Cupido no MGB (14 de febreiro)

A coodinación de ENDL preparou unha actividade para o 14 de febreiro para que todos poidamos escribir en GALEGO.

Na entrada do centro hai un buzón para que poidas botar a túa carta ou nota escrita en galego e adicada ao teu mozo ou moza, á túa mellor amigo ou amiga, ao teu titor ou titora ou profesor ou profesora que máis apreces... Deben ser respectuosas e non ter contido ofensivo, só palabras de agarimo ou agradecemento. Non esquezades poñer o nome, apelido e curso do destinatario ou destinataria.

O profesorado tamén pode participar!

Os emisarios de Cupido farán chegar aos destinatarios as misivas que escribades.