Excursión a Andorra 2020

ANDORRA 2020 - GUÍA DA EXCURSIÓN (preguntas frecuentes)

A quen está destinada a actividade.

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

A donde?

Á estación de esquí de Granvalira, en Andorra.

Cando?

A última semana de xaneiro de 2019, do 25 xaneiro ao 1 de febreiro

Que imos facer esa semana?

Saímos o sábado 25 de noite e chegamos pola mañá a Andorra.

O domingo chegaremos a Andorra con tempo para recoller o material (probar botas, cascos e esquís ou táboas) e logo ceamos no hotel.

A xornada de cada día será aproximadamente como segue: levantarnos ás 7:30 aproximadamente, almorzo no hotel e subida a pistas en autobús.

Chegada a pistas ás 9:00 / 9:30  aproximadamente. Cursiño de esquí de 10:00 a 12:00 > comida en pistas. Despois de comer > práctica de esquí ata as 16:30 aproximadamente.

Baixada a Andorra. Ducha no hotel e tempo libre ata a hora de cear (entre as 20:30 e 21:30, depende do horario do hotel)

O venres intentaremos ir ao balneario, Caldea, despois de esquiar e antes da viaxe de volta, para vir duchados e relaxados.

Chegada o sábado 1 de febreiro, aproximadamente ás 11:00 horas.

Que material necesito?

Roupa de esquí-snow: calcetíns, pantalón, camisetas térmicas, polar, cazadora, guantes.

Crema solar + gafas de sol

Toalla e bañador se se vai a Caldea.

Prezo

Aprox. 485€ (475 € + 10€ aprox. polo prorrateo do 3º profesor acompañante)

Ao que habería que sumar estes complementos, que son voluntarios:

  • 40€ se se fai snow
  • 26€ Caldea

Que se inclúe no prezo?

O autobús a Andorra, e de Andorra á pistas

O forfait de 5 días para o dominio Soldeu-El Tarter, o cursiño de esquí e o aluguer de material.

A comida en pistas (buffet quente)

O hotel en réxime de media pensión (almorzo e cea)

** Non está incluída a cea do sábado de saída nin o almorzo e comida do domingo de chegada en Andorra, e tampouco a cea e almorzo do venres-sábado da viaxe de volta.

Como me apunto?

Cubrindo o formulario na páxina web dende o 4 de outubro ata o domingo 13.

Aclaración: as prazas desta viaxe están limitadas a 50, terá prioridade o alumnado de 1º bac e 2º bac que curse a asignatura de EF, e, en segundo lugar, terase en conta a orde de inscrición.

Como pago?

Por transferencia á conta da axencia de viaxes, que se indicará oportunamente. 

Págase en varios prazos. 

  1. O primeiro prazo (150€) é dende o luns 14 de outubro ao venres 18 de outubro.
  2. O segundo prazo (150€) na última semana antes da vacacións de Nadal
  3. O terceiro prazo (o resto) na semana antes da saída.

** UNHA VEZ PAGADO NON SE DEVOLVEN OS CARTOS (a non ser no caso de que se suspendera a excursión ou en caso de enfermidade, accidente, etc, e previa autorización da axencia)

Que documentación necesito?

O D.N.I.

Tarxeta sanitaria e autorización da Garda Civil para os menores de idade.

Darase unha circular con instrucións para conseguir ambas.

Podo vender rifas para axudar a costear á viaxe? 

Si. A axencia proporciona uns talonarios de rifas para que poidades vender e así axudar a costear a viaxe ás vosas familias. 

Docs 

Descarga o folleto da axencia

Descarga a guía da excursión