Extraescolares
Visita a Galipark
Enviado por Vicedirec. o 4 Xuño, 2024 - 08:33O pasado martes 28 o alumando de 2º ESO tivo a oportunidade de achegarse ao recinto de multiaventuras, Galipark, en Extramundi (Padrón). Os alumnos experimentaron un día de retos e diversión, todo isto acompañado de exercicio ao aire libre. Puxeron a proba o seu vértigo enfrontándose a un circuíto de altura provistos de arneses, mosquetóns, tirolinas e obstáculos de equilibrio. Afinaron a súa puntería co tiro ao arco e unha actividade de laser tag. Finalmente refrescaron a súa tarde cunhas actividades acuáticas que nos deixaron impactantes imaxes deles descendendo polo tobogán de auga!!
Podedes ver as fotos na nosa galería Flickr.
Excursión a Asturias (3º ESO)
Enviado por Vicedirec. o 31 Maio, 2024 - 10:24Os pasados 8, 9 e 10 de Maio, un grupo de 40 alumnos e alumnas de 3º ESO disfrutaron duns días de deporte e natureza en Asturias.
Excursión de 4º ESO a Tenerife
Enviado por Vicedirec. o 3 Abril, 2024 - 16:06Dos días 16 ao 20 do pasado mes de marzo o noso alumnado de 4º de ESO desfrutou da súa viaxe de fin de etapa a Tenerife. Participaron en distintas actividades como a visita ao Parque Natural do Teide, Siam Park e Loro Park.
Estiveron acompañad@s pol@s profesor@s Alejandra Pérez, Anxo Fernández e Brais Prieto.
Algunhas das fotografías pódense consultar na nosa galería Flickr.
Visita a Santiago
Enviado por Vicedirec. o 15 Marzo, 2024 - 10:56O 5 de marzo de 2024 o Departamento de Xeografía e Historia realizou unha saída cultural a Santiago para os alumnos de 2º de bacharelato que cursan Xeografía, Historia da Arte e Patrimonio de Galicia.
Os alumnos/as de Xeografía, acompañados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na XV Olimpíada de Xeografía, na facultade de Xeografía e Historia, convocada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
Os alumnos de Arte e Patrimonio de Galicia, acompañados pola profesora Beatriz Mera Pérez, foron visitar, mentres tanto, o casco histórico de Santiago, o Pazo de Xelmirez, a Catedral, as cubertas e o museo da mesma.
Pola tarde todo o grupo visitou o Pórtico da Gloria, a Casa do Cabido e o Museo das Peregrinacións.
Pódense consultar as fotos da actividade na nosa galería Flickr.
Grecia 2024
Enviado por Vicedirec. o 21 Febreiro, 2024 - 15:32Xa temos na nosa galería Flickr algunhas fotos da viaxe a Grecia. Pódense consultar nesta ligazón.
Excursión Fragas do Eume, maio 2023
Enviado por XefeEstudos o 13 Maio, 2023 - 16:42Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por XefeEstudos o 5 Maio, 2023 - 18:35
A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
|
![]() |
Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 09:18O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.
Día da EF na Rúa na Estrada
Enviado por XefeEstudos o 27 Abril, 2023 - 13:37Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 14 Abril, 2023 - 14:14Entre o 16 e 20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.
UniStem 2023 co alumnado de Bacharelato
Enviado por XefeEstudos o 15 Marzo, 2023 - 20:55Un ano máis fomos convidados ao UniStem. Moitas grazas á organización, foi unha mañá fabulosa na que as nosas alumnas e alumnos saíron cun moi bo coñecemento do que son as células nai, as posibilidades que teñen, e o futuro que traen "baixo o núcleo". E dende logo, tamén sentiron a paixón dos investigadores e investigadoras no seu traballo, e a súa xenerosidade ao compartir connosco os seus estudos.
Representación do IES Manuel García Barros no Campionato Galego de Campo a Través, XOGADE 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Marzo, 2023 - 20:44O departamento de educación física quere agradecer a Marcos Otero, adestrador do Clube Atletismo A Estrada, o seu ofrecemento para actuar como responsable das dúas alumnas, a pesar de que unha delas non pertence ao seu clube, acompañándoas en todo momento no día da proba.
Campionato Provincial XOGADE de Campo a Través en Vigo
Enviado por XefeEstudos o 16 Febreiro, 2023 - 20:36 O alumnado clasificado na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE tivo a oportunidade de participar, o pasado domingo 12 de febreiro, na fase provincial en Vigo.
Na categoría cadete asistiron Noa de Oliveira, Noa Ortega e Manuel Souto, e na categoría infantil Lidia Calviño e Carla Pintor, estas dúas últimas clasificadas para o Campionato Galego Escolar que se disputará o vindeiro 4 de marzo na Pobra do Caramiñal.
Parabéns a todos pola súa participación e agradecer o esforzo das familias para que o alumnado puidese partipar neste evento.
Viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares do alumnado de 3ºESO.
Enviado por XefeEstudos o 7 Febreiro, 2023 - 22:47Visita ao marco de Vigo
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 21:20O día 21 de Decembro alumnado de Artes de 1º e 2º foron de visita ao Marco de Vigo, onde fixeron un obradoiro e unha visita guiada á expo de Francisco Leiro.
![RSS - Extraescolares Distribuir contido](/centros/iesmanuelgarciabarros/misc/feed.png)