Extraescolares

Visita do alumnado de 2º de Bacharelato á empresa Iberluffa

O xoves 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía e FUAX acudiron á empresa IBERLUFFA, fábrica de exponxas vexetais, en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na área de cultivo cas explicacións do proceso produtivo dende a plantación das semillas, recoleción do froito, secado e transformación do mesmo, rematando ca organización da empresa, comercialización e distribución do produto.

Presenza do noso centro na XIV Olimpiada de Bioloxía

O Faro de Vigo recollle a participación da alumna Nerea Neira, acompañada da profesora Irene Portas, na XIV Olimpiada de Bioloxía.

Visita ás Fragas do Eume

Os días 25 e 26 de outubro o noso alumnado de 1º ESO viaxou ás Fragas do Eume onde realizaron numerosas actividades físicas en contacto coa natureza. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro e Norma Pillado.

Podedes ver tódalas fotos nesta ligazón.

IMG-20181106-WA0019.jpg

Reunión excursión Andorra 2019

O vindeiro martes 9 de outubro no 2º recreo terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro unha reunión para o alumnado de Bacharelato interesado en participar na actividade de esquí en Andorra. Podes consultar dende esta páxina toda a información sobre a mesma.

Alumnado de 4º ESO en Roma

O pasado luns 7 de maio alumnado de 4º ESO viaxou a Roma acompañad@ pol@s profesores María Paz, Norma Pillado e Mariano Casas. Estarán de volta este venres. Agardamos que desfruten a viaxe!

Roma.jpg

III Ludi Compostellani

O pasado mércores, os alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, participaron nos III Ludi Compostelani na Facultade de Filoloxía de Santiago, organizados por SEECGalicia. O MGB participou coa organización dun obradoiro de microteatro, onde se representaron escenas da adaptación da Odisea que fixo o escritor estradense Xosé Luna.

Alumnado de Historia da Arte en Santiago

O pasado martes 6 de marzo @s alumn@s de Historia da Arte de 2º Bacharelato, acompañados pola profesora Beatriz Mera, visitaron Santiago onde realizaron distintas visitas e actividades.

Santiago222.jpg

Visita á Facultade de Bioloxía

O pasado martes 6 de marzo alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado pola profesora Magaly Barreiro, visitou a Facultade de Bioloxía da USC. Agradecemos ao persoal deste centro a súa atención e dedicación en aras de achegar a ciencia ao alumnado de bacharelato do noso instituto.

visita USC_0.jpg

Pergamiño Vindel

O alumnado de 1º Bach realizou onte unha visita cultural para ver o Pergamiño Vindel. Á entrada do Museo do Mar varios alumnos interpretaron unha cantiga de Martín Códax. Despois asistiron a unha breve lección sobre o mundo medieval, e en particular sobre a escritura, o seu soporte e os seus autores. Durante o resto da xornada  visitouse o museo e fixéronse actividades relacionadas coas lecturas deste curso.

Vindel.jpg

Andorra 2018

Dende o 27 de xaneiro ata o 3 de febreiro, un grupo de 40 alumnos e 3 profesores estivemos na estación de Grandvalira en Andorra. Aquí está o vídeo e neste álbum as imaxes!

Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial Ás Pontes

O pasado martes 23 de xaneiro, o alumnado que curso Tecnoloxía de 4º de ESO  e Tecnoloxía Industrial I e II de Bacharelato participou dunha visita de estudos ao Concello das Pontes. Neste importante concello industrial puideron ver de primeira man o funcionamento da central térmica de carbón e a de ciclo combinado, así como importantes empresas de mecanizado de madeira (Areda) e metal (Prometal). Dende aquí dar as grazas ao departamento de turismo do Concello das Pontes polas xestións que nos facilitaron estas visitas.

foto_grupo.jpg

Viaxe a Grecia

A semana do 4 ao 10 de decembro trinta e sete alumn@s de 3º e 4º ESO e Bacharelato viaxaron a Grecia acompañad@s por tres profesoras. Foi unha actividade organizadas polos departamentos de Xeografía e Historia e Música.

Grecia.jpg

Visita ao Museo de Historia Natural

O pasado xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO viaxou a Santiago a visitar o Museo de Historia Natural da USC. Realizaron distintas actividades no propio museo e aprenderon sobre as árbores do xardín que o rodea. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Dolores Catro, Marisa Otero e Ramón Aller.

MHN2_0.JPG

O MGB nos Ludi Compostellani

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo

Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.

P70428-141231_0.jpg
Distribuir contido