Dep. Música

CAMPAÑA ANTICONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Os alumnos de 3º ESO dirixidos por Miguel Carbajal comenzaron unha nova campaña de contaminación acústica no centro, basada noutra que fixeran en cursos pasados e que foi tomada como modelo polo MEC para campañas de Educación Ambiental. Consta de medición de datos de todas as dependencias do centro, presentación Powerpoint con todos os datos técnicos, deseño de pegatinas, planos do centro realizados polo profesor Xoán Xosé e os seus alumnos de Plástica. Neste proxecto colaborarán máis profesores do centro os que queremos dar o noso agradecemento.

PREMIO IX CONCURSO DE MÚSICA XIRADELA

O cuarteto de música tradicional  Retrouso da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande gañou o IX Concurso de música Xiradela, celebrado o domingo en Arteixo (A Coruña). En dita formación están dous alumnos do noso centro Noelia Bouzón (1º Bach) e Alejandro Ayude (3º ESO).

ACTIVIDADE DE TEATRO

Xa comenzou a actividade de teatro os martes pola tarde no centro. Dita actividade está organizada polo profesor Miguel Carbajal   e dirixida a alumnos de 1º Bacharelato.

Distribuir contido