Premios

Grupos gañadores de Odisea 2018 MGB

odiseamgb_2018-500bis.jpg
Na Odisea do MGB de este ano 2018, os grupos gañadores, e que hoxe recibiron os seus premios na MeGaBiblioteca, foron:
  1. ΣΕΛΗΝΗ (María Rozados, Adela Sánchez, Carlota Campos) 1ºBAC B
  2. STVLTVS QUI ID LEGIT, (Adrían Rodríguez, Pablo Fernánez, Nicolás Puente), 2ºBAC C 
  3. RVRSVS RVRSVS, (Ángela Vinseiro, Aldara Baliño), 2ºBAC C 

Premios MGB Odisea 2018 no 2º Recreo

odisea_2018_blogs.png

Mañá venres no 2º recreo, na Biblioteca do centro,  faremos entrega dos premios MGB aos 3 primeiros clasificados na Odisea 2018 .

Ven e dálles un merecido aplauso!

Premio para Teresa Iglesias

Premio Teresa.jpg

A profesora Teresa Iglesias Yugat acaba de gañar o primeiro premio de poesía  na categoría de adultos no "XI Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO" pola obra "Pensarte".

Parabéns de parte de toda a comunidade educativa do IES Manuel García Barros!

XIV Concurso de poesía ANOMAR

Anomar.jpg

Ainhoa Pereiras, de 2º ESO e a profesora Marisa Otero veñen de facerse co premio de poesía ANOMAR deste ano nas categorías 13-17 anos, e + de 18. Neste certame participan alumnos de todos os institutos de Galicia, e membros do noso centro teñen recibido este galardón en diversas ocasións. 

Campionato de Bádminton

Badm 2.jpg

Esta mañá foron disputadas as distintas finais do Campionato de Bádminton cos seguintes resultados:

1ª premio: Pablo Loureiro Reboredo (2º ESO B).

2º premio: Lois Rodríguez Moimenta (2º ESO B).

3º premio: Anxo Paz Carracedo (2º ESO C).

4º premio: José Comerón Lado (2º ESO A).

En hora boa!

Premios Aspamite

Aspamite7.jpg

O pasado sábado 17 de xuño foron entregados os premios do XIV Concurso de Contos Aspamite. Dous alumn@s do noso centro estaban entre @s premiad@s na categoría de Educación Secundaria: Ainhoa Pereiras Mosquera de 1º ESO C obtivo o terceiro premio e Marcos Couceiro Aller de 3º ESO A o segundo premio.

Parabéns aos premiad@s!

Máis información nesta ligazón.

Gañadores nos concursos de relatos e carteis

Vari@s alumn@s do MGB foron premiad@s nos concursos de relatos curtos e carteis convocados polo Centro de Información á Muller do concello e pola asociación Acrofam no marco das charlas de prevención de violencia de xénero realizadas en distintos centros educativos da Estrada. Os premiados son os seguintes:

- Relato curto (categoría feminina):

1º premio: Marta Troitiño Cora de 2º ESO C.

2º premio: Carla Rey Brey de 2º ESO B.

- Relato curto (categoría masculina):

2º premio: Eloy Mosteiro de 2º ESO C.

3º premio: Jonathan Ameijeiras de 2º PMAR.

- Concurso de carteis (categoría de grupo):

1º premio: Sara Brea, David Barbeito, Jorge Barbeito e Elías Brea de 2º ESO A.

Parabéns para tod@s!

Teresa Iglesias gañadora do María Mariño de poesía

A profesora Teresa Iglesias Yugat acaba de gañar o primeiro premio de poesía María Mariño convocado pola asociación Teenses pola Igualdade. A obra premiada é "Nos arrabales do tempo".

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Sandra Ferreiro recibe o 2º premio de narrativa Minerva

Sandra e Yolanda_0.png

O pasado xoves día 30 de marzo a nosa alumna de 1º de Bacharelato Sandra Ferreiro García recibiu o 2º premio de narrativa Minerva outorgado polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.

Parabéns!

Mási información na seguinte ligazón.

Premios Minerva

Premio Minerva.jpg

A nosa alumna Sandra Ferreiro García de 1º Bac. C acaba de gañar o segundo premio de narración na XLV Edición dos Premios Minerva convocados polo Colexio Manuel Peleteiro. Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Medallas de ouro e bronce no Campionato Galego Cadete de pista cuberta

mehdi.jpg

Os nosos alumnos de 1º de ESO Mehdi Nabaoui e Amine Bensoultana acaban de gañar as medallas de ouro e bronce nos 3.000 metros do Campionato Autonómico de Pista Cuberta. Máis información nesta ligazón.

Moitas felicidades!

Un novo éxito para El Mehdi El Nabaoui

nabaoui-lidera.jpg

Unha vez máis o noso alumno El Mahdi El Nabaoui de 1º de ESO vén de acadar un éxito deportivo: batir o récord autonómico nos 3.000 metros cadete de pista cuberta. Foi o pasado fin de semana no Torneo Norte de Portugal na cidade de Braga.

Máis información nesta ligazón.

Parabéns!

Concurso de relatos de ADEGA

A nosa alumna María Rozados Balboa de 4º ESO C resultou gañadora do 1º Premio Xuvenil do Concurso de Relatos de ADEGA coa súa obra "Quen son eu".

Como finalistas temos a Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO C) con "O noso tesouro" e a Sandra Ferreiro García (1º BAC. C) con "Tan belo...Tan fráxil...".

En hora boa ás tres!

Premio de poesía

Teresa I.JPG

O pasado 20 de decembro a profesora Teresa Iglesias recibíu unha Mención de Honra no Premio de Poesía do XXI Certame Manuel Oreste Rodríguez López no concello de Paradela (Lugo).

Parabéns!

Finalistas no concurso de poesía ANOMAR

A nosa alumna Ainhoa Pereiras Mosquera de 1º ESO C e a profesora Teresa Iglesias foron finalistas no concurso de poesía ANOMAR.

Parabéns ás dúas!

Distribuir contido