Dep. Música
Departamento de Música
PROFESORES
- María Varela Frade (Xefa do departamento)
- Miguel Carbajal Porto
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
-
Programación didáctica
Concerto no MGB
Enviado por Vicedirec. o 20 Decembro, 2018 - 11:30Mañá venres 21 de decembro alumnado de Música de Bacharelato ofrecerá un concerto-audición a partir das 13:00 horas na Sala de Usos Múltiples do centro. Contamos coa colaboración do alumnado de Deseño de 2º de Bacharelato que realizou a escenografía.
Visita á ESAD
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2018 - 11:29O pasado luns 29 de xaneiro o alumnado de "Artes Escénicas e Danza", acompañad@s polo profesor Miguel Carbajal, visitaron a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo onde fixeron un percorrido por distintas aulas. Grazas pola acolleita dispensada!
Viaxe cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 15 Novembro, 2016 - 16:16Os vindeiros días 18 e 19 de novembro alumnado de 1º de Bacharelato viaxará á cidade de Porto (Portugal) para participar nunha actividade organizada polo departamento de Música. Visitarán o Musseu Serralves e participarán no taller creativo "Imaxinario de Sons" e no curso "Músico por un día" na Casa da Música. Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela e Esther Sánchez.
Actuación musical no CEIP Os Tilos
Enviado por Vicedirec. o 26 Maio, 2016 - 15:34Mañá venres 27 de maio o alumnado da materia de Música de 4° de ESO e 2° de Bacharelato realizará unha actuación musical no CEIP Os Tilos, no concello de Teo.
Viaxe cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 25 Xaneiro, 2016 - 10:47Alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato participará os vindeiros días 29 e 30 de xaneiro (venres e sábado) nunha viaxe á cidade de Porto organizada polo departamento de Música. Realizarán un curso de Creatividade Musical na Fundación Serralves e participarán nun Workshop na Casa da Música incluido dentro do programa "Músico por un día". Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela, Beatriz Mera e Esther Sánchez.
All of me - Festival Nadal 2014
Enviado por admin o 4 Febreiro, 2015 - 18:37Presentamos hoxe o vídeo da actuación no Festival de Nadal dos alumnos de música 2º e 1º BAC e 3º ESO B, dirixidos pola profesora María Varela. A Gravación de son correu a cargo de Diego Valcárcel e da edición e filmación en vídeo encargouse Sandra Iglesias.
A historia da ópera
Enviado por admin o 24 Novembro, 2014 - 13:25Na sección de novidades da MeGaBiblioteca podemos atopar este libro, profusamente ilustrado e con texto de Alessandro Taverna, publicado pola editorial anDantino no ano 2006.
Os lectores poderán atopar nel unha introdución sinxela á historia da ópera e aos grandes compositores de todo o mundo. Ademais incorpora tamén unha clasificación por xéneros musicais e explica cómo se compón e se representa unha obra destas características.
Poderemos coñecer tamén ás grandes compañías operísticas e a todos os personaxes que forman parte desta disciplina: cantantes, libretistas, decoradores, directores teatrais e directores de orquestra. Nomes como Cecilia Bartoli, Enrico Caruso, Gustav Mahler, Arturo Toscanini, Maria Callas, Luciano Pavarotti. E os grandes compositores: Monteverdi, Mozart, Rossini, Verdi, Puccini...
"La ópera y su historia: obras, compositores y cantantes" (nº rexistro: 18.336).
Saída cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 18 Novembro, 2014 - 19:25Organizada polos departamentos de Música e Filosofía terá lugar, os días 28 e 29 de novembro (venres e sábado), unha visita de alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato do noso Centro á cidade lusa de Porto. Durante a mesma realizaranse as seguintes actividades: visita ao Musseu Serralves e ao Centro Histórico da cidade, e realización do curso “Músico por un día: instrumentos tradicionais portugueses”. O alumnado estará acompañado polos profesores: María Varela e Arturo Vizcarra.
ALUMNADO DO MGB DE VISITA EN PORTO.
Enviado por Vicedirec. o 17 Febreiro, 2014 - 12:13Os vindeiros venres 21 e sábado 22, alumnos/as de 1º de Bacharelato das materias de música e antropoloxía realizarán unha saída cultural a Porto visitando o “ Musseu Serralves” e asistindo ao taller creativo “fábrica de sons” e ó curso “músico por un día”. Estarán aloxados na “Pousada da xuventude” da cidade lusa. A actividade está organizada polos profesores María Varela e Arturo Vizcarra.
ÉXITO DE PÚBLICO NA “JAM SESSION” E NO CONCERTO DIDÁCTICO
Enviado por Secret. o 7 Febreiro, 2014 - 12:03Alumnos/as do IES MANUEL GARCÍA BARROS do curso de 2º de BACH de artes escénicas e musicais dirixidos polo seu profesor Miguel Carbajal actuaron ante un público que abarrotaba o café “A Farola” o pasado venres, 31 de xaneiro. Así mesmo, o pasado xoves, 6 de febreiro, realizaron un concerto didáctico para os alumnos/as do CEIP Pérez Viondi da Estrada.
O Faro de Vigo fíxose eco desta nova, que podes consultar premendo aquí.
ALUMNOS/AS DE 2º BACHARELATO NA “JAM SESSION”
Enviado por Secret. o 31 Xaneiro, 2014 - 11:45Alumnos/as do IES MANUEL GARCÍA BARROS do curso de 2º de BACH de artes escénicas e musicais dirixidos polo seu profesor Miguel Carbajal, ofrecerán hoxe venres, 31 de xaneiro, unha actuación musical no café “A Farola” da Estrada, a partir das 23:00 h. Tamén lembramos que os mesmos alumnos/as realizarán un concerto didáctico o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no CEIP Pérez Viondi en horario de 10:30 a 12:00 h.
Se desexa máis información prema aquí.
Homenaxe a Carme Montero
Enviado por admin o 31 Maio, 2013 - 12:46Un dos momentos máis emotivos da homenaxe á nosa compañeira Carme Montero foi a actuación musical protagonizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO e dirixidos pola profesora María Varela. Para os que non puideron estar alí deixamos aquí uns versos e o vídeo da canción interpretada.
(...) De alguna manera tendré que olvidarte, por mucho que quiera no es fácil, ya sabes, me faltan las fuerzas, ha sido muy tarde y nada más, y nada más, apenas nada más (...) |
Vídeos actuacións Despedida 2011
Enviado por admin o 8 Xuño, 2011 - 12:26Ya están subidos ao noso canal en YouTube, os vídeos das actuacións musicais do acto da Despedida 2011, protagonizadas polos alumnos de música de 1º e 2º de Bacharelato, e dirixidas pola profesora María Varela ("Devanceiros - O Meu País", "Unchained Melody", "Contigo". Deixámovos aquí unha mostra: "Down in The River To Pray", interpretada a capella.
Os vídeos foron gravados e editados polos alumnos de TICs de 1º de Bacharelato.
Gravación da B.S.O. de Dairas nos estudios Phonos da Estrada
Enviado por webmaster o 25 Maio, 2010 - 08:47Onte, unha parte do numeroso equipo que fai posible "Dairas", estivo gravando, baixo a dirección da profesora María Varela, nos estudios Phonos da Estrada, o que será parte da banda sonora orixinal de Dairas, o tema "Hope There´s someone", de Anthony & The Johnsons. Isto é unha mostra do que vivimos alí:
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
