitivo_consumopolis9.jpg

Vindeiras saídas didácticas do Departamento de Tecnoloxía

Esta semana o Departamento de Tecnoloxía do centro organiza as seguintes saídas didácticas por cursos:

  • Martes 29 de abril: o alumnado de 2º de ESO visitará pola mañá o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizará un roteiro de sendeirismo polas Fragas do Eume (actividade organizada en colaboración co Departamento de Ciencias Naturais).
  • Mércores 30 de abril: o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC, que cursan respectivamente as asignaturas de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial, visitarán ao longo da mañá ás centrais térmica e de ciclo combinado das Pontes (As Pontes de García Rodríguez - A Coruña) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña)

Premio Consumópolis-8

O DOG do mércores 22 de maio fai publica a relación de centros premiados na fase autonómica do Concurso Consumópolis 8: "Adéstrate ben para o consumo responsable", no que o traballo "En el deporte y en la vida, consumo responsable" do equipo de traballo los Batman do noso centro, coordinado pola profesora do Departamento de Tecnoloxía: Obdulia García Nimo, e composto polos alumn@s: Carlota Pereiras, Uxía Prado, Adrián Rey, Andy Torres e Miguel Valiño; acadou o 1º premio na categoría de 3º e 4º de ensino secundario.

Charla sobre seguridade en Internet para o alumnado de 3º ESO

O vindeiro martes 5 de marzo, nas dúas sesións da tarde, o alumnado de 3º de ESO asistirá a usos múltiples a unha charla sobre seguridade en Internet, impartida por un profesional informático do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, dentro do programa NAVEGA CON RUMBO.

Navega con rumbo

Exposición: "A historia das medidas"

O alumnado de 3º e 4º de PDC e de 4º de ESO da asignatura de Tecnoloxía organizaron e montaron os paneis que estas semanas podedes observar no andar da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Esperamos sexa do voso interese e aprendades moito con ela.

Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.

Medindo o universo: a historia das medidas

Videoconferencia con científicos galegos do CERN

O vindeiro martes 6 de novembro, con motivo do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, o alumnado de 3º da ESO participará, xuntos con outros 99 centros de Galicia, nunha videoconferencia internacional de título "Facendo Física de Partículas polo mundo". Nela 5 científicos galegos espallados por Xenebra, Santiago, Londres e Lisboa contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego na súa profesión. A videoconferencia terá lugar en usos múltiples de 12:30 a 13:30.

CERN_LHC

Proxecto Terra

Os próximos días 11 e 12, venres e sábado, o alumnado de e 4º ESO da materia de Tecnoloxía realizarán unha visita a Allariz dentro do Proxecto Terra ( organizado polo  Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía.

Alumnos de 2º da ESO gañan o 1º Premio na fase autonómica de Consumópolis

O equipo “Los Batmans”, formado por Uxía Prado, Adrián Rey, Carlota Pereiras, Miguel Valiño e Ángel Sanmartín, de 2º de ESO, acadou o 1º Premio, na categoria do primeiro ciclo de ESO, fase autonómica de Consumópolis, concurso sobre consumo responsable e calidade de vida, co traballo: “Conserva el ticket, conserva tus derechos”.
Ademais, como clasificados no primeiro posto da súa categoría, representarán a Galicia na fase estatal do concurso.

Parabéns!!

cartel_consumopolis.jpg

OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB

osa@iesgarciabarros.org. Este será o enderezo electrónico de OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB, dende o que se pretende impulsar iniciativas para facer o MGB un centro máis sostible. Todas as accións estarán vinculas a Axenda 21 Escolar de Galicia, rede de centros coordinada pola Consellería de Medio Ambiente á que pertence o noso instituto dende hai uns meses.

logo_osa.jpg

Compromiso co medio ambiente

La Voz de Galicia informa sobre a integración do noso centro na rede de centros comprometidos co medio ambiente.

Distribuir contido