Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial Ás Pontes

foto_grupo.jpg

O pasado martes 23 de xaneiro, o alumnado que curso Tecnoloxía de 4º de ESO  e Tecnoloxía Industrial I e II de Bacharelato participou dunha visita de estudos ao Concello das Pontes. Neste importante concello industrial puideron ver de primeira man o funcionamento da central térmica de carbón e a de ciclo combinado, así como importantes empresas de mecanizado de madeira (Areda) e metal (Prometal). Dende aquí dar as grazas ao departamento de turismo do Concello das Pontes polas xestións que nos facilitaron estas visitas. Podedes acceder á galería de imaxes da xornada nesta ligazón.