FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA
Normas xerais
-
Mentres esteas na biblioteca podes consultar os libros, revistas, etc. que queiras, pero cando remates tes que deixalos no seu lugar.
-
Na biblioteca debemos gardar o maior silencio posible para non molestar ás persoas que están estudando ou lendo.
-
Manter en orde a biblioteca é unha obriga de todos, así que cando marches non deixes papeis na mesa, coloca ben a cadeira e leva os libros, xornais, revistas, etc. ao lugar onde estaban.
-
Non comas nin bebas na biblioteca.
-
O profesor de garda de biblioteca preocuparase de que exista o ambiente axeitado nela, así como de entregar, recoller e colocar os libros que fosen devoltos, non sen antes anotalos no ordenador.
-
A biblioteca non é un lugar de castigo. Ningún profesor mandará alumnos-as castigados á biblioteca.
Servizo de préstamo
- Podes levar en préstamo libros – e revistas –agás o último número-.
- Para poder levar libros e revistas para a casa é necesario darllos ao profesor ou profesora de garda para que rexistre o préstamo.
- Cando os devolvas tamén llos debes dar ao profesor ou profesora que nese momento se ocupe da biblioteca.
- É obrigatorio presentar o carné da biblioteca.
- Podes ter os libros un máximo de 15 días. Pasado este tempo tes que devolvelos á biblioteca ou renovar o préstamo por outros 15 días.
- Podes ter en préstamo tres libros, pero pensa nos demais e non leves o libro ata que o poidas ler.
- Se incumpres reiteradamente os prazos de devolución perderás o dereito a levar libros en préstamo durante algún tempo.
- O deterioro ou perda de libros suporá a súa reposición ou abono en metálico.
A organización da biblioteca
Os libros están organizados por materias seguindo a Clasificación Decimal Universal (C.D.U.); en cada estante os libros colócanse por orde alfabética.
A cada materia correspóndelle un número. Ese número figura na etiqueta do libro.
A maior parte dos libros xa levan no su lombo unha etiqueta coma esta que che axudará a localizalo na biblioteca:
869.9-3 FER car | |
869.9-3 | Nº da CDU |
FER | Iniciais do apelido do autor |
car | Iniciais do título |
Esta etiqueta correspondería a un libro de Literatura en galego (CDU: 869.9);
- Como leva tamén –3, sabemos que é unha narración ou un conto.
- Se levase -2 sería Teatro e se levase -1 sería Poesía.
- O seu titulo é Cartas de inverno, e foi escrito por Agustín Fernández Paz.
Os libros de cada materia organízanse alfabeticamente (de esquerda a dereita), seguindo as tres primeiras letras do apelido do autor, escritas en maiúsculas.
Os libros co mesmo número e as mesmas iniciais no apelido ordéanse alfabeticamente segundo as tres primeiras letras do título do libro. Na etiqueta figuran sempre con minúsculas.