Fondo de libros e Axudas material escolar

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2024-2025.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación.

Para máis información máis destallada no documento de información ás familias.

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 10 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o venres 26 de xullo.

A entrega de vales do 16 ao 19 de XULLO ou na primeira semana de setembro. A de libros realizarase en setembro e publicaranse as indicacións sobre o procedemento.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/2025

IMPORTANTE: Recomendásmolle ás familias  sexan beneficiarias ou non do Fondo Libros ou do préstamo da ANPA  que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartirá as materias que lles indicará se empregan o libro de texto, para mercar os libros do curso 24/25.