Dep. Música

Novo premio para Dormes?

O Taller de Expresión Artística do MGB coa súa obra Dormes? obtén un novo premio. Ademáis de gañar a Fase Autonómica dos premios de teatro Buero Vallejo, acaban de concederlle a Mención Especial á Mellor Escenografía. Parabéns a todos outra vez

Dormes? gaña a fase autonómica dos Premios Buero

Dormes?, a última creación do Taller de Expresión Artística do MGB, segue acaparando premios. Nesta ocasión vén de proclamarse vencedora da fase Galega dos Premios Buero, entre outras 16 obras finalistas.

O premio? Participar na fase final Estatal deste prestixioso certame e asisitir, profesores e alumnos, na primeira semana de xullo, ao 2º Campus de Teatro Buero que se celebrará en Madrid, impartido polos mellores profesionais do mundo da escena (actores, directores, etc.).

Pero antes diso aínda haberá unha nova respresentación da obra nun teatro e nunha data aínda por determinar, á que asistirá o xurado da Fase Estatal e da que se realizará unha gravación profesional.

Un aplauso para todo o equipo de Dormes? e toda a sorte na disputa deses 3 premios da Fase Estatal Seguro que o conseguen!

Premios Buero

Dormes? gaña o premio especial do público en Goián!

Miguel Carbajal subiu de novo ao escenario no día de onte, para recoller, de mans da alcaldesa de Goián, o premio especial do público na terceira edición da Mostra de teatro non profesional do Miño, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

Un éxito máis para esta creación do Taller de Expresión artística do MGB, que agarda o veredicto do xurado dos premios nacionais de teatro Buero Vallejo para acudir á fase final estatal en Madrid.

Dormes?

Mañá venres 24 de abril no Auditorio de Goián ás 20:30 horas haberá unha nova de representación do Taller de Expresión Artística do MGB, finalista da Mostra de Teatro do Miño, que optan o premio do público. Sairán autobuses gratuitos postos polo Concello.  

Miguel Carbajal, entrevistado no Correo TV

Con motivo do recente premio concedico a Dormes?, o profesor Miguel Carbajal foi entrevistado o pasado venres no programa "Preguntoiro" do Correo TV.

Dormes?, seleccionada para a 3ª edición da Mostra de Teatro do Miño

A obra do Taller de Expresión artística do MGB, dirixida polo profesor Miguel Carbajal, foi seleccionada entre 27 grupos de teatro non profesionais, de Galicia e Portugal, para participar na terceira edición da Mostra de teatro non profesional do Miño, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. A cita será nas vilas de Goián e A Guarda, os días 24, 25 e 26 de abril de 2009. Podes ler a crónica da noticia no xornal "El Correo Gallego", e unha reseña da última representación da obra no Teatro Principal no blogue A Estrada Cultural.
dormes_550.png

Hoxe, nova representación de "Dormes?"

Hoxe, ás 21:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, asistiremos a unha nova representación de Dormes?, unha creación do Taller de Expresión Artística do MGB, dirixida por Miguel Carbajal. Nesta ocasión estarán presentes os delegados dos premios nacionais de teatro "Buero Vallejo", de cara a unha posible participación na fase final deste certame, que terá lugar en Madrid a finais de curso.

Desexamos o maior éxito para toda "a compañía", e que pronto poidan estar ensaiando para esa final nacional. Sorte hoxe!.

Dormes_melisa_8abril_09.jpg

Subidos novos vídeos do Festival de París!

Xa podedes ver os vídeos do Baile de salón e da obra de Teatro "Diálogo entre números primos. A liberación da pontencia" (este último en dúas partes)

Concerto didáctico

O vindeiro mércores 21 de xaneiro os alumnos/as de 4º ESO e 1º, 2º Bacharelato asistirán a un concerto didáctico da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA dirixida por Maximino Zumalave Haydn, Sinfonía nº 82 en Do maior “O oso” no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Sairán ás 09: 35 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ó centro.

P1212872.JPG

Hoxe Dormes? no Teatro Principal da Estrada

Por fin chegou día. Hoxe venres, ás 21:30 horas, no teatro Principal da Estrada, poderemos ver a segunda representación de Dormes?, unha creación do taller de Expresión Artística do MGB dirixido polo profesor Miguel Carbajal.

Despois do éxito acadado na representación de xuño, esperamos volver emocionarnos esta noite con este fantástico espectáculo de danza, música e vídeo.

Chegade puntuais porque esperamos ter un cheo absoluto!

Le a crónica da rolda de prensa de onte na Voz de Galicia.

Dormes_melisa_web.jpg

Dormes? Nova representación na Estrada.

Unha nova representación de Dormes? terá lugar no teatro Principal da Estrada o vindeiro 21 de novembro ás 21:30 horas.

Esta obra, dirixida por Miguel Carbajal e interpretada por alumnos do MGB no marco do taller de expresión artística do centro, acadou un gran éxito na súa anterior representación do mes de xuño. 

Invitamos a toda a comunidade educativa a participar nesta gran montaxe. Esperámoste o venres día 21 no teatro Principal!

Visita a súa web e galería de imaxes.

2987234239_91d2a9e541.jpg

Dormes?: Cheo no teatro Principal

Mércores 18 de xuño 2008. 21:30 horas. Non quedaba unha butaca libre no Teatro Principal da Estrada, que acolleu onte a estrea de Dormes?

Tras case unha hora de espectáculo, con todas as letras, o público púxose en pé para outorgar unha longa e merecida ovación aos intérpretes desta espectacular montaxe, que sen dúbida dará que falar de agora en adiante.

Noraboa. Vai por vós!

dormes_01.png

Estrea de "Dormes?"

O "Taller de expresión artística" do MGB vai estrear mañá mércores 18 de xuño, no teatro Principal da Estrada, ás 21:30 horas, a súa segunda montaxe teatral que leva o título de "Dormes?".

Aínda que estamos seguros de que non vas faltar, este vídeo pode servir de exemplo da calidade da obra que nos agarda.

 

Dormes?

O vindeiro mércores 18 de xuño, ás 21:30 horas, o "Taller de expresión artística" do MGB estreará no Teatro Principal da Estrada a súa segunda creación, unha montaxe titulada Dormes?.

Podedes visitar a súa web para máis información. 

dormes.png
Distribuir contido