E.N.D.L.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Compoñentes 2019/2020
Coordinadora:
- María Dolores Vilasó Martínez (Dep. Lingua Galega e Literatura)
Profesorado:
- José Luís Capón García (Dep. Lingua Castelá e Literatura)
- María Mansilla Antelo (Dep. Lingua Galega e Literatura)
- Mª Teresa Leis Rey (Dep. Lingua Castelá e Literatura)
- Norma Pillado Ordóñez (Dep. Educación Física)
- María Regina Puente Fernández (Dep. Matemáticas)
- Sebastián Rozas Álvarez (Dep. Educación Plástica e Visual)
Alumnado:
Conmemoración do Día de Rosalía
Enviado por admin o 11 Marzo, 2020 - 00:15O pasado luns o IES Antón Losada Diéguez, o IES nº 1 e o IES Manuel García Barros celebraron o Día de Rosalía. Este ano o acto tivo lugar no noso centro, onde alumnado do tres centros interpretaron varios temas e recitaron poesías, coordinados polos Equipos de Dinamización e coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega e Música.
Novas na prensa:
Abrindo todas as fiestras!
Enviado por admin o 25 Febreiro, 2018 - 18:25O EDL do centro en colaboración co alumnado de 1ºBach B realizou un pequeno vídeo para celebrar o día de Rosalía de Castro.
Como podedes ver, no IES Manuel García Barros seguimos, pouco a pouco, abrindo todas as fiestras! #AbrideAFiestra
Gañadores do concurso Coida a túa lingua (2ª temporada). A televisión.
Enviado por admin o 8 Xuño, 2017 - 12:11O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro acaba de facer públicos os nomes dos gañadores do concurso:
Categoría A (1º, 2º e 3º da ESO): Jonathan Ameijeiras López.
Categoría B (4º da ESO e Bacharelato): Marcos Suárez Vázquez.
Categoría C (Profesorado e persoal non docente): Chelo Vázquez Rozas.
Parabéns para eles a grazas a todos/as os/as que perticiparon.
IV edición da Festa das Palabras
Enviado por admin o 2 Xuño, 2017 - 09:48O martes 6 de xuño, no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a IV edición da Festa das Palabras. Durante o acto, entregaranse os premios do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros de ensino do concello da Estrada. Os/as alumnos/as do noso centro que foron premiados/as nesta edición foron Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO), Julia García Madriñán (1º ESO), Uxía Salgueiro Pereiras (4º ESO), Andrea González Pereira (4º ESO) e Nicolás Luna Puente (1º Bach).
Concurso "Coida a túa lingua" (2ª temporada). A televisión.
Enviado por admin o 2 Maio, 2017 - 21:48O Equipo de Normalización acaba de convocar o concurso, destinado este curso a recoñecer e corrixir erros lingüísticos cometidos nalgúns dos programas máis populares da nosa televisión pública. Podes acceder ás bases e á ficha de participación desde esta ligazón.
Fallados os premios da IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas
Enviado por admin o 21 Marzo, 2017 - 10:21No certame, convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada, resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as do noso centro: JULIA GARCÍA MADRIÑÁN (1º ESO A), ANDREA GONZÁLEZ PEREIRA (4º ESO B) e NICOLÁS LUNA PUENTE (1º BACH A) na sección de microrrelatos e AINHOA PEREIRAS MOSQUERA (1º ESO C), UXÍA SALGUEIRO PEREIRAS (4º ESO A) e NICOLÁS LUNA PUENTE (1º BACH A) na sección de micropoemas.
Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria.
IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas
Enviado por admin o 31 Xaneiro, 2017 - 00:42Convocado polos equipos de normalización dos centros de ensino da Estrada, está dirixido a todo o alumnado de primaria e secundaria. Os traballos premiados, que deberán incluír as palabras VERÁN (na sección de microrrelatos) e VENTO (na seción de micropoemas) en homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Dïa das Letras Galegas, serán publicados nun libro. Podes ler as bases no taboleiro de normalización ou nesta ligazón do web Manoliño García.
Coida a túa lingua
Enviado por Secret. o 29 Febreiro, 2016 - 08:58O Equipo de Normalización acaba de convocar o concurso "Coida a túa lingua", dirixido a toda a comunidade educativa. As bases están no web de Normalización. Podes acceder a elas desde esta ligazón.
XXV Aniversario Premio García Barros
Enviado por Secret. o 12 Decembro, 2013 - 11:54O sábado 16 de novembro tivo lugar en Santiago, na Cidade da Cultura, a conmemoración do XXV Aniversario da creación do Premio Literario "Manuel García Barros".
Un grupo de alumnos do noso centro pertencentes á materia de Literatura Galega do Século XX, acompañados polo profesor Carlos Loureiro, estiveron no acto.
Prema aquí para ver a galería de fotos do evento.
Prema aquí para ver o vídeo gravado coa colaboración dos alumnos do MGB.
Proxección de CURTAS
Enviado por Vicedirec. o 22 Marzo, 2011 - 13:58O próximo martes día 29, en horario de tarde, o alumnado de 4ª ESO asistirá a unha proxección de curtas realizadas polo IES Antón Losada Diéguez. O noso centro proxectará DAIRAS, na mesma data e mesmo horario, nos dous centros educativos da zona. Actividade organizada polos Departamentos de Normalizción Lingüística dos tres centros educativos.
Visita Casa do Patrón
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2011 - 16:53O vindeiro venres, 4 de febreiro, o alumnado da materia de Artesanía e membros do Equipo de Normalización Lingüística visitarán a Casa do Patrón (Doade-Lalín) un museo etnográfico (máis de 3000 pezas compoñen a colección que representa profesións tradicionais da nosa terra). Realizarán ademais unha ruta de sendeirismo pola zona.
Proxección do filme documental "Afranio"
Enviado por Vicedirec. o 26 Novembro, 2009 - 00:05En conxunto coa exposición sobre a figura do senlleiro galeguista Antón Alonso Ríos, proxectarase para o alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro venres 27 de novembro, a 3ª e 4ª hora, o documental "Afranio", baseado na autobiografía do mesmo autor e protagonizado por Luis Tosar. Tedes unha reseña do devandito documental pinchando aquí.
Relación dos premios do ENDL
Enviado por Vicedirec. o 18 Xuño, 2009 - 10:58Premios marcadores sobre Ramón Piñeiro:
- Catarina Barcala Gosende 1º ESO B
- Ariadna Silva Fernández 1º ESO B
Premios literarios "Letras Galegas":
-Premios de Poesía:
- Claudia Murás Bugallo 1º ESO A
- Cristian Carbajales Neira 4º ESO B
-Premios Relato Curto:
- Patricia Calviño Rivadulla 1º ESO B
- Xoán Reyes Villar 2º Bach A
